Mar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un mar é unha larga expansión de auga salgada conectada cun océano. O termo tamén se usa para grandes lagos salinos que non teñen saída natural, como o Mar Caspio, o Mar de Aral e mais o Mar Morto. O termo úsase nun senso menos xeográfico para designar unha parte do océano, como mar tropical ou auga do mar referíndose ás augas oceánicas.
A auga do mar é transparente. Mais, cando ollamos o mar, parece azul, verde ou ata cincento. A cor muda de acordo coa cor do ceo, que se reflicte nel. Tamén depende da cor da terra ou das algas transportadas polas súas augas. A partir dunha certa profundidade, as cores comezan a sumir do fondo do mar. A primeira cor en desaparecer é a vermella, aos seis metros. Despois, aos quince, tamén a amarela. Ata chegar a un punto en que só se ve o azul.
Durante millóns de anos, a choiva formou cursos de auga que ían disolvendo lentamente rochas de todos os períodos xeolóxicos, nas cales o sal común se atopa en abundancia. Eses cursos de auga desembocaban no mar. Como todos os ríos corren para o mar, el ficou con case todo o sal.
Moitos mares son mares marxinais.
Índice |
[editar] Definición de mares, e enumeración divididos por océano
A Organización Hidrográfica Internacional é a autoridade mundial que define os mares e os seus límites. O documento actual de definicion é a publicación especial S-23, "Limites de océanos e mares", 3a edicion, 1953. Unha nova edición do 1986 non foi aínda aprobada debido a discusións nominais (tales como a referida ao Mar do Xapón).
[editar] Océano Pacífico
- Mar de Bering
- Golfo do Alaska
- Golfo da California
- Mar de Okhotsk
- Mar do Xapón
- Mar do leste da China
- Mar do Sur da China
- Mar de Sulu
- Mar de Célebes
- Mar de Bohol (ou de Mindanao)
- Mar das Filipinas
- Mar de Flores
- Mar de Banda
- Mar de Arafura
- Mar de Timor
- Mar da Tasmania
- Mar Amarelo
- Mar de Coral
- Mar de Xava
[editar] Océano Atlántico
- Baía de Hudson
- Baía de James
- Baía de Baffin
- Golfo de San Lourenzo
- Mar Caribe
- Golfo de México
- Mar dos Sargazos
- Mar do Norte
- Mar Báltico
- Golfo de Bothnia
- Mar da Irlanda
- Mar Mediterráneo
- Mar Adriático
- Mar Exeo
- Mar Negro
- Mar Xónico
- Mar Ligur
- Mar de Mirtoon
- Mar Tirreno
- Golfo de Sidra
- Mar de Mármara
- Mar de Creta
- Mar Cantábrico
- Golfo da Guinea
[editar] Océano Índico
- Mar Vermello
- Golfo de Adén
- Golfo Pérsico
- Golfo de Omán
- Mar Arábico
- Baía de Bengala
[editar] Océano Ártico
- Mar de Barents
- Mar de Kara
- Mar de Beaufort
- Golfo de Amundsen
- Mar de Chukchi
- Mar de Laptev
[editar] Océano Antártico
[editar] Mares Continentais
- Mar de Aral
- Mar Caspio
- Mar Morto
- Mar da Galilea
[editar] Mares extraterrestres
As Lunar maria son vastas chairas basálticas na Lúa que se chamaron mares porque os primeiros astrónomos así se referían a elas, pensando que estas eran corpos de auga.
Asúmese que hai auga líquida baixo a superficie de moitas lúas, máis marcadamente Europa, unha lúa de Xúpiter.
Considérase que nun pasado remoto existiu auga líquida na superficie de Marte, e suponse que varias bacías de Marte son antigos mares agora secos.
Tamén se pensa que hai hidrocarburos en estado líquido na superficie de Titán, a pesar de que se poden considerar máis "lagos" que "mares". A distribución desas rexións líquidas será mellor comprendida despois da chegada da Sonda Cassini.
[editar] Física cuántica
O termo mar tamén se usa na física cuántica, en concreto o Mar de Dirac, que é unha interpretación dos estados de enerxía negativa que inclúe o vacío.
[editar] Disciplinas e técnicas relacionadas co mar
- náutica,
- pesca,
- cordas e nós,
- maquinaria,
- bioloxía,
- taxonomía (especies pesqueiras),
- xeografía mariña,
- oceanografía,
- acuicultura,
- carpintaría de ribeira,
- siderurxia/metalurxia/construción naval,
- xestión de recursos pesqueiros,
- ciencias do mar,
- embarcacións,
- oficios e profesións,
- radio e telecomunicacións marítimas,
- navegación,
- xurisprudencia e dereito do mar,
- convencións marítimas.