See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Cidade - Wikipedia

Cidade

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Toronto á noite.
Toronto á noite.

Índice

[editar] Definición

A cidade é actualmente considerada como unha entidade urbana con alta densidade de poboación na que predominan fundamentalmente a industria e os servizos.

[editar] Concepto

[editar] A cidade na antiga Roma

Pero non sempre foi así. Na antiga Roma era cidade (civitas) a zona habitada por cidadáns (civites), os cales eran aqueles que posuían dereitos cidadáns, independientemente da súa actividade, fóra a industria, a agricultura ou os servizos.

[editar] A cidade medieval e renacentista na Península Ibérica

Na España medieval e do Renacemento, unha cidade era a poboación que non tiña Señor e era rexida directamente polo rei. Tiña o privilexio de enviar procuradores ás cortes para negociar as taxas que lle puidesen ser impostas, a cambio de Foros. Esta cualificación de cidade era independente do tamaño, así, Madrid, capital de España desde 1561, non era cidade senón vila.

Luces de cidades, vista de satélite.
Luces de cidades, vista de satélite.

[editar] O concepto de cidade na Conferencia Europea de Estatística de Praga

A Conferencia Europea de Estatística de Praga considera como cidade unha aglomeración de máis de 2.000 habitantes sempre que a poboación dedicada á agricultura non exceda do 25% sobre o total. A partir de 10.000 habitantes, todas as aglomeracións considéranse cidades, sempre que estes se atopen concentrados, xeralmente en edificacións colectivas e en altura, e sempre que se dediquen fundamentalmente a actividades dos sectores secundario e terciario (industria, comercio e servizos).

O concepto político de cidade aplícase a conglomerados urbanos con entidade de capitalidade e maior importancia na rexión e que asume os poderes do Estado ou Nación. Será a cidade capitalina, pero por extensión aplícase a denominación a calquera entidade administrativa con algunha autonomía.

É pois unha definición administrativa do estado político, rexión xeográfica ou comunidade autónoma, que teñen unha cidade central e vilas ou cidades menores. A xeografía urbana e a socioloxía urbana estudan ambos aspectos desde o punto de vista da xeografía humana e a ecoloxía humana.

Non se debe confundir cidade con municipalidade, a maior municipalidade do mundo, Chongqing, posúe aproximadamente o mesmo tamaño có estado americano de Indiana, e contén moita máis área rural do que área urbana. Por outro lado, o contrario tamén acontece. A cidade de Londres posúe apenas 8 mil habitantes. No entanto, a súa rexión metropolitana, isto é, a área urbanizada, posúe máis de 7,5 millóns de habitantes.

[editar] Véxase tamén

[editar] Listas



Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
(De ser posíbel, será mellor substituír este marcador por outro máis específico)


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -