See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Grecia - Ελλάδα - Wikipedia

Grecia - Ελλάδα

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ελληνική Δημοκρατία
Elinikí Dimokratía
República Helénica
Bandeira de Grecia - Ελλάδα Escudo de Grecia - Ελλάδα
Bandeira Escudo
Lema: Ελευθερία ή Θάνατος
Liberdade ou morte
Himno nacional: Ύμνος εις την Ελευθερίαν
 
 
Capital
 • Poboación
Atenas
3.005.322 hab
Cidade máis poboada Atenas
Linguas oficiais n/d
Forma de goberno República parlamentaria¹
Karolos Papoulias
Kostas Karamanlis
Independencia
do Imperio Otomán
25 de marzo de 1821
1829
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 96º
131.990 (incluíndo augas internas e illotes) km2

1.935 qm km
15.021 qm km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 74º
11.244.204 (Eurostat 2005)
81 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 27º
US$ 341.826 mil
US$ 30.603 (2007)
PIB (PPA)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 36º
US$ 305.595 mil
US$ 35.167 (2007)
IDH (2005) 0.926 (24º) – Alto
Moeda Euro (EUR
Xentilicio Grego, grega
Fuso horario EET
Dominio de Internet .gr
Prefixo telefónico +30
Prefixo radiofónico SVA-SZZ / J4A-J4Z
Código ISO 300 / GRC / GR
Membro de: ONU, UE, OTAN, OCDE, OSCE

¹En 1974, a monarquía foi rexeitada por vía referendaria
²Antes do 2002, dracma

Tódolos países do mundo

Grecia (en grego: Ελλάδα, Elláda ou Ελλάς, Ellás), oficialmente a República Helénica Ελληνική Δημοκρατία[1]. É un país do surleste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, a Antiga República Iugoslava da Macedonia (ARIM) e Bulgaria polo norte, e con Turquía polo leste. O Mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o Mar Xónico atópase no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania. Tanto no seu leste coma no seu oeste, Grecia posúe unha gran cantidade de illas, sendo a maior a Illa de Creta.

Grecia atópase na conxuntura de Europa, Asia e África. A Grecia actual constitúese como herdeira do patrimonio da Grecia antiga, o Imperio Romano o Imperio Bizantino,[2] e o Imperio Otomán.[3] Así mesmo, Grecia é o berce da democracia,[4] a filosofía occidental,[5] os Xogos Olímpicos, a literatura occidental e historiografía, as ciencias políticas, os principios matemáticos, e o drama occidental[6] incluíndo a traxedia e a comedia.

A Grecia actual é un país do Primeiro mundo, membro da Unión Europea dende 1981,[7] da Unión económica e monetaria dende 2001, da OTAN dende 1952, da OCDE dende 1961,[8] da UEO dende 1995 e da Axencia Espacial Europea dende 2005.[9] Atenas é a súa capital; Salónica, Patras, Heraklion, Volos, Ioannina, Larisa e Kavala son xunto a capital, as principais cidades do país.

Índice

[editar] Nome

O nome histórico de Grecia en grego é Ἑλλάς,Elás. Deste nome tamén deriva "helénico", onde o "h" inicial vén da pronuncia no grego antigo cun son aspirado inicial (como o "h" en inglés). No grego moderno chámase comunmente Ελλάδα Elada /ɛˈlaða/. En moitas linguas europeas, o nome é (galego, español e italiano: Grecia, portugués: Grécia, inglés: Greece, francés: Grèce, alemán: Griechenland, ruso: Греция, etc.) provén dunha raíz distinta, Γραικός, Graikós que segundo Aristóteles era o antigo nome dos gregos. Por outra banda, o nome en varios países asiáticos (turco: Yunanistan, árabe: يونان, hebreo: יוון, persa antigo: Yaunâ, pali: Yona, malasio e indonesio: Yunani) deriva de Ἰωνία "ionía", a rexión de Xonia.

[editar] Historia

A antiga Grecia tiña límites con Iliria e Macedonia ao norte, ao leste co Mar Exeo, ao oeste co Mar Xónico, e ao sur co Mar Mediterráneo. Tiña 77.000 Km². As súas montañas, co ceo case sempre azul e o seu clima suave facía de Grecia un dos máis marabillosos países do mundo antigo.

Foi nese pequeno país no que a primeira civilización europea comezou hai máis de dous mil anos. Naquel tempo, Grecia dominaba grandes áreas das marxes do Mediterráneo e do mar Negro. Actualmente, Grecia ten un poder reducido, sendo un dos países menos desenvolvidos da Europa. Atenas é a capital e maior cidade do país. En Atenas e noutras partes da Grecia, existen espléndidas ruínas que son monumentos do pasado glorioso da nación.

Hai milleiros de anos, os gregos estabeleceran tradicións de xustiza e liberdade individual que son as bases da democracia. A súa arte, filosofía e ciencia tornáranse fundamentos do pensamento e da cultura occidentais. Os gregos da antigüidade chamábanse a si mesmos helenos (todos os que falaban grego, aínda que non vivisen en Grecia), e daban o nome de Hélade á súa terra. Os que non falaban grego eran chamados bárbaros. Nunca chegaron a formar un goberno nacional, porén estaban unidos pola mesma cultura, relixión e lingua.

