Oligarquía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Oligarquía (do grego ολιγαρχία, de oligoi, poucos, e arche, goberno) significa, literalmente, goberno de poucos. No entanto, como aristocracia significa, tamén, goberno de poucos - porén, os mellores -, tense, por oligarquía, o goberno de poucos en beneficio propio.
Logo, o termo oligarquía presenta un contido eticamente negativo ó denominar ó goberno dos ricos, mais tamén pode indicar o goberno de poucos mantido pola intimidación, como no caso da oligarquía militar.