Bulgaria - България
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: Съединението прави силата (Búlgaro: A unión fai a forza) |
|||
Lingua oficial | Búlgaro | ||
Capital poboación (ano) |
Sofia 1 246 791 (1-09-2006) |
||
Presidente | Georgi Parvanov | ||
Primeiro-ministro | Sergey Stanishev | ||
Área | 110.910 km² | ||
Poboación (2000) | 7.707.495 | ||
Independencia
|
Do Imperio Otomano
|
||
Moeda | Lev | ||
Fuso horario | UTC +2 | ||
Hino nacional | Mila Rodino (Búlgaro: Querida Patria) |
||
TLD (Internet) | .BG | ||
Código telefónico | 359 |
Bulgaria é un país situado nos Balcáns, limitado ó norte pola Romanía, ó leste polo Mar Negro, ó sur pola Turquía e pola Grecia e polo oeste pola Macedonia e Serbia. Bulgaria foi aceptada na OTAN no 2004 e é membra da Unión Europea dende o 1 de xaneiro do 2007.
Índice |
[editar] Historia
A rexión da actual Bulgaria foi primeiro habitada polos tracios, divididos en numerosas tribos. Era un pobo que non tiña escrita, e o seu legado é composto dalgunhas tumbas e tesouros que deixaron.
No século VII os bulgaros comandados por Khan Asparuh migraron do norte dos Bálcans e fundaron o primeiro Imperio Búlgaro, en 681.
Nos séculos seguintes, entrou en guerra contra o Imperio Bizantino durante diversas ocasións para garanti-la súa existencia. Aínda así, non logrou resisti-la súa independencia sendo invadida polo Imperio Otomano, ó final do século XIV.
Bulgaria recuperou a súa independencia en 1878, como un Principado Autónomo; a súa independencia total foi proclamada en 1908. Pouco tempo depois, nos anos 1912 e 1913, envolveuse na Guerra dos Balcáns.
Durante a Primeira Guerra Mundial e, máis tarde, na Segunda Guerra Mundial, combateu do lado das nacións que serían derrotadas no conflito.
Finalizada a Segunda Guerra Mundial, ficou debaixo da influencia da Unión Soviética e convertiuse nunha república popular en 1946. O goberno comunista veuse abaixo en 1990, cando tiveron lugar as primeiras elecións democráticas.
Bulgaria foi aceptada na OTAN no 2004 e é membra da Unión Europea dende o 1 de xaneiro do 2007.
[editar] Xeografía
Véxase: Xeografía de Bulgaria.
Situación: Bulgaria atópase no surleste de Europa, limita con Rumanía, Serbia, a República de Macedonia, Turquía, Grecia e o Mar Negro. A fronteira norte con Rumanía segue o curso do Danubio ata Silistra.
A xeografía política de Bulgaria modificouse notablemente dende a restauración do estado en 1878. Rusia, cuxas victorias conduciron á súa creación, presionou para que se creara unha "Gran Bulgaria" que incluíra unha gran parte de Macedonia. No Congreso de Berlín de 1878 as demáis potencias déronlle un territorio moito máis reducido, dividido ata 1885 entre os principados de Bulgaria Rumelia Oriental.
Foi reino independente dende 1908 ata 1946 e despois república. Bulgaria quixo expandi-lo seu territorio durante as guerras balcánicas de 1912-1913 e durante as dúas guerras mundiais. A derrota militar fíxolle perder territorio en 1913 e 1919, aínda que en 1940 recuperou o sur de Dobruia, o que foi confirmado no Tratado de París de 1947.
[editar] Provincias e concellos
Entre 1987 e 1999 Bulgaria dividiase en nove provincias (oblasti, singular oblast); desde 1999, dividese en vinteoito. Todas toman o nome da sua capital respectiva:
|
As provincias subdividense en 264 concellos.
[editar] Economía
Véxase: Economía de Bulgaria.
A economia de Bulgaria veuse abaixo despois de 1989, coa desintegración da Unión Soviética , e a diminución do aceso a este mercado. Durante a Guerra Fría, a economia bulgara ficou bastante dependente da URSS. O nivel de vida dos bulgaros caeu un 40% con relación ós niveis anteriores a 1990, soamente retornando ó antigo benestar en xuño do 2004.
As sancións económicas da Organización das Nacións Unidas (ONU) a Iugoslavia e o Iraq tamén perxudicaron á economía búlgara. Os primeiros sinais da recuperación da economia aconteceron en 1994, cando o Produto Interior Bruto (PIB) creceu e a inflación baixou. Entretanto, en 1996, a economia de Bulgaria sufriu unha crise debido ás reformas económicas e a inestabilidade do sistema bancario.
Dende 1997, o país pasa por un periodo de recuperación, co crecemento do PIB dun 4-5%, propiciando unha estabilidade macroecoenómica. Estas condicións fixeron que a Unión Europea aceptase o ingreso de Bulgaria no 2007. O actual goberno, elexido no 2001, prometeu manter os obxetivos fundamentais da política económica adotados polo goberno anterior, en 1997. Ou sexa, retendo a moeda corrente, afondando nas políticas financieiras, a aceleración das privatizacións e proseguir as reformas estruturais. Pese a isto, o goberno aínda se enfronta a un elevado desemprego e a uns baixos niveis de vida.
[editar] Demografía
Composición étnica de Bulgaria | ||||
---|---|---|---|---|
búlgaros | 83.9% | |||
turcos | 9.4% | |||
xitanos | 4.7% | |||
outros | 2% | |||
Segundo o censo do 2001 a poboación de bulgaria está composta maioritariamente por búlgaros (83.9%), con dúas importantse minorías, os turcos (9.4%) e os xitanos (4.7%). Do 2.0% restante, o 0.9% distribúese entre corenta minorías diferentes, os maís numerosos son os rusos, armenios, vlachs, xudeus, tátaros de crimea e karakachans. A xente que non declarou ningún tipo de étnia son 1.1% da poboación total.
O búlgaro é a lingua nai do 84.8% da poboación; é membro das linguas eslavas. O búlgaro é a única lingua oficial, aínda que o turco e o Romaní, son faladas por cadansúa minoría.
A maioría dos búlgaros (82.6%) son, membros da Igrexa ortodoxa búlgara, igrexa nacional da Igrexa Ortodoxa . Outras relixións importantes son o Islam (12.2%), o Protestantismo (0.7%) e o Catolicismo (0.5%), outras denominacións xunto cos ateos forman o 4.1% restante.
Bulgaria posue o menor crecemento poboacional do mundo dende 1950, coa excepción de Saint Kitts e Nevis (debido a súa grande emigración). De feito, o crecemento natural é negativo dende os anos 90, debido á crise económica e á emigración. Hoxe en día Bulgaria está sufrindo unha grave crise demográfica. En 1988 a poboación de Bulgaria era de 8.859.000 habitantes, no censo do 2001 a poboación era de 7.950.000 habitantes.
[editar] Ver tamén
[editar] Ligazóns externas
- Consello de Ministros (en inglés).
- History, art and music in Bulgaria
- Essential History of Bulgaria in Seven Pages
Unión Europea | |
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia | |
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007: | |
Bulgaria | Romanía | |
Países candidatos: | |
Croacia | Macedonia | Turquía |
Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) | |
---|---|
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía |
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |