Parlamento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Parlamento é a asemblea dos representantes electos polos cidadáns nos réximes democráticos. É o órgano constitucional dun Estado que ten atribuída a misión principal de expresar a vontade de este, elaborando e aprobado normas xurídicas de carácter xeral e intervindo na integración e funcionamiento doutras Institucións do Estado.
Nalgúns países, o parlamento está formado por dúas asembleas separadas, por vezcs chamadas Cámaras do Parlamento, que poden resultar de eleccións ou nomeacións separadas e poden ter poderes diferenciados e varias designacións dacordo coa Constitución de cada país:
- A Cámara Alta, Cámara Superior ou Senado. No Reino Unido, é oficialmente chamada Cámara dos Lores.
- A Cámara Baixa, Cámara Inferior, Cámara dos Comúns ou Cámara Federal.
En moitos países, o parlamento é denominado Congreso (por exemplo, nos Estados Unidos de América) e noutros "Asemblea Nacional" (ou "Asemblea do Pobo", como na China Comunista).