John William Strutt
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
John William Strutt, terceiro Barón de Rayleigh. (n. Langford Grove, Essex, 12 de novembro de 1842 - † Witham, Essex, 30 de xuño de 1919) foi un físico e profesor universitario británico galardoado co Premio Nobel de Física en 1904.
Índice |
[editar] Biografía
En 1873, á morte do seu pai, John James Strutt, herdou o título de barón. Nos primeiros anos da súa vida sufriu fraxilidade física e mala saúde.
Estudou matemáticas no Trinity College da Universidade de Cambridge en 1861, graduándose en 1865. Comezou a traballar en 1879 como profesor de física experimental na devandita universidade e como director do Laboratorio Cavendish de física experimental (1879-1884).
En 1887 trasladouse a Londres, onde foi profesor de filosofía natural da Real Institución ata 1905. Foi tamén secretario da Real Sociedade de Londres (1887-1896) e presidente da mesma (1905-1908). Desde 1892 ata 1901 actuou como gobernador do condado de Essex por expreso desexo do rei e foi chanceler da Universidade de Cambridge desde 1908 ata 1919.
[editar] Investigacións científicas
As primeiras investigacións de Rayleigh recóllense na súa obra The Theory of Sound (2 vols., 1877-78), na que se describe un novo procedemento para medir as vibracións acústicas. No campo da óptica realizou unha serie de traballos sobre a polarización da luz, contribuíu á teoría da radiación do corpo negro e logrou dar unha explicación da cor azul do ceo. Ademais foi o responsable da determinación de unidades eléctricas de medida e realizou traballos sobre a luz, a cor, a electricidade, a dinámica da resonancia, as vibracións de gases e sólidos elásticos.
Tamén fixo estudos acerca da capilaridade e do electromagnetismo e achegou ideas á teoría da formación e estabilidade das veas líquidas. Pero probablemente o seu labor científico máis importante consistiu na coidadosa determinación das densidades dos gases atmosféricos. Buscando unha explicación á diferenza de densidades do nitróxeno do aire e do obtido a partir do nitrato amónico, descubriu, en colaboración con Sir William Ramsay, o elemento argon (1894).
Ingresou na Orde do Mérito con motivo da coroación de Eduardo VII e en 1904 foi galardoado co Premio Nobel de Física polas súas investigacións sobre a densidade dun bo número de gases así como polo descubrimento do argón.
[editar] Recoñecementos
Na súa honra denominouse o "cráter Rayleigh" da Lúa e o "cráter Rayleigh" de Marte.
[editar] Ligazóns externas
Premio Nobel de Física: Premiados |
---|
1901: Röntgen 02: Lorentz, Zeeman 03: Becquerel, P.Curie, M.Curie 04: Rayleigh 05: Lenard 06: Thomson 07: Michelson 08: Lippmann 09: Marconi, Braun 10: van der Waals 11: Wien 12: Dalén 13: Kamerlingh Onnes 14: von Laue 15: W.L.Bragg, W.H.Bragg 17: Barkla 18: Planck 19: Stark 20: Guillaume 21: Einstein 22: N.Bohr 23: Millikan 24: Siegbahn 25: Franck, Hertz 26: Perrin 27: Compton, Wilson 28: Richardson 29: de Broglie 30: Raman 32: Heisenberg 33: Schrödinger, Dirac 35: Chadwick 36: Hess, Anderson 37: Davisson, Thomson 38: Fermi 39: Lawrence 43: Stern 44: Rabi 45: Pauli 46: Bridgman 47: Appleton 48: Blackett 49: Yukawa 50: Powell 51: Cockcroft, Walton 52: Bloch, Purcell 53: Zernike 54: Born, Bothe 55: Lamb, Kusch 56: Shockley, Bardeen, Brattain 57: Yang, T.D.Lee 58: Cherenkov, Frank, Tamm 59: Segrè, Chamberlain 60: Glaser 61: Hofstadter, Mössbauer 62: Landau 63: Wigner, Goeppert‑Mayer, Jensen 64: Townes, Basov, Prokhorov 65: Tomonaga, Schwinger, Feynman 66: Kastler 67: Bethe 68: Alvarez 69: Gell‑Mann 70: Alfvén, Néel 71: Gabor 72: Bardeen, Cooper, Schrieffer 73: Esaki, Giaever, Josephson 74: Ryle, Hewish 75: A.Bohr, Mottelson, Rainwater 76: Richter, Ting 77: Anderson, Mott, van Vleck 78: Kapitsa, Penzias, Wilson 79: Glashow, Salam, Weinberg 80: Cronin, Fitch 81: Bloembergen, Schawlow, Siegbahn 82: Wilson 83: Chandrasekhar, Fowler 84: Carlo Rubbia, van der Meer 85: von Klitzing 86: Ruska, Binnig, Rohrer 87: Bednorz, Müller 88: Lederman, Schwartz, Steinberger 89: Ramsey, Dehmelt, Paul 90: Friedman, Kendall, Taylor 91: de Gennes 92: Charpak 93: Hulse, Taylor 94: Brockhouse, Shull 95: Perl, Reines 96: D.Lee, Osheroff, Richardson 97: Chu, Cohen‑Tannoudji, Phillips 98: Laughlin, Störmer, Tsui 99: 't Hooft, Veltman 2000: Alferov, Kroemer, Kilby 01: Cornell, Ketterle, Wieman 02: Davis, Koshiba, Giacconi 03: Abrikosov, Ginzburg, Leggett 04: Gross, Politzer, Wilczek 05: Glauber, Hall, Hänsch 06: Mather, Smoot 07: Grünberg, Fert |