Finlandia - Suomi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Suomen tasavalta Republiken Finland República de Finlandia |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Finlandia, oficialmente República de Finlandia (en finlandés, Suomi ou Suomen tasavalta; en sueco Finland ou Republiken Finland) é un país nórdico situado no norte de Europa. O país fai fronteira polo oeste con Suecia, polo leste con Rusia e polo norte con Noruega. Polo oeste e polo sur está rodeada polo Báltico, mar que a separa de Suecia e Estonia, atravesando o Golfo de Finlandia. A capital e maior cidade do país é Helsinqui.
Cara o ano 2007, Finlandia tiña unha poboación de 5,3 millóns de habitantes nunha área de 338.145 kilometros cuadrados. A grande maioría da poboación do país atópase no extremo sur, na costa do Golfo de Finlandia e os seus arrabais. Finlandia é o sexto país máis grande de Europa en terminos de área, e cuenta cunha baixa densidade poboacional de 15,5 habitantes por quilómetro cadrado o que o converte ao país no menos densamente poboado dentro da Unión Europa. A maioría dos finlandeses falan o finlandés como a súa lingua materna, a cal é unha das poucas linguas oficiais da Unión Europea que non descenden da familia indoeuropea. A segunda lingua oficial de Finlandia é o sueco, o cal é falado por un 5,5% da poboación nacional.
Previamente Finlandia foi parte de Suecia e dende 1809 a 1917, cando obtivo a súa independencia, o país foi o autónomo Gran Ducado de Finlandia como parte da Rusia Imperial. Hoxe en día, Finlandia é unha república, parlamentaria e democrática. O país é membro das Nacións Unidas e da Unión Europea dende 1995. A economía de Finlandia é unha das máis prosperas do continente, baseándonse nos importantes sectores de servizos así como de manufactura. No país existe un estado de benestar así como unha política altamente democrática e con niveis sumamente baixos de corrupción. O país conta co euro como moeda oficial dende o 1 de xaneiro de 1999.
Índice |
[editar] Historia
Descubrimentos arqueolóxicos comproban que a área hoxe comprendida como Finlandia xa estaba poboada durande a Idade de Pedra, cando o xeo resultante da derradeira glaciación recuou. Pénsase que os primeiros habitantes eran pobos cazadores e recolectores que vivían daquilo que o mar (Mar Báltico) lles fornecía.
Durante os séculos IX e X, a cultura Viquinga prosperou en Suecia co comercio e aquel pobo iniciou a conquista de novas terras. A invasión dirixiuse en primeiro lugar para oriente, na dirección de Finlandia, dos Paises bálticos, Rusia e o Mar Negro.
En 1389, os tres estados escandinavos (Noruega, Suecia e Finlandia) estaban unidos baixo un só monarca - a Unión de Kalmar, que comezou como unha unión persoal.
[editar] Economía
Véxase tamén: Economía de Finlandia.
Finlandia ten unha altamente industrializada e liberalizada economía, cunha renda per cápita máis alta cá do Reino Unido, Francia, Alemaña ou Italia. O nivel de vida finlandés é alto. O seu sector chave económico é a manofacturación, principalmente a madeira, metais, enxeñería, telecomunicacións (especialmente Nokia), e outras industrias eléctricas. O comercio é importante con exportacións equivalentes a case unha terceira parte do PIB. Agás a madeira e algúns metais, Finlandia depende da importación do cru, enerxía e algúns compoñentes da manofacturación.
Debido ó seu clima, o desenvolvemento da agricultura está limitado á autosuficiencia nos produtos básicos. A forestación, un sector importante, supón a segunda ocupación para a poboación do rural. Cunha rápida integración coa Europa Occidental, Finlandia foi un dos 11 países que se uniron ó sistema monetario do Euro, en xaneiro de 1999. O crecemento foi débil no 2002, mais caeu lixeiramente no 2003 pola crise económica mundial.
[editar] Subdivisións
A reforma de 1997 refundiu en só 6 as 12 provincias que compoñían tradicionalmente o mapa finlandés:
- Provincia de Finlandia Meridional (Etelä-Suomen lääni/Södra Finlands län), capital Hämeenlinna
- Provincia de Finlandia Occidental (Länsi-Suomen lääni/Västra Finlands län), capital Turku
- Provincia de Finlandia Oriental (Itä-Suomen lääni/Östra Finlands län), capital Mikkeli
- Provincia de Oulu (Oulun lääni/Uleåborgs län), capital Oulu
- Provincia de Laponia (Lapin lääni/Lapplands län), capital Rovaniemi
- Provincia das Illas de Åland (en sueco Åland, en finés Ahvenanmaa), capital Mariehamn (en finés Maarianhamina)
A provincia das Illas de Åland ten un alto grao de autonomía.
[editar] Xeografía
Finlandia é un país con millares de lagos e illas, 187.888 lagos e 179.584 illas, máis concretamente. Un destes lagos, o Saimaa, é o 5º maior lago de Europa. A paisaxe finlandesa é predominantemente cha, con algunhas colinas e montes baixos. O punto máis alto do país, o Haltitunturi, con 1.328 m, encóntrase no extremo norte da Laponia. Ademais dos moitos lagos, a paisaxe está dominada por grandes extensións de flora boreal (preto do 60% da área terrestre) e pouca terra arable. A maior parte das illas encóntra-se ao sudoeste, formando parte do arquipélago das illas Åland. Finlandia é un dos poucos países do mundo que está a medrar: debido ao levantamento isostático da Escandinavia, que ocorre desde a derradeira idade glaciar, a superficie do país crece preto de 7 km² por ano.
O clima da Finlandia meridional é temperado. Na Finlandia do Norte, e en especial na provincia da Laponia, domina un clima subártico, caracterizado por invernos fríos e ocasionalmente severos e veráns relativamente temperados.
Un cuarto do territorio finlandés sitúase ao norte do Círculo Polar Ártico, e consecuentemente é posible experimentar o sol da media-noite — cada vez durante máis días a medida que se camiña cara ó norte. No punto máis setentrional da Finlandia, o sol non se pon durante 73 días no verán e non chega a nacer durante 51 días no inverno.
[editar] Demografía
Hai dúas linguas en Finlandia: o finés, lingua ugrofinesa falada polo 92% da poboación e o Sueco, lingua nai do 5,5% da poboación. Os finlandeses de orixe e os finlandeses de orixe sueca suponse que están chamados a formar unha única nación. Os finlandeses de orixe sueca concéntranse nas zonas costeiras, e hai unha lixeira diferenza cultural entre a cultura dos finlandeses de orixe, asentados nos lagos e bosques, e a cultura dos finlandeses de orixe sueca asentados nas costas máis orientais. Esta división pode ser considerada coma una diferenza étnica, pero esta diferenza é moi pequena e non moito máis pronunciada cá diferenza entre os finlandeses do leste e os do oeste. Outras linguas minoritarias inclúen o Ruso e o Estoniano. No Norte, na Laponia atópanse as linguas Sami, cun número de falantes que non chega ós 7.000.
A maioría dos finlandeses (84%) son membros da Igrexa Evanxélica Luterana da Finlandia, e unha minoría do 1% pertence á Igrexa Ortodoxa da Finlandia. Outras crenzas relativamente pequenas son os a Igrexa Católica Romana, o Islam e o Xudaísmo ademais dun 14% da poboación non clasificada en ningún destes grupos.
Despois da Guerra fría o 12% da poboación da Finlandia tivo que ser reorganizada. Reparacións, desemprego e unha descorcertante oportunidade de manter a soveranía e independencia da Unión Soviética contribuiu a unha considerabel emigración nos primeiros meses de 1970. Despois diso, uns 500.000 finlandeses emigraran, na súa meirande parte á Suecia, aínda que a metade destes emigrantes voltaron de novo.
Desde a década dos noventa, Finlandia está a recibir refuxiados e inmigrantes cun ratio comparable ós países escandinavos, aínda que a poboación étnica minoritaria se mantén moi por debaixo da dos outros países. Un considerable número dos inmigrantes chegaran desde a Unión Soviética. Sen embargo, máis de 20 linguas son faladas agora en Finlandia por grupos de considerable tamaño, é dicir, con máis de mil falantes.
A poboación finlandesa estivo sempre concentrada nas partes do Sur do país, o cal se vén pronunciando desde o século XX(urbanización). As maiores e máis importantes cidades de Finlandia son Helsinqui, Tampere, Turku (a antiga capital) e Oulu, sendo Oulu a única destas cidades na parte central do país.
Despois de ter un dos máis altos porcentaxes de morte por enfermidades cardiovasculares do mundo na década dos setenta, un programa do goberno para mellorar a dieta e facer máis exercicio fixo que o problema mellorase. Finlandia é agora un dos países máis saudables do mundo.
[editar] Ligazóns externas
- Ministerio da Defesa da Finlandia en finlandés e inglés
- Estatísticas da Finlandia
Unión Europea | |
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia | |
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007: | |
Bulgaria | Romanía | |
Países candidatos: | |
Croacia | Macedonia | Turquía |
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |
|
---|
Pobos finopérmicos: |