Groningen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Groningen é unha cidade de 181.113 habitantes, nos Países Baixos setentrionais, capital da provincia homónima.
Pola súa universidade e pola súa vida cultural, Groninga está considerada como a cidade máis importante do norte dos Países Baixos. Chamada polos provinciais a Stad (cidade) e Groot Loug (grande aldea), os seus habitantes son denominados correntemente Stadjers, é dicer "os cidadáns", por contraste con a rexión circundante que é sobretodo un país agrícola.
Índice |
[editar] Historia
Groningen foi fundada arredor do ano 1000. Foi un dois primeiros membros da Liga hnseática: No 1251 obtivo un monopolio sobre o comercio de graos na rexión, o que asegurou a súa prosperidade durante os séculos seguintes.
En 1614 foi inaugurada a universidade, con sona nomeadamente polo seus estudos de teoloxía. Na actualidade aínda a universidade ten gran importancia na vida cidadá de Groninga, na que hai uns 40.000 estudantes.
[editar] Economía
Desde un punto de vista industrial, Groningen é importante polos cercanos xacementos de gas natural (talvez os maiores en Europa), sitos na veciña localidade de Slochteren. É coñecida tamén polas súas industrias alimentares, en particular as de refinamento de zucre de remolacha.
[editar] Municipio
Groninga é un dos 483 municipios de Holanda. O seu concello ou gemeente comprende varias localidades de importancia como: Dorkwerd, Engelbert, Hoogkerk, Leegkerk, Middelbert, Noorddijk, Noorderhoogebrug, Oosterhogebrug, Roodehaan, Ruischerbrug e Vierverlaten.
[editar] Lugares de interese
Entre outros salientan:
- Igrexa de San Martiño (Martinikerk), do século XV, con torre de 94 m (Martinitoren); a ábside está decorada con frescos do século XVI;
- Casa do Concello (Stadhuis), edificación neoclásica de 1810;
- Het Goudkantoor, edificio clasicista do século XVII;
- Prinsenhof, antigo pazo arcebispal desde 1559;
Paseando por rúas e prazas poden verse, e ás veces visitarse, algunhas casas antigas e outras obras dignas de mérito (como un xardín do XVII).
[editar] Museos
- Museo de Groningen (Groninger Museum), con variadas coleccións, desde porcelanas chinesas a obras pictóricas desde o século XVI á actualidade;
- Museo Naval do Norte (Noordelijk Scheepvaartmuseum);
- Museo do Tabaco (Tabaksmuseum), todo tipo de obxectos en relación con o tabaco