Século XVIII
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
século XVII < século XVIII > século XIX
< Século XVII | Século XVIII | Século XIX > | |||||||
01 | 02 | 03 | 04 | 05 | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39 | 40 |
41 | 42 | 43 | 44 | 45 | 46 | 47 | 48 | 49 | 50 |
51 | 52 | 53 | 54 | 55 | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 |
61 | 62 | 63 | 64 | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 |
71 | 72 | 73 | 74 | 75 | 76 | 77 | 78 | 79 | 80 |
81 | 82 | 83 | 84 | 85 | 86 | 87 | 88 | 89 | 90 |
91 | 92 | 93 | 94 | 95 | 96 | 97 | 98 | 99 | 00 |
Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1701 e o 31 de decembro de 1800. coñecido como o século da Ilustración.
Índice |
[editar] Acontecementos importantes
- Guerra de Sucesión Española
- Música clásica, que tomou o lugar da música barroca
- Colonialismo
- Terremoto de Lisboa
- Independencia dos Estados Unidos de América
- Revolución francesa
[editar] Acontecementos
[editar] Década de 1700
- 1701-1714: Guerra de Sucesión Española
- 1703: Pedro o Grande funda San Petersburgo, que será a capital de Rusia até 1918.
- 1707: Coa Lei de Unión, que reúne os parlamento inglés e escocés, estáblecese o Reino Unido de Gran Bretaña.
- 1707: Coa morte de Aurangzeb, o Imperio mogol entra nun longo declinio.
[editar] Década de 1710
- 1715: Morre Luís XIV de Francia, deixando o país en profunda déveda.
- 1718: Os franceses fundan Nova Orleáns en Norteamérica.
[editar] Década de 1720
- 1720: A Borbolla do Mar do Sul
- 1721: Robert Walpole tórnase no Primeiro Ministro de facto do Reino Unido.
- 1722-23: Guerra ruso-persa
- 1722: Os afganos conquistan o Irán, póndolle fin á dinastía safávida.
- 1722: Morre Kangxi, emperador da China.
[editar] Década de 1730
- 1733-38: Guerra da Sucesión Polaca
- 1735-39: Expansión do territorio da China baixo o emperador Quianlong.
- 1736: Nadir Shah asume o título de Shah de Persia e funda a dinastía afshárida. Gobernou até a súa morte, en 1747.
- 1739: Nadir Shar vence os mogois e saquea [[Delhi].
[editar] Década de 1740
- 1740: Frederico o Grande é coroado Rei de Prusia.
- 1740-48: Guerra de Sucesión Austríaca
- 1741: Os rusos comezan a se asentar nas Illas Aleutianas.
- 1745: Iníciase a Segunda Rebelión Xacobita na Escocia.
- 1747: Ahmed Shah Durrani funda o Imperio de Durrani no actual Afganistán.
[editar] Década de 1750
- 1750: Pico da Pequena Idade de Xelo
- 1755: Terremoto de Lisboa
- 1756-63: Guerra dos Sete Anos entre varias potencias europeas en varios lugares do mundo.
- 1757: Coa Batalla de Plassey iníciase o dominio británico sobre a India.
[editar] Década de 1760
- 1760: Xurxo III tórnase rei da Gran Bretaña.
- 1762-96: Reinado de Catarina a Grande de Rusia.
- 1768 Os gurkhas conquistan o Nepal.
- 1768-74: Guerra turco-rusa.
- 1769: Misioneiros españois establecen as primeiras 21 misións na California.
- 1769-73: A Fame de Bengala de 1770 acaba cun terzo da poboación india.
[editar] Década de 1770
- 1772-1795: As Particións de Polonia rematan coa Comunidade Polaco-Lituana e eliminan Polonia do mapa durante 123 anos.
- 1775-1783: Guerra de Independencia Americana
- 1779-1879: Guerras Xhosa entre colonos británicos e boer e os xhosas en Sudáfrica.
[editar] Década de 1780
- 1787: Escravos fuxidos de Londres fundan Freetown na actual Serra Leoa.
- 1788: Establécese o primeiro asentamento europeo en Australia, Sydney.
- 1789: George Washington é escollido primeiro presidente dos Estados Unidos. Ocupou o cargo até 1797.
- 1789-99: Revolución Francesa.
[editar] Década de 1790
- 1791-1804: Coa Revolución de Haití o novo país convírtese na primeira república negra.
- 1796: Os británicos expulsan os holandeses de Ceilán.
- 1797: Napoleón invade e divide a República de Venecia, dando fin a máis de un milenio de independencia.
- 1799: Napoleón convírtese en ditador de Franza.
[editar] Inventos e descobertas
- 1709: Bartolomeo Cristofori constrúe o primeiro piano.
- c. 1710: Thomas Newcomen inventa a máquina de vapor
- c. 1730: John Hadley en Inglaterra e Thomas Godfrey nos Estados Unidos desenvolven o sextante
- 1736: Charles-Marie de la Condamine descobre o caucho nunha expedición a Sudamérica. O nome dallo Joseph Priestly en 1770.
- c. 1740: Benjamin Huntsman introduce o aceiro moderno.
- 1741: Vitus Bering descobre Alasca.
- 1745: Ewald von Kleist inventa a xarra de Leyden, o primeiro capacitor eléctrico
- 1751-85: Publícase a Enciclopedia Francesa
- 1755: Samuel Johnson publica o seu Dicionario de lingua inglesa.
- 1764: James Hargreaves crea a Spinning Jenny, a roca mecánica que porá en marcha a Revolución Industrial
- 1761: John Harrison soluciona o problema do cálculo da lonxitude co seu cronómetro.
- 1768-79: James Cook explora os límites do Océano Pacífico e descobre numerosas illas.
- 1776: Adam Smith publica A riqueza das nacións, texto fundamental da moderna teoría económica.
- 1798: Jan Ingenhouse descobre a fotosíntese.
- 1798: Edward Jenner publica un tratado sobre a vacinación contra a varíola.
- 1799: As tropas napoleónicas en Exipto descobren a Pedra de Rosetta.