See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lúa - Wikipedia

Lúa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lúa (homónimos).
Lúa
Imaxe da Lúa tal e como a vemos dende a Terra.
Características orbitais
Raio medio 384.400 km
Excentricidade 0,0549
Período de revolución 27d 7h 43,7m
Inclinación 5,1454°
É satélite da Terra
Características físicas
Diámetro ecuatorial 3.474,8 km
Área da superficie 38 millóns de

km²

Masa 7,349 × 1022 kg
Densidade media 3,34 g/cm3
Gravidade á superficie 1,62 m/s2
Período de rotación 27d 7h 43,7n
Inclinación axial 1,5424°
Albedo 0,12
Temp. á superficie
mín med máx
K 250 K K
Características atmosféricas
Presión atmosférica 3 × 10-13kPa
Helio 25%
Neon 25%
Hidróxeno 23%
Argon 20%
Metano

Amonio
Dióxido de carbono

trace
Composición da crosta
Osíxeno 43%
Silicio 21%
Aluminio 10%
Calcio 9%
Ferro 9%
Magnesio 5%
Titanio 2%
Níquel 0.6%
Sodio 0.3%
Cromo 0.2%
Potasio 0.1%
Manganeso 0.1%
Xofre 0.1%
Fósforo 500ppm
Carbono 100ppm
Nitróxeno 100ppm
Hidróxeno 50ppm
Helio 20ppm

A Lúa é o satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. A rotación da Lúa foise sincronizando ó longo do tempo coa da Terra, de xeito que sempre se observa aproximadamente a mesma parte de superficie dende a Terra.

Índice

[editar] Órbita da Lúa

A Lúa xira arredor da Terra, acompañándoa no seu xiro arredor do Sol. A súa órbita é elíptica, cun perixeo a 356.400 km e un apoxeo a 406.700 km, momento no que a lúa se ve máis pequena aínda estando chea (de calquera xeito, non deixa de ser unhas 25.000 veces máis brillante ca Sirio).

[editar] Fases da Lúa

Fases da lúa.
Fases da lúa.
Artigo principal: Fases da lúa.
  • Lúa crecente: fase da Lúa desde a lúa nova ata a lúa chea. Neste caso é máis empregado cuarto crecente ou o crecente (da lúa). Chámase así porque cada día vese máis superficie lunar.
  • Lúa chea: estado da Lúa en que se ve desde a Terra todo o disco desta (a cara visible). Plenilunio (culto).
  • Lúa minguante: fase da Lúa que vai desde a chea ata a nova. Coma no caso da lúa crecente, son máis empregadas as denominacións cuarto minguante ou o minguante, a minguante (da lúa). Devalo (culto).
  • Lúa nova: fase da Lúa na que esta é iluminada polo Sol na cara oposta á Terra, e polo tanto non se ve máis que a súa sombra. Novilunio (culto).
  • Lúa vella: é equivalente á Lúa chea.

[editar] Formación da Lúa

A orixe da Lúa é incerta, mais as similaridades no teor dos elementos atopados tanto na Lúa canto na Terra indican que ambos os corpos puideron ter unha orixe común.

Nese aspecto, algúns astrónomos e xeólogos alegan que a Lúa teríase desprendido dunha masa incandescente de rocha licuefeita primordial, recén formada, a través da forza centrífuga. Outra corrente supón que o choque dun planeta desaparecido, denominado Theia, e aínda no principio da formación do planeta, tería forzado a expulsión dunha masa de rocha líquida, que sería aprisionada polo campo gravitacional do corpo maior. Esta teoría recibiu o nome de Big Splash.

Hai aínda un grupo de teóricos que consideran que, sexa cal fose a forma como surxiron, habería dous satélites naturais orbitando a Terra: o maior sería a Lúa, e o menor tería voltado a chocar coa Terra, formando as masas continentais.

[editar] Exploración Lunar

Cráter Daedalus.
Cráter Daedalus.

No comezo da década de 1960, o presidente John F. Kennedy puxo como meta para os Estados Unidos de América o envío dun home á Lúa antes da fin desa década. Este desafío concretouse no proxecto Apollo. O 20 de xullo de 1969 Neil Armstrong converteuse no primeiro home en camiñar pola Lúa.

Existen grupos que dubidan deste evento, alegando que a Lúa transmitida pola televisión foi un escenario montado, e todo o evento sería usado como propaganda do réxime estadounidense durante a Guerra Fría.

[editar] A Lúa na literatura

Frases formadas a partir de Lúa:

  • Estar ou vivir na lúa. Non se decatar do que acontece arredor dun.
  • Lúa de mel. Primeiros tempos despois do casamento (véxase hidromel).

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -