See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Terra (planeta) - Wikipedia

Terra (planeta)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Astronomía en progreso: Este artigo relacionado coa Astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Terra
Vista da Terra dende o Apolo XVII.
Vista da Terra dende o Apolo XVII.
Características da órbita (Época J2000)
Eixo semi-maior 149 597 887 km
(1,000 000 11 AU)
Circunferencia orbital 0,940 Tm
(6,283 AU)
Excentricidade orbital 0,016 710 22
Perihelio 147 098 074 km
(0,983 289 9 AU)
Afelio 152 097 701 km
(1,016 710 3 AU)
Ano sidéreo (Período orbital sidéreo) 365,256 96 días
(1,000 019 1 a)
Período Sinódico n/d
Velocidade Orbital Media 29 783 km/s
Velocidade Orbital Máxima 30 287 km/s
Velocidade Orbital Mínima 29 291 km/s
Inclinación Orbital en relación coa Eclíptica 0,000 05°
(7,25° respecto ó ecuador solar)
Lonxitude do nodo ascendente 348,739 36°
Argumento do perihelio 114,207 83°
Satélites 1 (Lúa), ver tamén 3753 Cruithne
 
Características físicas
Diámetro ecuatorial 12 756,28 km
Diámetro Polar 12 713,56 km
Diámetro medio 12 742,02 km
Aplastamento 0,003 35
Circunferencia Ecuatorial 40 075 km
Circunferencia Polar 40 008 km
Área superficial (superficie) 510 067 420 km²
Volume 1,0832×1012 km³
Masa 5,9736×1024 kg
Densidade 5,515 g/cm³
Gravidade no Ecuador 9,780 m/s² 1
(0,997 32 gee)
Velocidade de Escape 11,186 km/s
Día Sidéreo (Período de rotación sidéreoSidereal rotation period) 0,997 258 d (23,934 h)
Velocidade de Rotación 1674,38 km/h = 465,11 m/s
(no ecuador)
Inclinación do eixe de xiro 23,439 281°
Ascensión Recta
do Polo Norte
0° (0 h 0 min 0 s)
Declinación 90°
Albedo 0,367
Temperatura Superficial Media
- min
- media
- max

-88,3 °C
14 ºC
57,7 ºC
Presión Atmosférica Superficial 100 kPa
 
Constituíntes Atmosféricos
Nitróxeno 77%
Osíxeno 21%
Argon 1%
Dióxido de Carbono

Vapor de auga

trazas

A Terra é o terceiro planeta do Sistema Solar, onde habitan os humanos entre outras moitas especies.

A Terra formouse fai 4.570 millóns de anos, ao igual que o resto do sistema solar. A súa distancia media ó Sol é considerada a Unidade Astronómica (AU) ('Astronomical unit'), igual a 149.597.870,69 km. Adoita redondearse a 1,5x1011m. Ten un só satélite, a Lúa.

Índice

[editar] Historia

Ver artigo principal: Historia da Terra.

A Terra formouse fai 4.567 millóns de anos a partir da nebulosa solar, xunto có Sol e os outros planetas do sistema solar. A Lúa formouse máis tarde, posiblemente coma resultado do impacto dun obxecto do tamaño de Marte. A primeira molécula auto-replicante apareceu fai 4.000 millóns de anos aproximadamente.

O desenvolvemento da fotosíntese permitíu as formas de vida primitivas obter directamente a enerxía solar, producindo osíxeno que se acumulou na atmosfera dando lugar á capa de ozono. As primeiras células complexas que apareceron foron as chamadas eucariotas. As células que se atopaban en colonias comezaron a especializarse cada vez máis, dando lugar os primeiros organismos multicelulares.

Durante centos de millóns de anos a superficie terrestre cambiou continuamente, formando e rompendo continentes. Aproximadamente fai 750 millóns de anos comezou a romperse o primeiro gran continente coñecido, Rodinia. Posteriormente os continentes recombinaronse para formar Pannnotia fai uns 500 millóns de anos, ata que finalmente formaron a Pangaea, a cal rompeuse fai 180 millóns de anos.

Dende os anos 60 pénsase que varias glaciacións ocorreron durante o periodo neoproterozoico, cubrindo a terra cunha capa de xeo. Estas prececeron á explosión cambriana, periodo no que as formas de vida multicelulares comezaron a proliferar.

Dende a explosión cambriana, fai uns 535 millóns de anos, ocorreron 5 extincións masivas. A última delas tivo lugar fai 65 millóns de anos, cando se extinguiron os dinosaurios e outros grandes reptís. Tras isto, os mamíferos comezaron a diversificarse dando lugar a moitas especies, entre elas os seres humanos.

[editar] Hidrosfera

Ver artigo principal: Hidrosfera.

A abundancia de auga na Terra é un dos factores que distinguen ao "Planeta Azul" do resto de planetas do sistema solar. Aproximadamente o 70'8% da Terra esta coberta de auga e soamente un 29'2% da mesma é terra firme.

A hidrosfera da Terra abarca os océanos principalmente, pero tamén se inclúen nela tódalas augas que existen no planeta, incluíndo os mares, lagos, ríos e augas soterradas.

[editar] Atmosfera

Ver artigo principal: Atmosfera.

A atmosfera da Terra non ten un límite definido, se non que vai sendo máis fina ata desvaecerse no espazo a medida que se atopa máis lonxe da Terra. A atmosfera terrestre divídise nas seguintes partes: troposfera, estratosfera, mesosfera e termosfera.

A presión atmosférica media na superficie da Terra é de 101.325 kPa. Está composta nun 78% por nitróxeno e nun 21% por osíxeno, ademais de cantidades menores de outras moléculas gaseosas coma por exemplo vapor de auga. A atmosfera protexe as formas de vida presentes na Terra absorvendo a radiación solar ultravioleta, moderando a temperatura, transportando o vapor de auga (nubes) e proporcionando gases útiles para a vida (osíxeno).

[editar] Clima

Ver artigo principal: Clima.

A Terra ten dúas grandes rexións polares, dúas estreitas zonas temperadas e unha ampla rexión tropical. As precipitacións varían moito dunhas zonas a outras, podendo ser de varios metros de auga por ano nunha zona ata menos dun milimetro de auga por ano en outras.

[editar] Biosfera

Ver artigo principal: Biosfera.

As formas de vida do planeta forman a biosfera do mesmo. Créese que esta biosfera comezou a evolucionar aproximadamente fai 3500 millóns de anos. A Terra é o único planeta coñecido que posee unha biosfera.

A biosfera divídese nunha serie de biomas, cada un deles habitados por unha similar e ampla flora e fauna. Os biomas terrestres do Ártico, Antártico ou de grandes altitudes son relativamente escasos en canto a vida vexetal e animal, mentres que os biomas máis poboados son os próximos ao ecuador.

[editar] A Terra vista dende o espazo

Espacialmente, a Terra non é máis ca un planeta do Sistema Solar interno, caracterizado pola cantidade de auga que alberga e a vida que se desenvolve na súa superficie.

Chama a atención vista dende o espazo sendo iluminada polo Sol, a súa cor azulada, amosando os océanos como principal característica visual.

Composición dunha imaxe de toda a superficie terrestre a partir de imaxes de satélite, en proxección plana.
Composición dunha imaxe de toda a superficie terrestre a partir de imaxes de satélite, en proxección plana.

A representación da superficie terrestre non é doada de facer sobre un papel, pois necesita dalgún tipo de proxección, o que deforma a imaxe, superficies ou ángulos.

Imaxe composta da Terra en vista nocturna, realizada a partir de imaxes de satélite tomadas entre outubro de 1994 e marzo de 1995.
Imaxe composta da Terra en vista nocturna, realizada a partir de imaxes de satélite tomadas entre outubro de 1994 e marzo de 1995.

De noite, o que máis chama a atención é a actividade humana manifestada polas luces das cidades.

Imaxe da Terra destacando os detalles físicos
Imaxe da Terra destacando os detalles físicos

Se nos afastamos no espazo, a Terra é inseparable da Lúa, que só deixa de ser visible cando queda detrás dela. Nesta imaxe vese o tamaño relativo da Terra e da Lúa, así como a súa distancia nun momento dado:

Planisferio:

Planisferio
Planisferio
Sistema Solar

Imaxe:Solar System XXVII.png

Sol · Mercurio · Venus · Terra · Marte · Ceres · Xúpiter · Saturno · Urano · Neptuno · Plutón · Eris

Cinto de asteroides | Cinto de Kuiper | Nube de Oort

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -