See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Luz - Wikipedia

Luz

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Focos de luz
Focos de luz

luz s.f.

  1. Enerxía que permite a iluminación dos obxectos para que sexan vistos. A luz do sol é natural. É malo traballar sempre con luz artificial.
  2. Punto do que sae esa enerxía. Non acendas tódalas luces.
  3. fig. Aquilo que axuda a comprender algo. Os novos datos botaron luz sobre o problema.
  4. pl. fig. Capacidade intelectual dunha persoa. Un rapaz con moitas luces.
Dar a l. Parir.

Índice

[editar] Natureza da Luz

Luz significa a miúdo a porción do espectro electromagnético visible ó noso ollo, mais tamén pode referirse a outros xeitos de radiación electromagnética. As tres dimensións básicas da luz (e de toda radiación electromagnética) son brillo (ou amplitude), cor (ou frecuencia), e polarización (ou ángulo de vibración). Pola dualidade onda-partícula, a luz exhibe de xeito simultáneo propiedades tanto de onda coma de partícula.

[editar] Teorías

  • Teoría corpuscular
    • Foi proposta por Isaac Newton no século XVII
    • Argumentou que a luz está feita por pequenas partículas materiais (corpúsculos)
    • Os corpúsculos son emitidos en todas as direccións
    • Soporta o feito da luz reflectida
    • Argumenta que a velocidade da luz crece ó entrar nun medio máis denso porque a gravidade tira deles con máis forza
    • Argumentos descartados pola teoría ondulatoria

  • Teoría ondulatoria (ou de raios)
    • Proposta primeiro por Christiaan Huygens no século XVII
    • Argumenta que a luz é emitida só como unha serie de ondas
    • As ondas son emitidas en todas as direccións
    • As ondas non son afectadas pola gravidade, baixando a velocidade ó entrar nun medio máis denso
    • Descartada pola teoría corpuscular
    • Pode interferir con outras ondas como as sonoras (enunciado no século XVIII por Thomas Young)
    • As ondas poden ser polarizadas
    • Asume que a luz necesita un medio para a súa transmisión como ocorre co son


  • Teoría Cuántica (ou Dualidade onda-partícula)
    • Combina as tres teorías anteriores
    • comeza a existir no final do século XIX
    • Max Planck propuxo que as ondas luminosas están constituídas por paquetes enerxéticos coñecidos como cuantos ou fotóns (en 1900)
    • A luz preséntase como partículas e como ondas.

[editar] Características da Luz Visible

A luz visible é aquela porción do espectro electromagnético entre unha lonxitude de onda achegada a 400 nanometros (abreviado nm) e 800 nm (no aire). A luz tamén pode ser caracterizada pola súa frequencia. A frecuencia e a lonxitude de onda da luz obedecen á relación:

v = λf (Fórmula da Velocidade da Luz ou outra onda calquera),

onde λ é o cumprimento de onda, f é a frequencia, v é a velocidade da luz. Se a luz estivese a viaxar en vacio, entón v = c, logo

c = λf,

onde c é a velocidade da luz. Podemos expresar v como

v = c / n

onde n é unha constante (o índice de refracción) o que é unha propiedade do material polo cal a luz pasa.


[editar] Cambio na velocidade da Luz

A luz propágase a unha velocidade finita. Aínda os observadores móbiles sempre miden a mesma velocidade da luz (c) se se está a propagar polo baleiro, velocidade que resulta ser = 299,792,458 metros por segundo (ms-1); No entanto, cando a luz pasa a través dunha substancia transparente, como ar, auga ou vidro, a súa velocidade vese reducida, sufrindo refracción (variación na súa dirección de propagación). Así, n=1 no baleiro e n>1 na materia, sendo n o chamado índice de refracción, igual a c/v, onde v é a velocidade no medio diferente do baleiro.

[editar] Historia da Velocidade da Luz

A velocidade da luz foi medida moitas veces por moitos físicos. A mellor medida realizada nos comezos é debida a Olaus Roemer (físico danés), no 1676. Foi el quen desenvolveu un método para medir a velocidade da luz por medio do movemento aparente dun satélite do planeta Xúpiter usando o telescopio. Foi posible a medición observando que a lúa debía pasar por diante de Xúpiter a intervalos iguais. Roemer descubriu que a lúa xiraba en torno a Xúpiter cun período de 42-1/2 horas cando a Terra estaba máis próxima de Xúpiter. O problema era que cando a Terra e Xúpiter se afastaban, o período de revolución da lúa parecía ser maior, volvendo ó acortarse ó achegarse novamente. Estaba claro que a luz tardaba máis en chegar á Terra ó distanciarse Xúpiter. A velocidade da luz foi calculada analizando a distancia entre os dous planetas en diferentes tempos. Roemer chegou a unha velocidade de 227,000 quilómetros por segundo (km.s-1).

Albert A. Michelson mellorou o traballo de Roemer en 1926. Usou un espello rotatorio para medir o tempo que tardaba a luz en ida e volta entre o monte Wilson e o San Antonio en California. As precisas medidas proporcionaron unha velocidade de 299,796 km.s-1). No uso diario, redondéase a 300,000 km/s.

[editar] Óptica

O estudo da luz e a interacción entre luz e materia é chamada óptica. A observación e estudo de fenómenos ópticos como o arco da vella ofrece claves da natureza da luz e tamén diversión.

[editar] Cor e características de Onda

Diferentes lonxitudes de onda son interpretadas polo cerebro humano como cores, do vermello a lonxitudes de onda longas (baixas frecuencias) ó violeta ás lonxitudes de onda máis curtas (máis altas frecuencias). As frecuencias intermedias son vistas como laranxa, amarelo, verde, azul, e, de xeito convencional, índigo. As frecuencias do espectro inmediatamente fóra do rango visible polo ollo humano son chamadas ultravioleta (UV) para o límite de altas frecuencias e infravermello (IR) para o de baixas. Os humanos non podemos ver IR, pero percibímolo como calor a través da pel. Hai cámaras que poden coller IR e convertelo en luz visible, chamadas de visión nocturna. A radiación UV non é percibida por nós en absoluto, exceptuando como sobreexposición, queimado por luz solar ou semellante. Algúns animais, como as abellas, poden ver UV mentres outros, como algún tipo de víbora pode ver IR.

[editar] Medición da Luz

As cantidades e unidades seguintes son usadas para medir a luz.

  • brillo (ou temperatura)
  • luminiscencia ou iluminación (unidade SI: lux)
  • fluxo luminoso (unidade SI: lumen)
  • intensidade luminosa (unidade SI: candela)


[editar] Fontes de luz

Farola da Alameda de Santiago.
Farola da Alameda de Santiago.
  • radiación térmica (radiación do corpo negro)
  • emisión de espectro atómico (liñas de emisión, emisión estimulada ou emisión espontánea)
    • láser e máser (emisión estimulada)
    • diodo emisor de luz
    • lámpadas de descarga gasosa (sinais de neon, lámpadas de mercurio, etc)
    • lapas (producidas polo gas quente, ver enrriba)
  • aceleración dunha partícula libre cargada (xeralmente un electrón)
    • radiación ciclotrón
    • radiación Bremsstrahlung
    • radiación Cherenkov
  • quimioluminescencia
  • fluorescencia
  • fosforescencia
    • tubo de raios catódicos
  • bioluminiscencia
  • sonoluminiscencia
  • triboluminiscencia
  • desintegración radiactiva
  • aniquilación partícula-antipartícula

[editar] Unha Onda de Luz

Imaxe:onda.png
A única característica da onda non vista aquí (por necesidade de transcurso temporal) é a frecuencia.



[editar] Véxase tamén

  • Principio de Huygens
  • Temperatura da cor
  • Iluminación
  • Comisión Internacional sobre Iluminación
  • Dualidade onda-corpúsculo
  • Polución luminosa
  • reflexo fótico automático


Espectro electromagnético
Ondas de radio | Microondas | Infravermello | Espectro visible | Ultravioleta | Raios X | Raios gamma
Espectro visible(luz): Vermello | Laranxa | Amarelo | Verde | Azul | Violeta


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -