Clima mediterráneo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As rexións de clima mediterráneo combinan veráns quentes e secos con invernos fríos e pouco chuvosos. Como o proprio nome indica, este tipo de clima é o típico da zona do mar Mediterráneo.
O clima mediterráneo é quente e seco no verán e é moderado e húmido no inverno. As precipitacións ocorren sobre todo durante 2 a 4 meses, no inverno, sendo raras no resto do ano.
Nas rexións situadas a rentes do mar Mediterráneo os veráns son menos secos que os das outras rexións deste clima.
[editar] Flora
A vexetación, na súa forma orixinal, caracterizábase sobre todo por árbores; debido á intervención humana e problemas ambientais, as árbores foron sendo substituídas por arbustos, especialmente arbustos esclerófitos, aparecendo herbas aromáticas, gramíneas e, por suposto, árbores.
Esta vexetación é predominante, de folla persistente e presenta follas espesas e pequenas, o que axuda a reducir as perdas de auga por transpiración. Algunhas plantas poden tamén ter espiños, o que as protexe de seren comidas polos animais.
As árbores son, normalmente, de pequeno porte. Posuen cascas gordas e duras e grandes ramificacións. Predominan os carballos: carballo, carballo negral, sobreiras, carrascos e aciñeiras. Outra árbore moi común na área mediterránea é a oliveira. Nalgunhas rexións aparecen aínda piñeiros (como o piñeiro manso) e o acibro.
Nas áreas con pouca precipitación, as plantas adaptáronse a condicións secas, sendo as súas follas pequenas e por veces, tan reducidas que semellan agullas, o que lles permite conservar a auga. Outras teñen as follas cobertas por unha película cerosa e noutras as follas reflecten a luz solar.
Algunhas plantas desenvolveron, mesmo, adaptacións que lles permiten resistir aos lumes frecuentes que ocorren na estación seca: algunhas reprodúcense moi axiña a partir das raíces, despois de arder a parte aérea; noutras, a brea que reveste as piñas derrete durante o incendio permitindo que aibran os frutos e se espallen as sementes; noutras incluso as sementes, que teñen condicións para vivir durante moito tempo, xermolan despois do lume.
[editar] Fauna
A fauna é moi variada e tamén se encontra adaptada ás condicións ambientais. Por exemplo, os animais son a cotío pequenos, necesitando de pouca auga e teñen hábitos nocturnos.
Aparecen coellos, lebres, porcos bravos, ratos, veados, porco teixos, diversos tipos de reptis, unha grande variedade de aves, sobre todo aves migratorias e insectos.