George Paget Thomson
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sir George Paget Thomson (n. Cambridge, 3 de maio de 1892 - † Cambridge, 10 de setembro de 1975). Físico británico.
Foi fillo de sir Joseph John Thomson, premio Nobel de Física en 1906, considerado o descubridor do electrón polos seus experimentos co fluxo de partículas (electróns) que compón os raios catódicos.
Estudou e se graduou no Trinity College da Universidade de Cambridge. Entre 1922 e 1930, impartiu clases de filosofía natural na Universidade de Aberdeen. En 1930 obtivo a cátedra de física no Colexio Imperial de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Londres, onde permaneceu ata 1952. Desde ese ano e ata 1962, foi reitor do Corpus Christi College da Universidade de Cambridge.
En 1937 foille outorgado o premio Nobel de Física, que compartiu co físico estadounidense Clinton Davisson, polo seu traballo relativo á difracción de electróns en cristais e a demostración das súas propiedades ondulatorias.
Nos últimos anos da década dos 30 e durante a II Guerra Mundial, especializouse en física nuclear, concentrándose no estudo das aplicacións prácticas militares da enerxía nuclear. Na última parte da súa vida continuou os seus traballos ao redor da enerxía nuclear, pero tamén escribiu traballos sobre aerodinámica e sobre o valor da ciencia na sociedade.
Entre 1937 e 1941, asesorou ao ministerio do Aire en materia de aeronáutica, e en materia científica en xeral entre 1943 e 1944. En 1943 foi nomeado cabaleiro (sir) e en 1946 ocupou a asesoría da delegación británica no Consello de Seguridade das Nacións Unidas e da Comisión da Enerxía Atómica.
Premio Nobel de Física: Premiados |
---|
1901: Röntgen 02: Lorentz, Zeeman 03: Becquerel, P.Curie, M.Curie 04: Rayleigh 05: Lenard 06: Thomson 07: Michelson 08: Lippmann 09: Marconi, Braun 10: van der Waals 11: Wien 12: Dalén 13: Kamerlingh Onnes 14: von Laue 15: W.L.Bragg, W.H.Bragg 17: Barkla 18: Planck 19: Stark 20: Guillaume 21: Einstein 22: N.Bohr 23: Millikan 24: Siegbahn 25: Franck, Hertz 26: Perrin 27: Compton, Wilson 28: Richardson 29: de Broglie 30: Raman 32: Heisenberg 33: Schrödinger, Dirac 35: Chadwick 36: Hess, Anderson 37: Davisson, Thomson 38: Fermi 39: Lawrence 43: Stern 44: Rabi 45: Pauli 46: Bridgman 47: Appleton 48: Blackett 49: Yukawa 50: Powell 51: Cockcroft, Walton 52: Bloch, Purcell 53: Zernike 54: Born, Bothe 55: Lamb, Kusch 56: Shockley, Bardeen, Brattain 57: Yang, T.D.Lee 58: Cherenkov, Frank, Tamm 59: Segrè, Chamberlain 60: Glaser 61: Hofstadter, Mössbauer 62: Landau 63: Wigner, Goeppert‑Mayer, Jensen 64: Townes, Basov, Prokhorov 65: Tomonaga, Schwinger, Feynman 66: Kastler 67: Bethe 68: Alvarez 69: Gell‑Mann 70: Alfvén, Néel 71: Gabor 72: Bardeen, Cooper, Schrieffer 73: Esaki, Giaever, Josephson 74: Ryle, Hewish 75: A.Bohr, Mottelson, Rainwater 76: Richter, Ting 77: Anderson, Mott, van Vleck 78: Kapitsa, Penzias, Wilson 79: Glashow, Salam, Weinberg 80: Cronin, Fitch 81: Bloembergen, Schawlow, Siegbahn 82: Wilson 83: Chandrasekhar, Fowler 84: Carlo Rubbia, van der Meer 85: von Klitzing 86: Ruska, Binnig, Rohrer 87: Bednorz, Müller 88: Lederman, Schwartz, Steinberger 89: Ramsey, Dehmelt, Paul 90: Friedman, Kendall, Taylor 91: de Gennes 92: Charpak 93: Hulse, Taylor 94: Brockhouse, Shull 95: Perl, Reines 96: D.Lee, Osheroff, Richardson 97: Chu, Cohen‑Tannoudji, Phillips 98: Laughlin, Störmer, Tsui 99: 't Hooft, Veltman 2000: Alferov, Kroemer, Kilby 01: Cornell, Ketterle, Wieman 02: Davis, Koshiba, Giacconi 03: Abrikosov, Ginzburg, Leggett 04: Gross, Politzer, Wilczek 05: Glauber, Hall, Hänsch 06: Mather, Smoot 07: Grünberg, Fert |