Reino Unido - United Kingdom
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte 1 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O Reino Unido de Gran Bretaña e o Norte de Irlanda (en inglés United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), comumente coñecido como o Reino Unido (in: United Kigdom), ou RU (in: UK) e incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra, é un país insular situado na costa noroeste da Europa continental.
Índice |
[editar] Xeografía
O Reino Unido da Gran Bretaña e do Norte de Irlanda é un país da Europa occidental. O país está formado pola illa de Gran Bretaña (maior parte de Inglaterra, Escocia e Gales) e o norleste da illa de Irlanda (Irlanda do norte), xunto con outras illas menores. O Reino Unido atópase principalmente entre os 49° e 59° N de latitude (as Illas Shetland chegan ós 61° N) , e os 8° O to 2° L de lonxitude. O Royal Greenwich Observatory, situado preto da cidade de Londres, é o punto definitorio do Meridiano de Greenwich. O Reino Unido ten unha superficie total de 245.000 km cadrados. O RN atópase entre o océano atlántico norte e o Mar do Norte, atopándose a 35 km da costa de Francia, da cal está separada pola Canle da Mancha. Irlanda do Norte comparte 360 km coa República de Irlanda. O Eurotúnel une na actualidade o Reino Unido con Francia.
[editar] Cidades
As capitais dos países que forman o Reino Unido son:
[editar] Cidades principais
Listaxe | Cidade | País constituínte | Pob. | Listaxe | Cidade | País constituínte | Pob. | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Londres | Inglaterra | 7.172.091 | 11 | Coventry | Inglaterra | 303.475 | |||
2 | Birmingham | Inglaterra | 970.892 | 12 | Kingston upon Hull | Inglaterra | 301.416 | |||
3 | Glasgow | Escocia | 629.501 | 13 | Bradford | Inglaterra | 293.717 | |||
4 | Liverpool | Inglaterra | 469.017 | 14 | Cardiff | Gales | 292.150 | |||
5 | Leeds | Inglaterra | 443.247 | 15 | Belfast | Irlanda do Norte | 276.459 | |||
6 | Sheffield | Inglaterra | 439.866 | 16 | Stoke-on-Trent | Inglaterra | 259.252 | |||
7 | Edimburgo | Escocia | 430.082 | 17 | Wolverhampton | Inglaterra | 251.462 | |||
8 | Bristol | Inglaterra | 420.556 | 18 | Nottingham | Inglaterra | 249.584 | |||
9 | Manchester | Inglaterra | 394.269 | 19 | Plymouth | Inglaterra | 243.795 | |||
10 | Leicester | Inglaterra | 330.574 | 20 | Southampton | Inglaterra | 234.224 | |||
Censo do 2001 |
- Cidades porriba dos 7 millóns de habitantes: Londres
- porriba dun millón: Birmingham
- porriba dos 500.000 habitantes: Glasgow
- 400.000 – 500.000: Liverpool, Leeds, Sheffield, Edimburgo, Bristol
- 300.000 – 400.000: Manchester, Leicester, Coventry, Kingston upon Hull
- 250.000 – 300.000: Bradford, Cardiff, Belfast, Stoke-on-Trent, Wolverhampton
- 200.000 – 250.000: Nottingham, Plymouth, Southampton, Reading, Derby
[editar] Composición
Este reino está formado por 4 nacións: Inglaterra, Escocia e País de Gales (Illa da Gran Bretaña) e Irlanda do Norte (Illa da Irlanda). Inclue tamén territorios que non pertencen a ningunha destas nacións, como a Illa de Man e as Illas do Canal (ou Illas Anglo Normandas), e varias posesións espalladas polo mundo:
- Europa
- Asia
- África
- América
- Bermudas
- Illas Caimáns
- Illas Virxes Británicas
- Montserrat
- Turks e Caicos
- Anguila
- Malvinas (Falkland, en inglés)
- Oceanía
[editar] Historia do Reino Unido
Artigo principal: Historia do Reino Unido
Escocia e Inglaterra teñen existido como entidades separadas unificadas dende o século X. Gales, baixo control británico dende o Estatuto de Rhuddlan en 1284, fíxose parte do Reino de Inglaterra pola Acta de Unión de 1536. Coa Acta de Unión de 1707, os reinos separados de Inglaterra e Escocia, habendo compartido o mesmo monarca dende 1603, acordou unha unión permanente como o Reino de Gran Bretaña. Isto ocurriu nun tempo no que Escocia estaba na ruina económica; e a decisión foi pouco popular na ampla poboación escocesa.

A Acta de Unión de 1800 uniu o reino de Gran Bretaña co reino de Irlanda, que fora tomado gradualmente polo control británico entre 1169 e 1691, para formar o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. Esta tamén foi unha decisión impopular, levándose a cabo xusto despois da infructuosa Rebelión dos Irlandeses Unidos de 1798 (véxase tamén Sociedade dos Irlandeses Unidos). A ocasión elexida para esta unión, cando se temeu unha intervención ou invasión napoleónica, foi debida predominantemente a problemas de seguridade.
En 1922, tras amargas loitas que fan eco na actual corrente política, o Tratado anglo-irlandés partiu Irlanda no Estado Libre Irlandés e Irlanda do Norte, coa última parte permanente no Reino Unido. Como se probou no tratado, Irlanda do Norte, que consiste en seis dos nove condados da provincia irlandesa de Ulster, inmediatamente optou por permanecer no Reino Unido. A nomenclatura do Reino Unido foi cambiada en 1927 para recoñecer a saída da maior parte de Irlanda, sendo adoptado o nome de Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.
[editar] Goberno e política
Artigo principal: Goberno e política do Reino Unido
O Reino Unido é unha monarquía parlamentaria baseada en 'common law' pero non ten unha constitución, sendo o único país Europeo que non a ten. Os seus principios e prácticas son inherentes ás institucións de goberno, que son a Coroa, o gabinete de ministros, o Consello Privado e o Parlamento.
O monarca británico é o xefe de Estado e do executivo, así como máxima autoridade da Igrexa Anglicana. Ademais elixe formalmente ó primeiro ministro e ó goberno.
As funcións executivas son realizadas por varios ministros dirixidos polo primeiro ministro e para iso dependen do apoio da maioría de membros da cámara dos Comúns. O partido con dita maioría é o encargado de formar goberno e o primeiro ministro é o líder do partido. O primeiro ministro (elexido polo monarca), escolle aos ministros do goberno.
O Partido Conservador e o Partido Laborista teñen dominado a vida política do país dende o fin da Primeira Guerra Mundial.
Na actualidade as forzas políticas e a sociedade británica en xeral, enfróntanse sobre a postura que o estado debe asumir fronte á UE.
Por este motivo o tratado polo que se establece unha Constitución para Europa vai ser ratificado mediante referendo, impulsado polo primeiro ministro, Tony Blair, que respalda o tratado e que ademais ten buscado durante o seu goberno que o estado adopte a moeda única, o euro.
[editar] Demografía
A maioría da poboación está conformada por brancos de orixe anglosaxón ou celta. Hai tamén outros europeos, negros, indios, caribeños, estadounidenses, suramericanos, centroamericanos, pobladores de Oceanía, rusos, paquistaníes, chineses, coreáns, nipóns e outros.
- Poboación: 59.657.000 (2002)
- Crecemento anual: 0,3 % (1985-2000)
- Estimación para o ano 2015: 60.566.000 (2000)
- Crecemento anual cara o 2015: 0,1 % (2000)
- Poboación urbana: 89,5 % (2000)
- Crecemento urbano: 0,5 % (2000)
- Fillos por muller: 1,7 (2000)
[editar] Lingua
- Vexa o artigo principal: Idiomas do Reino Unido
Malia non ter xuridicamente lingua oficial, a lingua que predomina no Reino Unido é o inglés. As outras linguas autóctonas son o escocés e varias linguas celtas, que poden clasificarse en dous grupos: as linguas celtas-P (galés e córnico) e as linguas celtas-Q (irlandés, gaélico escocés e manxés).
[editar] Véxase tamén
[editar] Artigos relacionados
- Armada do Reino Unido
- Mancomunidade Británica de Nacións
- Títulos Nobiliarios británicos
![]() ![]() |
|
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007: | |
![]() ![]() |
|
Países candidatos: | |
![]() ![]() ![]() |
Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) | |
---|---|
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía |
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |