See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Bicicleta - Wikipedia

Bicicleta

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Bicicleta de carreiras
Bicicleta de carreiras
Ciclista montado nun velocípedo en Cracovia, Polonia.
Ciclista montado nun velocípedo en Cracovia, Polonia.

Unha bicicleta é un vehículo de dous rodas, que adoitan ser do mesmo tamaño, dispostas en liña. Serve para o transporte dunha, dous ou máis persoas, grazas á forza que se exerce sobre os pedais, transmitida ao piñón na roda traseira por unha cadea circular. Existen diversas modalidades deportivas, englobadas dentro do ciclismo, que se practican con este vehículo.

Introducida no século XIX en Europa, tivo un impacto considerable na historia, tanto na cultura como na industria. Na actualidade hai ao redor de mil millóns de bicicletas rodando, ben como medio de transporte principal, ben como vehículo de lecer.

É un medio de transporte san, ecolóxico, sostenible e moi económico, tanto para trasladarse por cidade como por zonas rurales. O seu uso está xeneralizado en case toda Europa, sendo en países como Holanda, Suiza, Alemania, algunhas zonas de Polonia e os países escandinavos un dos principais medios de transporte. En Asia, especialmente en China e a India, é o principal medio de transporte.

Índice

[editar] Historia

As primeiras noticias que se teñen sobre unha bicicleta datan do ano 1490 aproximadamente, na obra "Codez Atlanticus" de Leonardo da Vinci. Neles pode verse un boceto dunha bicicleta con transmisión de cadea impulsada por uns pedais, mesmo método empregado polas actuais.

A construción da primeira bicicleta con pedais atribúese a Macmillán Kirkpatrick, no ano 1839. Macmillán nunca patentou o invento, que posteriormente foi copiado en 1846 por Gavin Dalzell de Lesmahagow, quen o difundiu tan ampliamente que foi considerado durante cincuenta anos como o inventor da bicicleta. Unha copia da bicicleta de Macmillan exhíbese no Museo de Ciencias en Londres, Inglaterra.

Preto de 1890, o inglés Dunlop (afeccionado ao ciclismo e creador da empresa homónima) inventou unha cámara de tea e caucho, que se inflaba con aire e colocábase na llanta. Para evitar pinchazos, Dunlop inventou ademais unha cuberta tamén de caucho. Estes inventos de Dunlop case non sufriron variación algunha desde a súa invención.

[editar] Clasificación das bicicletas

A principal clasificación das bicicletas toma en conta a función para a que están deseñadas, así os principais tipos de bicicletas son:

  1. Bicicleta Todo Terreo (BTT) ou de montaña. É unha bicicleta destinada a terreos agrestes polo que a resistencia das súas partes é un punto principal e tamén o é a protección das súas partes ao lodo e a terra. Conta con diversas velocidades para adaptar o pedaleado ás diversas variacións do terreo.
  2. Cross ou BMX. É unha bicicleta de cadro e rodas de diámetro pequeno, o tamaño das súas rodas máis común é de 20" e é destinada principalmente a acrobacias e competicións de velocidade en saltos, normalmente non conta con cambio de velocidades, senón cunha relación fixa.
  3. Estática ou para exercicios. É unha bicicleta estática cunha soa roda cun sistema de fricción gradual que simula pendentes, un compoñente básico nun medidor de velocidade e un de kilometraxe.
  4. Ruta ou de carreiras. É unha bicicleta de cadro e rodas relativamente grandes onde a lixereza é importante, así mesmo o manubrio ten deseños particulares para que o ciclista adopte posicións aerodinámicas.
  5. Urbana ou de Turismo. É unha bicicleta destinada á cidade ou a camiños en bo estado. Destaca o seu énfase na comodidade a costa do peso como o son asento e manubrio cómodos, ademais de contar xeralmente cunha ou máis canastillas para o transporte de obxectos así como tamén é común que teñan accesorios urbanos como corneta, espellos e luces.
  6. Bicicletas para discapacitados. Hai varios tipos de bicicleta para xente con diversos tipos de discapacidade: handbikes (dirección, propulsión e freo acciónanse cos brazos), tándems (bicicletas con dobre pedal para discapacitados visuais que necesitan ir acompañados dun guía), triciclos (bicicletas de tres rodas para discapacitados con problemas de coordinación e equilibrio), cuadriciclos (bicicletas de catro rodas e dobre pedal para discapacitados psíquicos que van acompañados dun monitor ou acompañante).

[editar] Aspectos técnicos

Partes dunha bicicleta
Partes dunha bicicleta

As Partes da bicicleta en xeral son:

  • Chasis, bastidor ou cadro. O máis común é en forma de rombo, tamén chamado de diamante ou de dobre triángulo. Os clásicos eran de ferro ou aceiro, hoxe en día cando é aceiro é ao cromo-molibdeno denomínase cromoli.
  • Horquilla: é a peza da dirección que suxeita a roda dianteira, pode ser fixa ou con suspensión.
  • Rodas.
  • Grupo: Conxunto de elementos (cadea de transmisión, cambios, piñóns, pratos, bielas, eixos e pedais) que aproveitan a forza motriz converténdoa en desprazamento.
  • Freos.
  • Dirección.
  • Manillar ou manubrio.
  • Asento ou Sillín.
  • Gardabarros.
  • Luces, (por dinamo ou batería).

[editar] Competicións ciclistas máis famosas

[editar] Ligazóns Externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -