Argon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xeral | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nome, símbolo, número | Argon, Ar, 18 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Serie química | Gases nobres | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Grupo, período, bloque | 18, 3 , p | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Densidade, dureza Mohs | 1,784 kg/m³, sen datos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Aparencia |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Propiedades atómicas | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso atómico | 39,948 uma | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Radio medio† | Sen datos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Radio atómico calculado | 71 pm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Radio covalente | 97 pm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Radio de Van der Waals | 188 pm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Configuración electrónica | [Ne]3s²3p6 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Estados de oxidación (óxido) | 0 (descoñecido) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Estrutura cristalina | Cúbica centrada nas caras |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Propiedades físicas | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Estado da materia | Gas | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Punto de fusión | 83,8 K | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Punto de ebulición | 87,3 K | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Entalpía de vaporización | 6,447 kJ/mol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Entalpía de fusión | 1,188 kJ/mol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Presión de vapor | No aplicable | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Velocidade do sonido | 319 m/s a 293,15 K | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Información diversa | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Electronegatividade | Sin datos (Pauling) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Calor específica | 520 J/(kg·K) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Conductividade eléctrica | Sen datos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Conductividade térmica | 0,01772 W/(m·K) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Potenciais de ionización (kJ/mol) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1º = 1520,6 | 5º = 7238 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2º = 2665,8 | 6º = 8781 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
3º = 3931 | 7º = 11995 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
4º = 5771 | 8º = 13842 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Isótopos máis estables | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Valores no SI e en condicións normais (0 ºC e 1 atm), salvo que se indique o contrario. †Calculado a partir de distintas lonxitudes de enlace covalente, metálico ou iónico. |
O argon é un elemento químico de número atómico 18 e símbolo Ar. É o terceiro dos gases nobres, incoloro e inerte coma eles, constitúe en torno ao 1% do aire.
Índice |
[editar] Características principais
Ten unha solubilidade en auga 2,5 veces a do nitróxeno e a do osíxeno. É un gas monoatómico inerte, e incoloro e inodoro tanto en estado líquido como gasoso. Non se coñecen compostos verdadeiros do argon, si un composto con fluor moi inestable cuxa existencia aínda non se probou. O argon pode formar clatratos coa auga cando os seus átomos quedan atrapados nunha rede de moléculas de auga.
[editar] Aplicacións
Emprégase como gas de recheo en lámpadas incandescentes xa que non reacciona co material do filamento ata a altas temperatura e presión, prolongando deste xeito a vida útil da lámpada, e en substitución do neon en lámpadas fluorescentes cando se desexa unha cor verde-azul en vez do vermello do neon. Tamén como substituto do nitróxeno molecular (N2) cando este non se comporta como gas inerte polas condicións de operación.
No ámbito industrial e científico emprégase universalmente na recreación de atmosferas inertes (non reaccionantes) para evitar reaccións químicas indesexadas en multitude de operacións:
- Soldadura por arco e soldadura a gas.
- Fabricación de titanio e outros elementos reactivos.
- Fabricación de monocristais (pezas cilíndricas formadas por unha estrutura cristalina continua) de silicio e xermanio para compoñentes semicondutores.
O argon-39 úsase, entre outras aplicacións, para a datación de núcleos de xeo, e augas subterráneas (véxase o apartado Isótopos).
No mergullo técnico, emprégase o argon para o inflado de traxes secos (os que impiden o contacto da pel coa auga a diferenza dos húmidos típicos de neopreno) tanto por ser inerte como pola súa pequena condutividade térmica o que proporciona o illamento térmico necesario para realizar longas inmersións a certa profundidade.
O láser de argon ten usos médicos en odontoloxía e oftalmoloxía; a primeira intervención con láser de argon, realizada por Francis L'Esperance, para tratar unha retinopatía realizouse en febreiro de 1968.
[editar] Historia
Henry Cavendish, en 1785, expuxo unha mostra de nitróxeno a descargas eléctricas repetidas en presenza de osíxeno para formar óxido de nitróxeno que posteriormente eliminaba e atopou que ao redor do 1% do gas orixinal non se podía disolver, afirmando entón que non todo o «aire floxisticado» era nitróxeno. En 1892 Lord Rayleigh descubriu que o nitróxeno atmosférico tiña unha densidade maior có nitróxeno puro obtido a partir do nitro. Rayleght e Sir William Ramsay demostraron que a diferenza se debía á presenza dun segundo gas pouco reactivo máis pesado que o nitróxeno, anunciando o descubrimento do argon (do grego αργoν, inactivo, nugallán ou preguiceiro) en 1894, anuncio que foi acollido con bastante escepticismo pola comunidade científica.
En 1904 Rayleight recibiu o premio Nobel de Física polas súas investigacións achega da densidade dos gases máis importantes e o descubrimento da existencia do argon.
[editar] Abundancia e obtención
O gas obtense por medio da destilación fraccionada do aire licuado, no cal se atopa nunha proporción de aproximadamente o 0,94%, e posterior eliminación do osíxeno residual con hidróxeno. A atmosfera marciana contén un 1,6% de Ar-40 e 5 ppm de Ar-36.; a de Mercurio un 7,0% e a de Venus trazas.
[editar] Isótopos
Os principais isótopos de argon presentes na Terra son Ar-40 (99,6%), Ar-36 e Ar-38. O isótopo K-40, cunha vida media de 1,205×109 anos, decae, o 11,2% a Ar-40 estable mediante captura electrónica e desintegración β (emisión dun positrón), e o 88,8% restante a Ca-40 mediante desintegración β- (emisión dun electrón). Estes cocientes de desintegración permiten determinar a idade de rochas.
Na atmosfera terrestre, o Ar-39 xérase por bombardeo de raios cósmicos principalmente a partir do Ar-40. En contornas subterráneas non expostas prodúcese por captura neutrónica do K-39 e desintegración α do calcio.
O Ar-37, cunha vida media de 35 días, é produto do decaemento do Ca-40, resultado de explosións nucleares subterráneas.