See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Paul Dirac - Wikipedia

Paul Dirac

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Personalidades en progreso: Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen outros artigos con biografías que tamén cómpre ampliar.
Paul Dirac
Paul Dirac

Paul Adrien Maurice Dirac (8 de agosto de 1902 - 20 de outubro de 1984) foi un físico inglés pioneiro na física cuántica.

[editar] Biografía

Paul Dirac naceu en Bristol, Reino Unido. O seu pai, Charles, foi un inmigrante do cantón suizo de Valais que ensinaba francés. A súa nai, orixinaria de Cornualles, era filla de marineiros. Paul tiña unha irmá pequena e un irmán maior. A súa primeira etapa familiar parece ser infeliz, pola inusual severidade e autoritarismo do seu pai. Estudou na Bishop Primary School e no Merchant Venturers Technical College, unha institución da universidade de Bristol, que enfatizaba as ciencias modernas (algo inusual na época, e ao que Dirac estaría sempre agradecido).

Graduouse en enxenaría eléctrica na universidade de Bristol en 1921. Tras traballar por pouco tempo como enxeñeiro, Dirac decidiu a súa verdadeira vocación eran as matemáticas. Completou outra carreira en matemáticas en Bristol en 1923 e pasou a traballar na Universidade de Cambridge, onde desenvolvería a maior parte da súa carreira. Empezou a interesarse pola Teoría da Relatividade e o nacente campo da física cuántica, e traballou baixo a supervisión de Ralph Fowler.

En 1926 desenvolveu unha versión da mecánica cuántica na que unía o traballo previo de Werner Heisenberg e o de Erwin Schrödinger nun único modelo matemático que asocia cantidades medibles con operadores que actúan no espazo vectorial de Hilbert e descrebe o estado físico do sistema. Por este traballo recibiu un doctorado en física por Cambridge.

No 1928, traballando nos spins non relativistas de Pauli, achou a ecuación de Dirac, unha ecuación relativista que descrebe ó electrón. Este traballo permitiu a Dirac predicir a existencia do positrón, a antipartícula do electrón, que interpretou para formular o mar de Dirac. O positrón foi observado por primeira vez por Carl Anderson en 1932. Dirac contribuíu tamén a explicar o spin como un fenómeno relativista.

O Principio da Mecánica Cuántica de Dirac, publicada en 1930, converteuse nun dos libros de texto máis comúns na materia e aínda hoxe é utilizado. Introduciu a notación de Bra-ket e a función delta de Dirac.

En 1931 Dirac amosou que a existencia dun único monopolo magnético no Universo sería suficiente para explicar a cuantificación da carga eléctrica. Esta proposta recibiu moita atención pero ata a data non hai ningunha proba convincente da existencia de monopolos.

Paul Dirac compartiu en 1933 o Premio Nobel de Física con Erwin Schrödinger "polo descubrimento de novas teorías atómicas produtivas." Dirac obtivo a cátedra Lucasiana de matemáticas da Universidade de Cambridge onde exerceu como profesor de 1932 a 1969. Alí coñeceu e desposou en 1937 á filla de Eugene Wigner, Magrit.

Dirac pasou os últimos anos da súa vida na Florida State University ("Universidade Estatal de Florida") en Tallahassee, Florida. Alí morreu o 20 de outubro de 1984, e en 1995 colocouse unha placa no seu honor en Westminster Abbey en Londres.

[editar] Ideoloxía

Dirac era un ateo recoñecido. Tras falar con Dirac, Pauli dixo nas súas crónicas: "Se entendo correctamente a Dirac, el di: non hai Deus, e Dirac é o seu profeta".

Dirac era coñecido entre os seus colegas pola súa natureza precisa e taciturna. Cando Niels Bohr queixábase de que non sabía como acabar unha determinada frase nun artigo científico, Dirac replicoulle: "A min ensináronme na escola que nunca se debe empezar unha frase sen saber o final da mesma". Cando visitou a URSS, foi invitado a unha conferencia en filosofía da física. El simplemente púxose de pé e escribiu na pizarra: "As leis físicas deben ter a simplicidade e beleza das matemáticas".

Cando nunha ocasión preguntáronlle sobre poesía, contestou: "en ciencia un intenta dicir á xente, nun xeito en que todos o poidan entender, algo que nunca ninguén soubo antes. A poesía é exactamente o contrario".

Dirac era tamén recoñecido pola súa modestia. Chamou á ecuación da evolución temporal dun operador mecánicocuántico, "a ecuación de movemento de Heisenberg", cando foi el o primeiro en escribila. Para referirse á estatística de Fermi-Dirac o sempre insistiu en dicir estatística de Fermi.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


Premio Nobel de Física: Premiados

1901: Röntgen 02: LorentzZeeman 03: BecquerelP.CurieM.Curie 04: Rayleigh 05: Lenard 06: Thomson 07: Michelson 08: Lippmann 09: MarconiBraun 10: van der Waals 11: Wien 12: Dalén 13: Kamerlingh Onnes 14: von Laue 15: W.L.BraggW.H.Bragg 17: Barkla 18: Planck 19: Stark 20: Guillaume 21: Einstein 22: N.Bohr 23: Millikan 24: Siegbahn 25: FranckHertz 26: Perrin 27: ComptonWilson 28: Richardson 29: de Broglie 30: Raman 32: Heisenberg 33: SchrödingerDirac 35: Chadwick 36: HessAnderson 37: DavissonThomson 38: Fermi 39: Lawrence 43: Stern 44: Rabi 45: Pauli 46: Bridgman 47: Appleton 48: Blackett 49: Yukawa 50: Powell 51: CockcroftWalton 52: BlochPurcell 53: Zernike 54: BornBothe 55: LambKusch 56: ShockleyBardeenBrattain 57: YangT.D.Lee 58: CherenkovFrankTamm 59: SegrèChamberlain 60: Glaser 61: HofstadterMössbauer 62: Landau 63: WignerGoeppert‑MayerJensen 64: TownesBasovProkhorov 65: TomonagaSchwingerFeynman 66: Kastler 67: Bethe 68: Alvarez 69: Gell‑Mann 70: AlfvénNéel 71: Gabor 72: BardeenCooperSchrieffer 73: EsakiGiaeverJosephson 74: RyleHewish 75: A.BohrMottelsonRainwater 76: RichterTing 77: AndersonMottvan Vleck 78: KapitsaPenziasWilson 79: Glashow, Salam, Weinberg 80: Cronin, Fitch 81: Bloembergen, Schawlow, Siegbahn 82: Wilson 83: Chandrasekhar, Fowler 84: Carlo Rubbia, van der Meer 85: von Klitzing 86: Ruska, Binnig, Rohrer 87: Bednorz, Müller 88: Lederman, Schwartz, Steinberger 89: Ramsey, Dehmelt, Paul 90: Friedman, Kendall, Taylor 91: de Gennes 92: Charpak 93: Hulse, Taylor 94: Brockhouse, Shull 95: Perl, Reines 96: D.Lee, Osheroff, Richardson 97: Chu, Cohen‑Tannoudji, Phillips 98: Laughlin, Störmer, Tsui 99: 't Hooft, Veltman 2000: Alferov, Kroemer, Kilby 01: Cornell, Ketterle, Wieman 02: Davis, Koshiba, Giacconi 03: Abrikosov, Ginzburg, Leggett 04: Gross, Politzer, Wilczek 05: Glauber, Hall, Hänsch 06: Mather, Smoot 07: Grünberg, Fert


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -