Dereita política
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A dereita política é un concepto que se refire ao segmento do espectro político asociado a posicións conservadoras, relixiosas ou ben simplemente opostas á esquerda política. Engloba xa que logo a correntes ideolóxicas moi diversas cuxa separación pode ser tallante, dependendo de que consideren prioritaria a defensa da liberdade individual (liberalismo), a defensa da patria (nacionalismo, patriotismo) ou de que ante todo busquen o mantemento da orde social establecido (tradicionalismo, conservadurismo). En oposición á esquerda política, o sector máis liberal salienta o libre mercado por encima do intervencionismo das administracións públicas e busca potenciar valores e dereitos individuais, fronte a posicións colectivistas ou estatistas, mentres que o sector máis conservador é partidario do encuadramiento colectivo en estruturas ríxidamente xerarquizadas e disciplinadas.
A dereita máis moderada adóitase cualificar como centro-dereita, mentres que a dereita máis extremista cualifícase como ultradereita ou extrema dereita.