Velocidade da luz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A velocidade da luz (c) no vacío é exactamente 299.792.458 metros por segundo (1.079.252.848,8 km/h). Noutros meios, esta velocidade é menor e depende do índice de refracción.
A primeira proba experimental de que a luz tiña unha velocidade finita debeuse a Ole Christensen Rømer, que a calculou cunha precisión notable - tendo en conta o suporte técnico e teórico de que dispuña (Newton aínda non escribira os Principia Mathematica).
É con James Clerk Maxwell, e coas Ecuacións de Maxwell, cando se dispón dun marco teórico que insire a luz no eido do electromagnetismo, convirtindo a velocidade da luz no baleiro, na velocidade das ondas electromagnéticas no mesmo. Pero será Einstein quen a convirta na trabe de ouro da teoría da relatividade, establecéndoa coma límite universal de velocidades e invariante respecto de calquera sistema de referencia, sexa inercial ou non.
[editar] Artigos relacionados