Radicalismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O radicalismo fai referencia a unha ideoloxía liberal progresista que apareceu na Europa Occidental no século XIX baseado na soberanía popular con tendencia ao goberno asembleario e mandato imperativo. O radicalismo xurdiu onde se daba unha grande importancia á participación das masas e á democracia como foi o caso do cartismo no Reino Unido (1838-1848) que foi determinante para a ampliación do sufraxio censitario e o voto secreto anos despois ao manterse as posicións radicais na á esquerda do Partido Liberal.