Ver tamén Grecia Clásica.

[editar] Política

Eleftherios Venizelos (1864-1936), unha das principais figuras políticas da Grecia moderna
Eleftherios Venizelos (1864-1936), unha das principais figuras políticas da Grecia moderna

Grecia é unha república parlamentaria.[10] O xefe de estado é o Presidente da República, quen é elixido polo Parlamento por un período de cinco anos.[11] A vixente Constitución redactada e adoptada polo parlamento heleno no ano 1975 trala caída da xunta militar que gobernou o país entre 1967 e 1974. Dende aquela foi revisada dúas veces, a primeira en 1986 e a segunda no ano 2001. A Constitución, constituída por 120 artigos, establece a separación de poderes nos poderes executivo, lexislativo, e xudicial, e garante extensas e específicas liberdades e dereitos sociais.[12]

Segundo a constitución, o poder executivo é exercido polo Presidente da República e o goberno.[13] A enmenda constitucional de 1986 restrinxiu significativamente as obrigacións e deberes do presidente, sendo o seu papel hoxe en día meramente cerimonial.[14] A posición do Primeiro Ministro, xefe do goberno de Grecia, pertence á testa do partido político que obteña a maior confianza do parlamento grego. O Presidente da República formalmente elixe ao Primeiro Ministro, é, baixo recomendación, elixe e destitúe aos membros do goberno.[15] O Primeiro Ministro exerce vastos poderes políticos, aumentados a conta dos do Presidente na enmenda de 1986.[16]

O poder lexislativo é exercido por 300 membros do Parlamento unicameral.[17] Os estatutos aprobados polo Parlamento son promulgados polo Presidente da República.[18] As eleccións parlamentarias teñen lugar cada catro anos, máis, o Presidente da República está obrigado a disolve-las cortes no caso de que o goberno o propoña en caso de acontecer asunto nacional de extrema importancia.[19] O Presidente é obrigado tamén a disolver o Parlamento, no caso de que a oposición sexa quen de levar a cabo unha moción de censura.[20]

O poder xudicial é independente do executivo e do lexislativo é abrangue tres Cortes Supremas. O sistema xudicial componse tamén de cortes civís, encargadas de xulgar casos civís e penais e cortes administrativas, encargadas de xulgar disputas entre os civís e as autoridades gregas.

Dende a restauración da democracia, o sistema bipartidista grego atópase dominado polos partidos Nova Democracia (liberalconservativo) e Movemento Socialista Panhelénico (socialdemócrata).[21] Xunto aos grandes partidos, existen outros partidos minoritarios como o Partido Comunista de Grecia, a Coalición Radical de Esquerda e a Unión Popular Ortodoxa. O actual Primeiro Ministro é Kostas Karamanlis, presidente do partido Nova Democracia e sobriño de Constantino Karamanlis, quen foi dúas veces presidente grego.

[editar] Xeografía

Ver artigo principal: Xeografía de Grecia.´
Map of Greece
'
Kavala
---Tasos
Alexandroupoli
Igoumenitsa
Larisa
Volos
Ioannina
Chalcis
Patras
Corinth
.
Nafplion
.
Sparta
.
Areopoli
.
Piraeus
Eleusina
Laurium
Heraklion
Tracia
Tesalea
Euboea
Grecia central
Peloponnese
Lefkada
Kefalonia
Chios
Icaria
Karpathos
Kassos
Gavdos
Mar de Creta
Myrtoan
Mar
Mediterráneo
Mar
Aegean
Islands
Cyclades
Dodecanese
Ionian
Islands

Grecia consiste nun territorio continental na extremidade sur dos Balcáns, na península do Peloponeso, separada do continente pola canle de Corinto, e de numerosas illas, incluíndo Creta, Rodes, Eubeia e os arquipélagos do Dodecaneso e das Cíclades no Mar Exeo, e das Illas Xónicas no Mar Xónico. Grecia ten máis de 14.880 km de costas e unha fronteira terrestre de 1.160 km.

Preto do 80% da Grecia é territorio montañoso ou, polo menos, accidentado. A maior parte do país é terra seca e rochosa. Só o 28% da terra é arábel. A Grecia occidental contén lagos e zonas húmidas. O Pindo, a cadea montañosa central, ten unha elevación media de 2.650 m. O lendario monte Olimpo é o punto máis alto de Grecia, atinxindo 2.917 m por riba do nivel do mar.

O clima grego é semellante ao portugués, con invernos suaves e húmidos e veráns quentes e secos. As temperaturas só raramente atinxen valores extremos, aínda que ten nevado nas montañas e ata mesmo en Atenas, nalgúns invernos.

Xeográfica e climáticamente o territorio grego é moi variado. Contando con 9.000 illas, illotes e afloramientos rochosos, 15.021 km de costa (máis de 16.000 km de costa incluíndo os afloramientos rochosos), sendo o segundo de Europa despois de Noruega e décimo do mundo detrás dos Estados Unidos en lonxitude costeira. O mar Exeo foi de gran importancia na historia e desenvolvemento da cultura e civilización helenística.

Su superficie es de 132.562 km² incluyendo aguas interiores de la cuenca del Egeo, islas e islotes. De acuerdo a estudios demográficos de Eurostat, la población de este país es de 11.244.118 habitantes.

[editar] Divisións administrativas

Ver artigo principal: Periferias de Grecia.

Administrativamente, Grecia constitúese de 13 periferias (provincias) divididas en 51 prefecturas (en grego nomoi, singular nomos). Existen tamén unha área autónoma, o Monte Athos (en grego Agio Oros, "Outeiro sagrado"), que bordea a periferia da Macedonia central.

Mapa Número Periferia Capital Área Poboación
1 Ática Atenas 3,808 km² 3,761,810
2 Grecia central Lamia 15,549 km² 605,329
3 Macedonia central Salónica 18,811 km² 1,871,952
4 Creta Heraklion 8,259 km² 601,131
5 Macedonia oriental e Tracia Kavala 14,157 km² 611,067
6 Epiro Ioannina 9,203 km² 353,820
7 Illas Xónicas Corfú 2,307 km² 212,984
8 Exeo setentrional Mitilene 3,836 km² 206,121
9 Peloponeso Calamata 15,490 km² 638,942
10 Exeo meridional Ermoupoli 5,286 km² 302,686
11 Tesalia Larisa 14.037 km² 753,888
12 Grecia occidental Patras 11,350 km² 740,506
13 Macedonia occidental Kozani 9,451 km² 301,522
- Monte Athos (Autónomo) Karyes 390 km² 2,262

[editar] Demografía

Ver artigo principal: Demografía de Grecia.
O porto de Hermoupolis na illa de Siros é a capital das illas Cícladas
O porto de Hermoupolis na illa de Siros é a capital das illas Cícladas

O corpo oficial de estatísticas de Grecia é o Servizo Nacional de Estatísticas de Grecia (en grego Εθνική Στατιστική Υπηρεσία της Ελλάδος). Segundo o corpo de estatísticas grego, Grecia tiña unha poboación total de 10,964,020 (2001)[22], dos cales 5.427.682 eran homes e 5.536.338 mulleres.[22] As estatísticas de 1971, 1981, e 2001 amosan un progresivo envellecemento da poboación grega.[22] A taxa de natalidade no ano 2003 era de 9,5 por cada 1.000 habitantes (14,5/1.000 no ano 1981). Ao mesmo tempo a taxa de mortalidade subiu do 8,9 por 1.000 habitantes no ano 1981, aos 9,6/1.000 no ano 2003. En 2001, o 16,71% da poboación tiña máis de 65 anos, un 68,12% atopábase entre os 15 e os 64 anos de idade, e un 15,18% tiña 14 anos ou menos.[22] En 1971 as cifras eran do 10,92%, 63,72%, e 25,36% respectively.[22] A sociedade grega sufriu un grande cambio nas últimas décadas. Os ratios de casamentos vén baixando nas últimas décadas dende o 71 por 1.000 do 81 ata 2002, medrando lixeiramente ata os 61 por 1.000 no 2003 e caendo de novo ata os 51 en 2004.[22] Por outro lado, os ratios de divorcio vén medrando dende os 191,2 por 1.000 en 1991 aos 239,5 do 2004.[22] Case dous terzos dos gregos viven en áreas urbanas. No ano 2001 as principais cidade de Grecia eran: Atenas (745.514),[23] Salónica (363.987),[23] Piraeus (175.697),[23] Patras (161.114),[23] Heraklion (133.012),[23] Larisa (124.786),[23] e Volos (82.439).[23]

[editar] Minorías

Ver artigo principal: Minorías en Grecia.
Zonas dos balcáns onde viven os pobos romaneses
Zonas dos balcáns onde viven os pobos romaneses

O grego é a lingua maioritaria en todo o territorio heleno, malia existir diversas zonas onde se falan outras linguas ou habitan determinadas minorías étnicas.[24]

A única minoría grega que ten un especial recoñecemento legal é a minoría musulmá (Μουσουλμανική μειονότητα, Mousoulmanikí meionótita) de Tracia, que constitúe o 0.95% da poboación. Os seus membros son na súa maioría de orixe turca, Pomak ou (Búlgaromusulmán) e xitana. Outras minorías recoñecidas son os armenios (35.000) e os xudeus (5.000).

Existen tamén outros grupos lingüísticos, cuxos membros falan ademais do grego outra lingua e se identifican como gregos.[25] Entre estes se atopan os arvanitas, quenes falan unha variante do albanés coñecido como Arvanitika[26] os aromúns e os meglorromaneses, cuxas linguas atópanse estreitamente vencellados co romanés.

No norte de Grecia existen grupos de falantes de linguas eslavas, cuxos membros identifícanse como gregos na súa maioría. Os dialectos falados poden clasificarse lingüísticamente como formas do macedonio (localmente chamado Eslavomacedonio ou simplemente Eslavo), ou do búlgaro (distinguido coma Pomak no caso da comunidade musulmá de lingua búlgara da rexión de Tracia occidental).[27]

A falta dun recoñecemento oficial de ningunha minoría, agás os musulmáns de Tracia, constitúe unha fonte de críticas de numerosos organismos.[28]

[editar] Inmigración

A complexa política migratoria grega, as distintas prácticas e os diferentes datos recadados, fan que sexa dificil establecer o verdadeiro número de inmigrantes en Grecia, sendo as estatísticas actuais causa de especulación. Un estudo do Obseratorio Migratorio do Mediterráneo mantén que no ano 2001 residían no país sen a cidadanía grega 762.191 persoas, o que constitúe o 7% da poboación. Deses, 48.560 eran cidadáns da UE ou da Asociación Europea de Libre Comercio (Suíza, Noruega, Islandia e Liechtenstein) e 17,426 chipriotas con estatus privilexiado. En canto a orixe dos inmigrantes, o 56% son albaneses, seguidos polos búlgaros (5%), xeorxianos (3%) e romaneses (3%). Os americanos, chipriotas, británicos e alemáns representan un 2% cada un. O resto dos 690.000 inmigrantes pertencen a outros grupos étnicos.

A mioría dos inmigrantes de fóra da UE residen no entorno da capital atenense (uns 132.000 immigrantes, que constitúen o 17% da poboación). Salónica é a segunda cidade en poboación estranxeira, cuns 27.000 residentes que constitúen o 7% da poboación. Deixando estas dúas cidades, as principais zonas con asentamentos estranxeiros son os concellos que rodean á capital.

Segundo o mesmo estudo, a poboación estranxeira (documentada e indocumentada) residente en Grecia podería ser maior do 8,5% oficial, chegando ao 10.3% (1,15 millóns de estranxeiros).

[editar] Economía

Véxase: Economía de Grecia.

[editar] Cultura

Ver artigo principal: Cultura de Grecia.

A cultura grega é, xunto co humanismo, unha das bases da civilización occidental. Eles foron os primeiros en desenvolver o modo de pensamento que temos agora, ademais de legar un grandioso patrimonio artístico e arquitectónico.

[editar] Actitudes

Os gregos, en xeral, senten un gran vencello co seu pasado, facendo fincapé no período clásico da historia grega, e dende o helenístico e o bizantino ata o presente. Ambas, a Grecia clásica e a bizantina, representan para a maioría dos gregos as precursoras da actual República Helénica. Durante o final do século XIX e comezos do XX as antigas fronteiras do imperio bizantino, ou máis en concreto aquelas que ata este período conservaran as poboacións gregas, chegaron a representar para algúns un ideal ao alcance do estado contemporáneo. A continuidade cultural e lingüística do pobo grego, no entanto, foi complicada durante a súa historia polas influencias exteriores, como a do cristianismo sobre a antigüidade tardía, ou a falta de presión ao final da época bizantina, son cousas fortemente recalcadas polos gregos de hoxe en día sendo como son, unha das nacións máis patrióticas de Europa, segundo Eurostat.

Taberna grega, personificando o lado despreocupado do espírito dos gregos
Taberna grega, personificando o lado despreocupado do espírito dos gregos

Trala revolución de 1821 (para máis información, véxase Guerra de independencia de Grecia), Grecia pasou por un período de renacemento artístico e cultural. Os gregos actuais coidan os recordos dos anos de antes da revolución, aqueles de a ocupación de Grecia polo imperio otomán, como os dos «anos de escuridade», en que o desenvolvemento cultural viuse completamente detido. A pesares da evidencia pola contra (en particular con respecto á literatura cretense), o rexurdimento de Grecia trala formación da primeira República Helénica en 1831 é lembrada por unha inmensa maioría dos gregos como o «renacemento» da súa nación.

A experiencia da ocupación, a da época otomá e da época moderna, deixou unha marca indeleble na psique grega. No século XX, o trauma da guerra civil grega durante o que a nación chegou a ser o primeiro teatro de guerra fría, inmediatamente trala segunda guerra mundial, a cal conduciu a enormes privacións coa ocupación nazi, e a intromisión dos EE.UU. coa creación do «Réxime dos coroneis», que gobernou brutalmente desde 1967 a 1974; todo iso levou á aparición da idea do Ethnos Anadelfon ('Nación sen irmáns'), recalcando que os gregos só podían contar consigo mesmos e os seus compatriotas.

Con todo, desde mediados da década de 1970 cara adiante, en paralelo con España e Portugal, e sobre todo trala entrada de Grecia na Unión Europea en 1981, a orientación de Grecia, e as aspiracións da maioría, enfocouse cara á corrente principal europea.

[editar] As artes

A arte e a arquitectura da Grecia antiga tivo unha grande influencia na arte occidental ata a actualidade. A arte bizantino e a arquitectura bizantina tamén xogaron un importante papel nos inicios do cristianismo, e queda unha significativa influencia nas nacións cristiás ortodoxas de Europa oriental e Eurasia. Ata agora, debido aos estragos da historia, só unha pequena variedade da arte grega antiga sobreviviu, sobre todo escultura e arquitectura e artes menores, incluíndo o deseño de moedas, cerámica e o gravado de pedras preciosas. Grecia tamén ten, a partires da revolución, un peso específico na historia da arte contemporánea.

[editar] Arquitectura

Ver artigo principal: Arquitectura grega clásica.
O Partenón é unha das principais iconas da arquitectura grega
O Partenón é unha das principais iconas da arquitectura grega

Os restos da arquitectura aínda perviven ou están ben documentados actualmente.

Os antigos gregos desenvolveron dous estilos primarios (ou «ordes clásicas»). O sobrio e sólido dórico e o refinado e decorativo xónico. Hai que sinalar que o estilo xónico evolucionou dentro do estilo corintio.

A forma rectangular dos antigos templos gregos, rodeados de columnas sostidas por un pedimento triangular, construído de pedra calcaria ou mármore, segue sendo un popular estilo aínda hoxe en día. Aínda que que o arco era familiar aos troianos, non estaba amplamente estendido o seu uso, en contraste coas posteriores edificacións romanas.

O Mosteiro de Ossios Loukas en Grecia (século XI)
O Mosteiro de Ossios Loukas en Grecia (século XI)

As obras representativas que perviven da arquitectura grega son o Partenón e o Erecteión de Atenas, e as estruturas romanas baseadas no modelo grego, coma o Panteón de Roma, o cal é atribuído ao arquitecto grego Apolodoro de Damasco. A arquitectura bizantina foi un xeito de construción común dende o ascenso do cristianismo baixo Constantino ata a cáida do Bizancio en 1453 a mans dos turcos otománs. Son característicos a cruz grega, o capitel de estilo bizantino capitol (unha mestura de xónico e capiteis corintios) e unha cúpula central rodeada por varias pequenas cúpulas. Grecia experimentou tamén o rexurdimento neobizantino trala revolución grega e bastante insospeitadamente, tamén o auxe da arquitectura neoclásica nos anos seguintes á Revolución; isto viu a pola en contacto e interacción coa tradicional vila bizantina para producir unha forma específica na Grecia contemporánea.

Como outras capitais contemporáneas, Atenas, ten parte na arquitectura modernista e postmodernista, máis concretamente as últimas construcións de Santiago Calatrava para as Olimpíadas de Atenas de 2004.

[editar] Pintura e escultura

Artigos principais: Arte da Grecia Antiga, Escultura da Grecia Antiga, Pintura da Grecia Antiga
Escultura de bronce, posiblemente representa a Poseidón ou Zeus, c. 460 a.d.C, Museo Nacional Arqueolóxico, Atenas. Esta obra mestra da escultura foi atopada polas redes dos mariñeiros na costa do Cabo Artemisión en 1928. A escultura mide máis de 2 m de altura.
Escultura de bronce, posiblemente representa a Poseidón ou Zeus, c. 460 a.d.C, Museo Nacional Arqueolóxico, Atenas. Esta obra mestra da escultura foi atopada polas redes dos mariñeiros na costa do Cabo Artemisión en 1928. A escultura mide máis de 2 m de altura.

En contraste con outras formas ilustradas, as pinturas conservadas da Grecia antiga son moi escasas. Os pintores gregos traballaban principalmente en paneis de madeira, e as obras finais foron admiradas durante centos de anos logo da súa creación. Con todo, estas pinturas desapareceron despois do século IV cando non foron suficientemente protexidas. Conserváronse as copias romanas de inferior calidade -por exemplo as de Pompeia- achadas nas tumbas dos reis de Macedonia en Verxina, en Leúcade tamén na antiga Macedonia, como as de Kazanlak na antiga Tracia.

As obras conservadas da antiga escultura grega son máis comúns, en particular as dos mestres escultores, como Fidias e Praxíteles. Estes artistas e os seus seguidores foron frecuentemente emulados polos romanos. Con todo, os cristiáns do século IV e V viron a destrución dos ídolos pagáns como un «acto de piedade». Moitas esculturas antigas de mármore foron queimadas con cal na Idade Media, e estatuas de bronce foron fundidas para obter o metal. As estatuas de mármore que escaparon á destrución foron esquecidas, ou no caso dos bronces, perdidos no mar.

Mosaico representando a Alexandre Magno, Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles
Mosaico representando a Alexandre Magno, Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles

No período bizantino, a arte relixiosa era o tema dominante, con mosaicos e iconas moi traballadas adornando os edificios relixiosos. O artista renacentista, O Greco (Domenikos Theotocopoulos), responde do bizantino e no século XVI a arte manierista, producindo escultura e pinturas de forma libre, luz e cor que inspiraría a artistas do século XX como Pablo Picasso e Jackson Pollock.

Ademais, un importante e a miúdo pioneiro papel, foi xogado por artistas das illas Xónicas no XVIII e a comezos do XIX, que explotaron as conquistas do Renacemento italiano e dos talleres barrocos. Con persistentes esforzos cara a novas direccións e obxectivos, os artistas gregos afloraron ao mundo durante as primeiras décadas do século XIX conectando a arte grega coa súa antiga tradición, así como a procura de talleres europeos, sobre todo os da Munich School, con exemplos definitorios da arte contemporánea grego do período que inclúe a obra de Theodoros Vryzakis e Nikiphoros Lytras.

A comezos do século XX, Demetrios Galanis, contemporáneo e amigo de Picasso, conseguiu un amplo recoñecemento en Francia e foi membro vitalicio da Academia Francesa, tralo encomio do crítico André Malraux como un artista capaz «de provocar fortes emocións como Giotto». Xa en pleno século XX, Nikos Engonopoulos conseguiu recoñecemento internacional coas súas concepcións surrealistas en pintura e poesía, mentres que a finais da década dos 60, Dimitris Mytaras e Yiannis Psychopedis asociáronse co realismo crítico europeo.

Grecia continuou a antiga tradición escultórica nas épocas modernista e postmodernista, con colaboradores como o filósofo Costas Axelos e o afamado Constantine Andreou, receptor da Lexión de Honra de Francia.

[editar] Cerámica e moedas

Detalle dun vaso grego exposto no Metropolitan Museum of Art de Nova York
Detalle dun vaso grego exposto no Metropolitan Museum of Art de Nova York
Artigos principais: Cerámica da antiga Grecia, Moedas da antiga Grecia

A antiga Grecia foi tamén reputada pola súa cerámica, que incluía tanto formas de vasos de bebida como urnas. A cerámica de figuras negras, en cuxas decoracións aparecen siluetas negras sobre fondo vermello, son moi representativas da temperá artesanía grega. Posteriormente as formas inclúen a cerámica de figuras vermellas e a cerámica de figuras brancas.

Os gregos non consideraban o deseño da moeda como unha forma principal de arte propiamente dita. No entanto, a durabilidade e a abundancia de moedas que deseñaron é unha das máis importantes fontes de coñecemento acerca da estética grega. As moedas foron inventadas en Lida durante o século VII a.d C. pero foron os gregos os primeiros que as empregaron amplamente, e quen estableceron un canon do deseño monetal que foi seguido dende entón. Esta forma de arte ten unha particular importancia no estudo da época bizantina. As moedas gregas eran principalmente de bronce.

[editar] Cine

Ver artigo principal: Cine grego.

A primeira sala de cine apareceu por primeira vez en Grecia en 1897, e o primeiro teatro foi construído en 1907. A primeira produción é de 1914 cando a compañía Asty Filme foi fundada e comezou a producirse longametraxes. Golfo (Γκόλφω), unha tradicional historia de amor, foi a primeira longametraxe, aínda que houbo antes varias producións menores como os noticiarios.

O cine grego tivo unha historia axitada, desde momentos de relativo estancamento ata moi memorables producións. Desde a década de 1920 ata finais dos 40 houbo algúns filmes bastante notables, como Έρως και κύματα (dirixida en 1928 por D. Gaziadis), e Aplauso (Χειροκροτήματα) (dirixida en 1944 por G. Tzavelas), e a máis importante é de 1944 na que Katina Paxinou foi premiada co Óscar á mellor actriz secundaria por Por quen dobran as campás.

A idade de ouro do cine grego foi a década dos anos 50 década nas que se produciron ata 60 films ao ano, cunha película como Ronsel, dirixida por Michael Cacoyannis, un dos máis famosos directores. Notables actores e directores deste período foron Alekos Sakelarios, Nikos Tsiforos, Ellie Lambeti, Dinos Iliopoulos e Irene Papas. Cacoyannis, en particular, que dirixiu nos 60 Alexis Zorbas, chegando a gañar 3 premios óscar.

Dende esta época o cine grego estivo relativamente parado. Sen contar con películas como Loafing and Camoflage (Λούφα και Παραλλαγή), cuxo éxito popular sacou do punto morto usándoa comedia exea. Outros temas políticos foron tocados no cine grego, como a inmigración de Albania aparecendo en Μετέωρο βήμα του πελαργού (1991) (en inglés: The Suspendede Step of the Stork), dirixida por Theo Angelopoulos.

Máis recentemente, filmes como Politiki kouzina (Un toque de pementa) e lac comedia sexual tabú 'Safe Sex' sinalaron a tendencia á alza da calidade do cine grego. Isto pode estar relacionado, en gran parte, cun inigualable período de prosperidade económica en Grecia, a cal conduciu a un incremento das produción cultural en todas as artes, tanto física como visual.

[editar] Literatura

Ver artigo principal: Literatura grega.

Grecia ten unha destacable, rica e forte tradición literaria que abrangue uns 2.800 anos. A época clásica é a que máis comunmente se relaciona coa literatura grega, que comeza no ano 800 a.dC. e mantén a súa influencia durante o período bizantino, no entanto a influencia do Cristianismo comezou a procrear un novo desenvolvemento da palabra escrita. Moitos elementos da antiga tradición milenaria están reflectidos na moderna literatura grega, incluíndo ás obras dos laureados co Nobel, Odysseas Elytis e George Seferis.

[editar] Grecia clásica

Busto de Homero en mármore
Busto de Homero en mármore

As primeiras obras da tradición literaria occidental son os poemas épicos de Homero e Hesiodo. A primeira poesía lírica, a representada por poetas como Safo e Píndaro, foi a responsable da definición do xénero lírico como é entendido na actualidade na literatura occidental.

Aristóteles (coa man estendida cara o chan e cunha Ética na man) e Platón pintados por Rafael (A Escola de Atenas, Vaticano)
Aristóteles (coa man estendida cara o chan e cunha Ética na man) e Platón pintados por Rafael (A Escola de Atenas, Vaticano)

Esopo escribiu as súas Fábulas no século VI a.d C. Estas innovacións tiveron unha fonda influencia non só nos poetas romanos, como Virxilio no seu poema épico da fundación de Roma, a Eneida, senón que se estendeu a través de toda Europa.

Na Grecia clásica establécese o nacemento do teatro tal e como o entendemos. Esquilo introduciu as ideas de diálogo e dramatizando as relacións dos personaxes e ao facelo, inventou o drama: o seu Orestíada triloxía de obras é considerada a cima da súa carreira. Outros grandes dramaturgos foron Sófocles e Eurípides. Aristófanes, un escritor de comedias, definiu e desenvolveu o concepto de comedia como forma teatral.

Herodoto e Tucídides son considerados os pioneiros do moderno estudo da historia no campo da procura filosófica, literaria, e científica. Polibio foi o primeiro en introducir no seu estudo o concepto de militar.

A filosofía introduciu literatura cos diálogos de Platón, mentres que o seu discípulo Aristóteles, na súa obra Poética, formulou o primeiro criterio da crítica literaria. Ambas as figuras literarias, no contexto das contribucións da filosofía grega nas épocas clásica e helenística, deron nacemento ao concepto de ciencia política, o estudo da evolución política e a crítica dos sistemas de goberno.

[editar] Grecia bizantina

Ver artigo principal: Literatura bizantina.
Evanxelio bizantino do século XI que ilustra o estilo decorativo empregado polos escolares de aquela época
Evanxelio bizantino do século XI que ilustra o estilo decorativo empregado polos escolares de aquela época

A expansión do Cristianismo por todo o mundo grecorromano nos séculos IV, V e VI, xunto á Helenización do Imperio Bizantino que se produciu no período, levaría á formación dunha forma literaria única, que combinaba influencias cristiás, gregas, romanas e orientais (como as do imperio persa). Á súa vez, isto permitiu que se desenvolvese a poesía cretense, a sátira poética no Oriente grego, e o xénero histórico, con varios prominentes historiadores como Procopio.

[editar] Grecia moderna

A Universidade de Atenas, parte do sistema de educación superior pública de Grecia
A Universidade de Atenas, parte do sistema de educación superior pública de Grecia

A moderna literatura grega naceu a partires da revolución grega de 1821 e a subseguinte independencia de Grecia en 1831, e como tal, a literatura grega do período está fortemente influída por temas revolucionarios, aínda que o impacto da literatura grega da ilustración tamén podía ser destacada, ademais da influencia das cancións e novela acríticas do imperio bizantino.

No século XX, a tradición literaria grega moderna abrangue a obra de Constantino Cavafis, considerado unha figura crave da poesía do século XX, conmovedor Giorgos Seferis (cuxas obras e poemas aspiraron a unir a literatura da antiga e moderna Grecia) e Odysseas Elytis, quen gañaron o Premio Nobel de Literatura. Nikos Kazantzakis é tamén unha grande figura, con obras como A última tentación de Cristo e Cristo recrucificado recibindo recoñecemento internacional. Vassilis Vassilikos é cumpridamente traducido.

[editar] Educación

Ver artigo principal: Educación en Grecia.

A educación en Grecia é obrigatoria para todos os nenos entre 6 e 15 anos; é dicir, inclúe Primaria (Dimotiko) e o Ensino Secundario Inferior (Gymnasio). A vida dos estudantes na escola, con todo, pode comezar dende a idade de dous anos e medio (preescolar) en institucións (públicas e privadas) chamadas Vrefonipiakoi Paidikoi Stathmi (creches). Nalgúns Vrefonipiakoi Stathmoi hai tamén Nipiaka Tmimata (garderías) que funcionan como a Nipiagogeia (xardín de infancia).

[editar] Deportes

Estadio olímpico
Estadio olímpico

A achega de Grecia aos Xogos Olímpicos foi destacada; dende a antigüidade coa creación dos orixinais Xogos de Olimpia, ata os modernos onde Atenas foi anfitrioa en dúas ocasións (1896 e 2004), ademais de ser tradicional participante desde a súa creación. Nos últimos Xogos Olímpicos de Verán, Grecia obtivo 6 medallas de ouro, 6 de prata e 4 de bronce para un total de 16.

