See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ucraína - Україна - Wikipedia

Ucraína - Україна

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Україна
Ukrayina
Ucraína
Bandeira de Ucraína Escudo de Ucraína
Bandeira Escudo
Lema: Volia, Zlahoda, Dobro
Liberdade, Acordo, Bondade
Himno nacional: Sche ne vmerla Ukraina
 
 
Capital
 • Poboación
Kiev
2.660.401 hab. (2005)
Cidade máis poboada Kiev
Lingua oficial n/d
Forma de goberno República presidencialista
Viktor Yushchenko
Iulia Timoxenco
Independencia
- declarada
- refrendada
da URSS
24 de agosto de 1991
1 de decembro de 1991
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 45º
603.700 km2
desprezable
4.558 km
2.782 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 26º
46,710,816
80 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 52º
US$ 106.072 millóns
US$ 2.274 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 30º
US$ 356.228 millóns
US$ 7.637 (2006)
IDH n/d
Moeda Hryvnia (UAH)
Xentilicio Ucraíno, Ucraína
Fuso horario EET
Dominio de Internet .ua
Prefixo telefónico +380
Prefixo radiofónico EMA-EOZ / URA-UZZ
Código ISO 804 / UKR / UA
Membro de: ONU, OSCE, CEI
Tódolos países do mundo

A Ucraína é unha nación eslava situada, en liñas xerais, entre os Mares Negro e o Azov e o Río Prepiat, entre as Planicies Húngaras, a foz do Danubio e o Río Don. Os ríos Dnipró e o Dniester son, e sempre foron, os límites xeográficos centrais da Ucraína. A cidade de Kiev é a vella capital e o centro da vida cultural ucraniana. Sendo así, a Ucraína confina ao sur cos mares Negro e Azov ; ao sudoeste coa Moldavia, Romanía, Hungría e Eslovaquia; ao oeste coa Polonia e Bielorrusia; ao norte coa Rusia; a leste o limite da Ucraína atinxe case as estepas do Volga e a rexión caucásica.

Esténdese por un territorio xeográfico de 603.700 km² e un território etnográfico mixto de 945.000 km², a Ucraína é o segundo maior país da Europa (apenas ficando atrás da Rusia).

A poboación actual da Ucraína sitúase en case 48 millóns de habitantes.

Índice

[editar] Clima

Estando situada entre os paralelos 43o e 53o do Polo Norte, o seu clima, nas rexións setentrionais, é temperado frío. Os invernos son longos e rigorosos, co solo recoberto de neve. Na primavera os ríos corren engorxitados, gorgolexando a auga do dexelo. No sur o clima é mais ameno. O estío é mais longo. O chan quence. O clima tórnase mediterráneo. O Mar Negro anúnciase coas súas praias piscosas coas “flechas’’ de area e de saibro retendo por veces, atrás de si, pantanos salgados. Na produción de trigo, cebada e remolacha, a Ucraína ocupa o terceiro lugar no mundo. Alén da cultura de cereais e da produción pecuaria, a Ucraína destaca polas ricas reservas de minerais, sobretodo de carbón, ferro e manganeso.

[editar] Historia

Gran parte do territorio actual da Ucraína, nomeadamente a provincia da Galitsia, pertenceu ata ao inicio do século XX ao Imperio Austro-Húngaro. No século XX será parte da URSS como a República Socialista Soviética de Ucraína.

[editar] Xeografia

Mapa da Ucraína
Mapa da Ucraína

A paisaxe ucraniana consiste principalmente de planicies fértiles ou estepas e planaltos, atravesados por ríos como o Dniepr, Donets, Dnister Bug do Sur, que escoan para o Mar Negro e para o pequeno Mar de Azov. A sudoeste, o delta do Danubio serve de fronteira coa Romanía. Só se encontran montañas na cordilleira ocidental dos Cárpatos, dos cales o pico mais alto é o Hora Hoverla con 2,061 m, e na península da Crimea no extremo sur, ao longo da costa.

A Ucraína tén un clima temperado continental, aínda que se atopa un clima mais mediterraneo na costa sur da Crimea. A precipitación está distribuída desproporcionadamente: é maior no oeste e no norte e menor no sur e no leste. Os invernos varían de frescos ao longo da costa do Mar Negro a fríos no interior. Os veráns son mornos na maior parte do país, mais en xeral quentes no sur.

[editar] Cidades Principais

[editar] Demografía

Número de habitantes en miles
Número de habitantes en miles

A demografía de Ucraína esta constituída nun 75% por ucraínos étnicos e un 20% de poboación de orixe rusa. As orixes minoritarias son: os romaneses e moldavos (0,8%), bielorrusos (0,6%) tártaros (0,5%), polacos, húngaros, búlgaros, gregos, xitanos e xudeus.

As rexións industriais, que se sitúan ao leste e sueste de Ucraína, son as máis densamente poboadas. O 70% da poboación reside en cidades. A lingua ucraína é a oficial e a máis falada no occidente, suroeste e norte do país, aínda que o ruso é coñecido pola maior parte da poboación e é a lingua máis utilizada nas cidades grandes.

[editar] Relixión en Ucraína

A principal relixión é a da Igrexa Ortodoxa Ucraína, aínda que existe unha pequena minoría da Igrexa Greco-Católica Ucraína, que practica o rito oriental, pero que recoñece a autoridade do Papa da Igrexa católica.

[editar] Economia

Ver artigo principal: Economía de Ucraína.

[editar] Cultura

Ucraína ten un legado histórico importante; Kiev foi o centro de moitos dos acontecementos que formaron a orixe das culturas ucraniana, rusa e bielorusa. Os iconos ucranianos e a arquitectura das igrexas ortodoxas son especialmente destacados, a pesar da destrución de algúns grandes monumentos nacionais no período estalinista como parte do ataque ao espírito nacional ucraniano. Hai tamén unha forte cultura popular manifestada, sobre todo, na música. No principado de Kíev escribíronse textos no antigo eslavo eclesiástico, a máis antiga mostra de literatura ucraniana, que constituiu a fundación da literatura rusa; o mesmo idioma ucraniano desenvolveuse de forma independente despois do século XIII, pero os escritores ucranianos preferiron usar o ruso como lingua literaria dende o s.XVIII ata pasado o século XIX, cando tivo lugar un resurxir nacional.

O folclore ucraniano é un dos máis ricos dos eslavos orientais, a súa riqueza musical (cantada e bailada) foi a base dos coñecidos coros do exército roxo (a maioría das cancións cantadas eran en lingua ucraniana, e os bailes eran cosacos). Ucraína gañou o Festival de Eurovisión en 2004, polo tanto celebrouse en Kiev o Festival de Eurovisión o 19 e 21 de maio, semifinal e final, respectivamente, facendo de Kiev unha cidade que atraeu a xente de toda Europa.

A nivel culinario a cociña ucraniana ofrece: borsch, capusniak, golubtsi, vareneki, nalesneki e outros moitos pratos.

[editar] Vexase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -