See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Países Baixos - Nederland - Wikipedia

Países Baixos - Nederland

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Holanda.
Koninkrijk der Nederlanden
Países Baixos
Bandeira de Holanda Escudo de Holanda
Bandeira Escudo
Lema: Je maintiendrai.
(Francés: «Mantereime»)
Himno nacional: Het Wilhelmus
 
 
Capital
 • Poboación
Ámsterdam1
750,000 habitantes(2007)
Cidade máis poboada Ámsterdam
Lingua oficial n/d
Forma de goberno Monarquía parlamentaria
Beatriz I
Jan Peter Balkenende
Independencia
 • Declarada
 • Recoñecida
do Imperio Español
26 de xullo de 1581
30 de xaneiro de 1648
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 131º
41.526 km2
18,41%
1.027 km
451 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 59º
16.785.088 (2008 est.)
393 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 16º
$ 594.755 mill.
$ 40.571 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 23º
$ 564.945 mill.
$ 35.078 (2006)
IDH n/d
Moeda Euro 3 (€, EUR)
Xentilicio Neerlandés, neerlandesa
Fuso horario CET (UTC+1)
Dominio de Internet .nl 4
Prefixo telefónico +31
Prefixo radiofónico PAA-PIZ
Matrícula automóbiles NL
Código ISO 528 / NLD / NL
Membro de: UE, OTAN, ONU, OCDE, OSCE, Benelux

1 A sede do Goberno atópase na Haia
2 O Limburxio e o Baixo saxón están recoñecidos como linguas minoritarias
3 Antes de 2001: florín holandés
4 Tamén se usa .eu, ao igual que nos demáis membros da UE.

Tódolos países do mundo

Os Países Baixos (Nederland en neerlandés) son a parte europea do Reino dos Países Baixos, monarquía constitucional membro da Unión Europea. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co Mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. A pesar da súa incorrección, os Países Baixos son chamados con frecuencia Holanda, que é o nome común das súas dúas principais provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional.

O país é un dos máis densamente poboados do mundo, e tamén está entre os de altitude media máis baixa (un cuarto do seu territorio está baixo o nivel do mar, a quen foi gañado mediante a construción de diques). Os neerlandeses son coñecidos polos seus diques, os seus tulipáns, os seus muíños e a súa tolerancia social. As políticas liberais que rexen a súa actuación son frecuentemente mencionadas e usadas como exemplos nos demais países.

O Tribunal Internacional de Xustiza ten a súa sede na Haia; Ámsterdam é a capital constitucional, sede do goberno, a residencia real e a maior parte das embaixadas.

Índice

[editar] Historia

Bandeira dos Países Baixos
Bandeira dos Países Baixos

No reinado de Carlos V, Sacro Emperador Romano e rei de España, a rexión era parte das Dezasete Provincias dos Países Baixos, abranguendo a maior parte do que hoxe é Bélxica. A proclamación da independencia (Unión de Utreque, 1579; abdicación da soberanía española, 1581), no reinado de Felipe II, seguiu a guerra de independencia. A sinatura, baixo Filipe IV, do Tratado de Münster pon fin á Guerra dos Oitenta Anos. O imperio español recoñeceu a República Holandesa dos Países Baixos Unidos, gobernados pola casa de Orange-Nassau e os Estados Xerais, que anteriormente foran unha provincia do imperio español. Holanda tornouse así a primeira nación europea en asumir unha forma de goberno republicana.

Aínda que o novo Estado exercese autonomía apenas sobre as provincias do norte, a República das Sete Provincias Unidas dos Países Baixos desenvolveuse e tornouse unha das máis importantes potencias navais e económicas do século XVII. Neste período, coñecido coma a súa Idade de Ouro, os Países Baixos estenderon as súas redes comerciais por todo o planeta, estabelecendo colonias en lugares tan distantes coma Xava e o Nordeste brasileiro.

Eclipsada pola ascensión británica durante o século XVIII, a rexión foi máis tarde incorporada ó imperio francés baixo Napoleón Bonaparte. Mais no Congreso de Viena (1815), constituíuse o Reino dos Países Baixos, incluíndo os actuais Bélxica e Luxemburgo. Aquela conseguiu a súa independencia en 1830; este, que seguía regras sucesorias distintas, seguiu o seu propio camiño logo da morte do rei Guillerme III. Xa no século XIX, os Países Baixos industrializáronse máis lentamente do que o fixeron os países veciños.

Neutral na Primeira Guerra Mundial, o país foi ocupado pola Alemaña nazi en maio de 1940, sendo liberado en 1945. Na posguerra, a economía reergueuse, e o país ingresou en organizacións como o Benelux, a Comunidade Económica Europea e a Organización do Tratado do Atlántico Norte.