O único título mundial que obtivo Grecia foi en fútbol, cando no ano 2004 coroouse como Campioa da Eurocopa, ao derrotar á selección local, Portugal, por 1-0.

Tamén destacan os gregos no baloncesto, onde cultivaron varios éxitos: medalla de ouro no Europeo de 2005 e prata no mundial de Osaka de 2006. No derradeiro europeo, disputado en España, foron privados das medallas por desenvolver un xogo estático, a xuízo dos mestres, aínda que a súa perseveranza en coller os rebotes foi eloxiada polos críticos. O que máis defendeu a actuación de Grecia no Europeo foi o adestrador ruso Mijail Lukewisky. Mijail non é un nome calquera para os afeccionados gregos, foi adestrador da selección Helena durante os anos 1992, 93, 94, 95 e 1996, conseguindo títulos como a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Barcelona`92, ou o cuarto posto no Europeo de Budapest. Lukewisky é unha lenda viva do baloncesto grego.

[editar] Véxase tamén

[editar] Referencias

  1. https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/gr.html#Govt World Factbook - Greece: Government
  2. Sir Steven Runciman, Conclusion, The Fall of Constantinople
  3. "Greece." Encyclopædia Britannica. 2006. Encyclopædia Britannica Online. 6 Sept. 2006 <http://search.eb.com/eb/article-9106266>.
  4. Finley, M. I. Democracy Ancient and Modern. 2d ed., 1985. London: Hogarth.
  5. History of Philosophy, Volume 1 by Frederick Copleston
  6. Brockett, Oscar G. History of the Theatre. sixth ed., 1991. Boston; London: Allyn and Bacon.
  7. http://europa.eu/abc/european_countries/eu_members/greece/index_en.htm Member States of the EU: Greece
  8. http://www.oecd.org/document/7/0,2340,en_2649_201185_1915847_1_1_1_1,00.html www.oecd.org Organisation for Economic Co-operation and Development
  9. http://www.esa.int/esaCP/SEMWYQRMD6E_index_0.html Greece becomes 16th ESA Member State
  10. The Constitution of Greece: Article 1
  11. The Constitution of Greece: Article 30
  12. P.D. Dagtoglou, Individual Rights, I, 21
    * E. Venizelos, The "Acquis" of the Constitutional Revision, 131-132, 165-172
  13. The Constitution of Greece: Article 26
  14. K. Mavrias, Constitutional Law, 477-478
  15. The Constitution of Greece: Article 37
  16. K. Mavrias, Constitutional Law, 477-478, 486-487
  17. The Constitution of Greece: Articles 51, 53
  18. The Constitution of Greece: Article 42
  19. The Constitution of Greece: Article 41
  20. The Constitution of Greece: Article 84
  21. For a diachronic analysis of the Greek party system see T. Pappas, Transformation of the Greek Party System Since 1951, 90-114, who distinguishes three distinct types of party system which developed in consecutive order, namely, a predominant-party system (from 1952 to 1963), a system of polarised pluralism (between 1963 and 1981), and a two-party system (since 1981).
  22. 22.0 22.1 22.2 22.3 22.4 22.5 22.6 http://www.statistics.gr/eng_tables/hellas_in_numbers_eng.pdf Greece in Numbers National Statistical Service of Greece
  23. 23.0 23.1 23.2 23.3 23.4 23.5 23.6 http://www.statistics.gr/Athena2001/Athena2001.ASP?wcu=$cmd=0$id=5200712142356520314915 Athena 2001 Census National Statistical Service of Greece 2007-12-14
  24. See Ethnologue ([1]); Euromosaic, Le (slavo)macédonien / bulgare en Grèce, L'arvanite / albanais en Grèce, Le valaque/aromoune-aroumane en Grèce, and Mercator-Education: European Network for Regional or Minority Languages and Education, The Turkish language in education in Greece. cf. also P. Trudgill, "Greece and European Turkey: From Religious to Linguistic Identity", in S Barbour, C Carmichael (eds.), Language and nationalism in Europe, Oxford University Press 2000.
  25. Greek Helsinki Monitor, Minority Rights Group, Greece, Report about Compliance with the Principles of the Framework Convention for the Protection of National Minorities (along guidelines for state reports according to Article 25.1 of the Convention) 8 September 1999
  26. Ethnologue, Joseph (1999)
  27. P. Trudgill, "Greece and European Turkey: From Religious to Linguistic Identity", in S Barbour, C Carmichael (eds.), Language and nationalism in Europe, Oxford University Press 2000.
  28. (see The Guardian May 12) Source : Peter Trudgill / Daniel Schreier, Greece and Cyprus / Griechenlandc und Zypern Ammon, Ulrich(Editor). Sociolinguistics. Berlin, , DEU: Mouton de Gruyter (A Division of Walter de Gruyter & Co. KG Publishers), 2006. p 153. Copyright © 2006. Mouton de Gruyter (A Division of Walter de Gruyter & Co. KG Publishers)

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía


Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -