James Clerk Maxwell
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
James Clerk Maxwell (Edimburgo 1831 - Cambridge 1879) foi un físico escoces, pai das catro ecuacións que demostraron que a electricidade e o magnitismo podían ser simplificados nun só fenómeno: o electromagnetismo e demostrou que os campos magnético e eléctrico atravesan o espazo, sobre a forma de ondas, á velocidade da luz, tamén defendeu que a luz é unha forma de radiación electromagnética. .
[editar] Biografía
Nado nunha familia de clase media, a súa nai morreu cando aínda era un neno, e quedou baixo a tutela da súa tía, con só dezaseis anos entrou na Universidade de Edimburgo, e en 1850 pasou á de Cambridge, onde destacou pola súa extraordinaria capacidade para resolver problemas relacionados coa física. Graduouse en 1854 pero a mala saúde do seu pai obrigouno a regresar a Edimburgo e renunciar a unha praza no Trinity College de Cambridge. En 1856, logo da morte do seu pai, foi nomeado profesor de filosofía nartural no Marischal College de Aberdeen. En 1860, deixa a recén creada Universidade de Aberdeen para dar clases no King’s College de Londres, entrou na Royal Society (1861) e en 1871 foi nomeado director do Cavendish Laboratory.