Karl Ferdinand Braun
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carl Ferdinand Braun (n. Fulda, Alemaña, 6 de xuño de 1850 - † Nova York, 20 de abril de 1918) foi un físico, inventor e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Física en 1909.
[editar] Biografía
Estudou na Universidade de Marburgo e doutorouse en 1872 pola Universidade de Berlín. Foi profesor nas universidades de Marburgo, Estrasburgo, Karlsruhe e Tubinga. Chegou a ser director do Instituto de Física da Universidade de Estrasburgo en 1895.
[editar] Investigacións científicas
En 1874, Braun observou que certos cristais semicondutores actuaban como rectificadores, convertendo a corrente alterna en continua, permitindo o paso da corrente nunha soa dirección. Debido a este descubrimento, inventou o receptor de radio de transistores a finais do século XIX.
En 1897 desenvolveu o primeiro osciloscopio ao adaptar un tubo de raios catódicos, de maneira que o chorro de electróns do tubo dirixísese cara a unha pantalla fluorescente por medio de campos magnéticos xerados pola corrente alterna. Desde 1898 tamén traballou na telegrafía sen fíos, inventando o rectificador de cristal. Guglielmo Marconi admitiu tomar prestada" a patente de Braun.
En 1909 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con Marconi, polas súas contribucións ao desenvolvemento da telegrafía sen fíos e especialmente polas melloras técnicas introducidas no sistema de transmisión (circuítos resonantes magnéticamente axustados).
Braun foi aos Estados Unidos ao comezo da Primeira Guerra Mundial para axudar a defender a estación alemá de telegrafía sen fíos de Sayville dos ataques da British Marconi Corporation. Morreu na súa casa de Brooklyn antes do final da guerra en 1918.
[editar] Ligazóns externas
Premio Nobel de Física: Premiados |
---|
1901: Röntgen 02: Lorentz, Zeeman 03: Becquerel, P.Curie, M.Curie 04: Rayleigh 05: Lenard 06: Thomson 07: Michelson 08: Lippmann 09: Marconi, Braun 10: van der Waals 11: Wien 12: Dalén 13: Kamerlingh Onnes 14: von Laue 15: W.L.Bragg, W.H.Bragg 17: Barkla 18: Planck 19: Stark 20: Guillaume 21: Einstein 22: N.Bohr 23: Millikan 24: Siegbahn 25: Franck, Hertz 26: Perrin 27: Compton, Wilson 28: Richardson 29: de Broglie 30: Raman 32: Heisenberg 33: Schrödinger, Dirac 35: Chadwick 36: Hess, Anderson 37: Davisson, Thomson 38: Fermi 39: Lawrence 43: Stern 44: Rabi 45: Pauli 46: Bridgman 47: Appleton 48: Blackett 49: Yukawa 50: Powell 51: Cockcroft, Walton 52: Bloch, Purcell 53: Zernike 54: Born, Bothe 55: Lamb, Kusch 56: Shockley, Bardeen, Brattain 57: Yang, T.D.Lee 58: Cherenkov, Frank, Tamm 59: Segrè, Chamberlain 60: Glaser 61: Hofstadter, Mössbauer 62: Landau 63: Wigner, Goeppert‑Mayer, Jensen 64: Townes, Basov, Prokhorov 65: Tomonaga, Schwinger, Feynman 66: Kastler 67: Bethe 68: Alvarez 69: Gell‑Mann 70: Alfvén, Néel 71: Gabor 72: Bardeen, Cooper, Schrieffer 73: Esaki, Giaever, Josephson 74: Ryle, Hewish 75: A.Bohr, Mottelson, Rainwater 76: Richter, Ting 77: Anderson, Mott, van Vleck 78: Kapitsa, Penzias, Wilson 79: Glashow, Salam, Weinberg 80: Cronin, Fitch 81: Bloembergen, Schawlow, Siegbahn 82: Wilson 83: Chandrasekhar, Fowler 84: Carlo Rubbia, van der Meer 85: von Klitzing 86: Ruska, Binnig, Rohrer 87: Bednorz, Müller 88: Lederman, Schwartz, Steinberger 89: Ramsey, Dehmelt, Paul 90: Friedman, Kendall, Taylor 91: de Gennes 92: Charpak 93: Hulse, Taylor 94: Brockhouse, Shull 95: Perl, Reines 96: D.Lee, Osheroff, Richardson 97: Chu, Cohen‑Tannoudji, Phillips 98: Laughlin, Störmer, Tsui 99: 't Hooft, Veltman 2000: Alferov, Kroemer, Kilby 01: Cornell, Ketterle, Wieman 02: Davis, Koshiba, Giacconi 03: Abrikosov, Ginzburg, Leggett 04: Gross, Politzer, Wilczek 05: Glauber, Hall, Hänsch 06: Mather, Smoot 07: Grünberg, Fert |