Seguindo, en Maastricht, a sinatura do Tratado da Unión Europea, o país foi un dos seus membros fundadores, e adheriuse ó euro en 1999, coas moedas e billetes circulando a partir de 2002.

[editar] Política

Os Países Baixos son unha Monarquía constitucional dende 1815, antes república, de 1581 até 1806 (foi ocupada por Francia entre 1806 e 1815). A Guerra dos Oitenta Anos, entre 1568 e 1648, asegurou a independencia neerlandesa de España.

O xefe de estado é, dende 1980, a Raíña Beatriz de Orange-Nassau, quen nomea formalmente os membros do goberno. Na práctica, unha vez coñecidos os resultados das eleccións parlamentarias, fórmase un goberno de coalición (nun proceso que pode demorar varios meses), tras o que o goberno constituído é oficialmente nomeado pola raíña. O xefe do goberno é o primeiro ministro ou Ministro Presidente, que é tamén, xeralmente, o líder do maior partido da coalición.

O parlamento consiste de dúas cámaras. As eleccións para os 150 membros da Cámara Baixa (Tweede Kamer, ou Segunda Cámara) ten lugar de catro en catro anos, ou a intervalos menores en caso de que Cámara Baixa aprobe unha moción de censura contra o goberno. O Senado, menos importante (Eerste Kamer, ou Primeira Cámara) escóllese de catro en catro anos despois das eleccións provinciais, polos membros dos parlamentos provinciais recén-eleitos. En conxunto, as dúas cámaras son coñecidas como os Staten Generaal, ou Estados Xerais.

Os analistas políticos consideran os Países Baixos un clásico exemplo dun estado constitucional.

[editar] Provincias e Dependencias

Mapa dos Países Baixos
Mapa dos Países Baixos

Os Países Baixos están divididos en 12 rexións administrativas, chamadas provincies (provincias):

  • Groningen - nordeste, capital Groningen.
  • Frisia (Friesland) - norte, capital Leeuwarden.
  • Drenthe - nordeste, ó sur de Groningen. Capital Assen.
  • Overijssel - leste, ó sur de Drenthe. Capital Zwolle.
  • Flevolandia (Flevoland) - central, nos polder do Ijsselmeer. Capital Lelystad.
  • Gueldria (Gelderland) - centro-leste, ó sur de Overijssel. Capital Arnhem.
  • Utrech - central, capital Utrech.
  • Holanda Setentrional (Noord-Holland) - noroeste, capital Haarlem.
  • Holanda Meridional (Zuid-Holland) - centro-oeste, capital A Haia - Den Haag.
  • Celandia (Zeeland) - sudoeste, capital Midelburgo.
  • Brabante Setentrional (Noord-Brabant) - sur, capital 's-Hertogenbosch.
  • Limburgo (Limburg) - sueste, proxectándose cara Bélxica. Capital Maastricht.

Todas as provincias están divididas en concellos (gemeenten), en total 489 (483, a partir de 2004); ver Municipios dos Países Baixos e Cidades dos Países Baixos.

Seis illas do Mar do Caribe pertencen ós Países Baixos, na forma das dependencias de Aruba e das Antillas Neerlandesas (Nederlandse Antillen), que agrupan as outras cinco.

[editar] Xeografía

Paisaxe típica holandesa
Paisaxe típica holandesa

Un aspecto notábel do país é o feito de ser extremadamente plano. Aproximadamente metade do territorio está a menos de 1 metro sobre o nivel do mar, e boa parte das terras están baixo do nivel do mar. O punto máis alto, Vaalserberg, na fronteira sueste, localízase a unha altitude de 321 m. Moitas áreas baixas están protexidas por diques e barreiras. Partes dos Países Baixos, inclusive case toda a moderna provincia de Flevolandia, foron conquistadas ó mar - estas áreas son coñecidas como polder.

O país está dividido en dúas partes principais polos ríos Rhin (Rijn), Waal e Mosa (Maas). Hai moitos dialectos falados ó norte e ó sur deses grandes ríos.

Os ventos predominantes no país son do sudoeste, o que causa un clima marítimo moderado, con veráns agradábeis e invernos suaves.

Ver tamén Parques nacionais (Países Baixos), Obras do Zuiderzee.

[editar] Economía

Véxase: Economía dos Países Baixos

[editar] Demografía

Ver artigo principal: Demografía dos Países Baixos.
As bicicletas son un dos medios de transporte máis empregados no país
As bicicletas son un dos medios de transporte máis empregados no país
Densidade de poboación nos Países Baixos
Densidade de poboación nos Países Baixos

Con máis de 450 habitantes por quilómetro cadrado, os Países Baixos é un dos países máis densamente poboados do mundo. Hai dúas linguas oficiais, ambas as dúas xermánicas, o neerlandés e o frisio; este só se usa na provincia setentrional da Fryslan. Ademais, varios dialectos do baixosaxón son usados en boa parte do norte, sen recoñecemento oficial.

Nas fronteiras meridionais, os falares teñen variedades baixo-franconianas e alemáns, sendo posíbel que a súa mellor clasificación é, en troques de neerlandés, flamengo occidental ou alemán.

A maioría da poboación (63% en 1999) non se considera parte de igrexa ningunha. A minoría restante divídese principalmente entre o catolicismo, (18%), máis forte ó sur dos grandes ríos, e o protestantismo, ó norte (15%). A maior parte destes protestantes pertence á Igrexa Reformada Neerlandesa.

Tal vez pola súa guerra de independencia estar intimamente relacionada cos conflitos relixiosos desencadeados pola Reforma, o país ten unha tradición de tolerancia e liberalidade. Mais recentemente, as políticas nacionais sobre drogas recreacionais, prostitución, o matrimonio homosexual e a eutanasia atraen atención internacional; Ámsterdam tende a ser vista como unha cidade onde "se pode facer todo".

Ver tamén Política sobre drogas dos Países Baixos, Casamento homosexual nos Países Baixos.

[editar] Cultura

Os Países Baixos teñen unha gran tradición pictórica. O século XVII, cando a república neerlandesa era próspera, foi a era de mestres como Rembrandt van Rijn, Johannes Vermeer, Jan Steen e moitos outros. Pintores famosos do XIX e XX inclúen a Vincent van Gogh e Piet Mondriaan. Maurits Escher é un coñecido artista gráfico. Un famoso mestre dos Países Baixos é Han van Meegeren.

Na filosofía, o país deu ó Renacemento Erasmo de Roterdam; máis tarde, a tolerancia relixiosa permitiu que os talentos de Baruch de Spinoza e René Descartes florecesen.

Na Idade de Ouro, a literatura neerlandesa tamén floreceu, con Joost van den Vondel e P. C. Hooft como os nomes máis famosos. No século XIX, Multatuli describiu o mal tratamento dos nativos nas colonias neerlandesas. Entre os autores importantes do último século inclúense Harry Mulisch, Jan Wolkers, Simon Vestdijk, Cees Nooteboom, Gerard van het Reve e Willem Frederik Hermans. O Diario de Ana Frank tamén foi escrito nos Países Baixos.

Ver tamén: Lista de museos#Países Baixos, Deporte nos Países Baixos, Música dos Países Baixos, Lista de neerlandeses

[editar] Festivos

Data Nome en galego Nome local Observacións
1 de xaneiro Día de Ano Novo Nieuwjaar  
Marzo/Abril Pascua Pasen Nos Países Baixos celébranse dous días de Pascua.
30 de abril Día da Raíña Koninginnedag En orixe, o Koninginnedag era celebrado no aniversario da raíña, cambiando logo para ser conmemorado no aniversario do falecemento da Raíña-nai Xuliana.
4 de maio Lembranza dos mortos Dodenherdenking Este día é dedicado á memoria dos mortos durante a Segunda Guerra Mundial.
O significado deste día ampliouse ás persoas mortas en misións das Nacións Unidas.
5 de maio Día da Liberdade Bevrijdingsdag Celebración da capitulación alemá na Segunda Guerra Mundial.
40 dias despois da Pascua Día da Ascensión Hemelvaartsdag  
7 semanas despois da Pascua Pentecostés Pinksteren Os neerlandeses celebran dous días de Pentecostés.
5 de decembro Noite de San Nicolás Sinterklaas Precursor do Papa Noel, Sinterklaas da regalos ós cativos.
25 de decembro,
26 de decembro
Nadal Kerstmis Os neerlandeses celebran dous días de Nadal:
o primeiro (Eerste Kerstdag) e o segundo (Tweede Kerstdag).

Réplicas de lugares neerlandeses atópanse na Vila Holandesa, en Nagasaki, Xapón. Unha Vila Holandesa semellante está sendo construída en Shenyang, China. No Brasil, no interior do estado de Sao Paulo, está a cidade de Holambra, bautizada así en homenaxe a inmigrantes neerlandeses.

[editar] Ver tamén

[editar] Ligazóns externas


Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía


Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -