Independencia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Situación dun país que detenta e goza, ademais do dereito de autodeterminación, o de soberanía.
Como concepto político apareceu coa Declaración de Independencia dos Estados Unidos en 1776[1] como resposta ó colonialismo europeo e extendeuse coas declaracións de independencia dos países latinoamericanos dependentes do Imperio español na Guerra de Independencia Hispanoamericana (1809-1824).
Distínguese de
-
- autonomía, por ter esta segunda un vencello subordinativo de carácter institucional a outro territorio ou goberno soberano, sen menosprezo de que o territorio autónomo poida desenvolver con liberdade as competencias que lle fosen asignadas.
- neocolonialismo: Situación qie se dá cando non existe plena independencia dun país, senón que o mesmo está sometido aos ditados culturais, lingüísticos e especialmente, económicos, doutro. O neocolonialismo -situación en que se achan algúns dos estados do terceiro mundo- oponse ó antigo colonialismo en que xa non acontece a ocupación directa do territorio mediante o emprego da forza militar.
[editar] Referencias
- ↑ Arciniegas, Germán (1980). «El invento de la independencia», en América en Europa, Bogotá, Planeta, pp. 123-144
[editar] Véxase tamén
- Autodeterminación
- Autonomía
- Colonialismo
- Neocolonialismo
- Soberanía