John Robert Schrieffer
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
John Robert Schrieffer ( Oak Park, EE.UU. 1931 ) é un físico norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1972 polos seus estudos sobre supercondutividade.
[editar] Biografía
Naceu o 31 de maio de 1931 na cidade de Oak Park, situada en Illinois. En 1940 a súa familia trasladouse a Manhasset, no estado de Nova York, e o 1947 a Eustis, Florida, onde o seu pai decidiu abandonar a súa profesión de farmacéutico e dedicarse á industria dos cítricos.
Tras licenciarse en física, despois de iniciar os estudos de enxeñería, no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts no 1953 baixo a supervisión de John C. Slater, iniciou un postgrao na Universidade de Illinois onde coñeceu a John Bardeen, do cal foi o seu asistente.
[editar] Investigacións científicas
Tras resolver un problema teórico da condución eléctrica en superficies semicondutoras, Schrieffer pasou un ano no laboratorio, aplicando a teoría a varios problemas superficiais. No ano 1957, antes de finalizar os seus estudos, desenvolveu a Teoría BCS sobre a supercondutividade xunto con John Bardeen e Leon Cooper. Esta teoría describe como cando baixa moito a temperatura maniféstase nos electróns unha grande forza de atracción que os fai fluír emparellados de forma que, ao pasar preto dun núcleo atómico, o primeiro electrón cede enerxía que é despois recuperada polo seu compañeiro.
Tras finalizar os seus estudos e doutorarse no 1958 sobre a supercondutividade, Schrieffer continuou traballando sobre esta materia na Universidade de Birmingham, na Universidade de Chicago e na de Illiniois e no Instituto Niels Bohr de Copenhague. No ano 1961 foi designado profesor da Universidade de Philadelphia.
En 1972 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con John Bardeen e Leon Cooper, polos seus traballos conxuntos sobre a teoría da supercondutividade, coñecida como Teoría BCS.
En 1984 foi profesor de física teórica na Universidade de California. En 6 de novembro de 2005 Shrieffer foi comdenado a dous anos de prisión ao ser declarado culpable da morte dunha persoa nun accidente automobilístico causado o ano anterior, ingresando no R.J. Donovan Correctional de San Diego (California) o 26 de setembro de 2006.
[editar] Ligazóns externas
Premio Nobel de Física: Premiados |
---|
1901: Röntgen 02: Lorentz, Zeeman 03: Becquerel, P.Curie, M.Curie 04: Rayleigh 05: Lenard 06: Thomson 07: Michelson 08: Lippmann 09: Marconi, Braun 10: van der Waals 11: Wien 12: Dalén 13: Kamerlingh Onnes 14: von Laue 15: W.L.Bragg, W.H.Bragg 17: Barkla 18: Planck 19: Stark 20: Guillaume 21: Einstein 22: N.Bohr 23: Millikan 24: Siegbahn 25: Franck, Hertz 26: Perrin 27: Compton, Wilson 28: Richardson 29: de Broglie 30: Raman 32: Heisenberg 33: Schrödinger, Dirac 35: Chadwick 36: Hess, Anderson 37: Davisson, Thomson 38: Fermi 39: Lawrence 43: Stern 44: Rabi 45: Pauli 46: Bridgman 47: Appleton 48: Blackett 49: Yukawa 50: Powell 51: Cockcroft, Walton 52: Bloch, Purcell 53: Zernike 54: Born, Bothe 55: Lamb, Kusch 56: Shockley, Bardeen, Brattain 57: Yang, T.D.Lee 58: Cherenkov, Frank, Tamm 59: Segrè, Chamberlain 60: Glaser 61: Hofstadter, Mössbauer 62: Landau 63: Wigner, Goeppert‑Mayer, Jensen 64: Townes, Basov, Prokhorov 65: Tomonaga, Schwinger, Feynman 66: Kastler 67: Bethe 68: Alvarez 69: Gell‑Mann 70: Alfvén, Néel 71: Gabor 72: Bardeen, Cooper, Schrieffer 73: Esaki, Giaever, Josephson 74: Ryle, Hewish 75: A.Bohr, Mottelson, Rainwater 76: Richter, Ting 77: Anderson, Mott, van Vleck 78: Kapitsa, Penzias, Wilson 79: Glashow, Salam, Weinberg 80: Cronin, Fitch 81: Bloembergen, Schawlow, Siegbahn 82: Wilson 83: Chandrasekhar, Fowler 84: Carlo Rubbia, van der Meer 85: von Klitzing 86: Ruska, Binnig, Rohrer 87: Bednorz, Müller 88: Lederman, Schwartz, Steinberger 89: Ramsey, Dehmelt, Paul 90: Friedman, Kendall, Taylor 91: de Gennes 92: Charpak 93: Hulse, Taylor 94: Brockhouse, Shull 95: Perl, Reines 96: D.Lee, Osheroff, Richardson 97: Chu, Cohen‑Tannoudji, Phillips 98: Laughlin, Störmer, Tsui 99: 't Hooft, Veltman 2000: Alferov, Kroemer, Kilby 01: Cornell, Ketterle, Wieman 02: Davis, Koshiba, Giacconi 03: Abrikosov, Ginzburg, Leggett 04: Gross, Politzer, Wilczek 05: Glauber, Hall, Hänsch 06: Mather, Smoot 07: Grünberg, Fert |