Sheldon Lee Glashow
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sheldon Lee Glashow (Brookline, EE.UU. 1932) é un físico e catedrático norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1979.
[editar] Biografía
Naceu o 5 de decembro de 1932 na vila de Brookline, situada en Massachusetts, fillo de inmigrantes rusos de tradición xudía. Estudou no Bronx High School of Science, onde coñeceu a Steven Weinberg, e posteriormente licenciouse en física no ano 1954 na Universidade de Cornell. En 1959 conseguiu o doutoramento na Universidade de Harvard baixo a supervisión de Julian Schwinger, e ampliou os seus estudos no Instituto Niels Bohr de Copenhague, o CERN e no Instituto Tecnolóxico de California.
Entre 1982 e 1984 Glashow foi profesor de física na Universidade de Houston, e desde aquel ano éo da de Universidade de Boston.
[editar] Investigacións científicas
Xunto a Steven Weinberg e Abdus Salam desenvolveu a teoría da interacción electrodébil pola cal o electromagnetismo e a Interacción nuclear débil son, baixo certas condicións, unha mesma e única interacción. Grazas a estes traballos púidose comprobar como esta teoría era aplicable a todas as partículas e non tanto só aos leptóns.
En 1979 Glashow, xunto con Steven Weinberg e Abdus Salam, serían galardoados co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a Interacción electrodébil.
Posteriormente estudou a relación materia/antimateria, os neutrinos e realizou tamén varios tests de comprobación da relatividade especial descrita por Albert Einstein. Así mesmo destaca por ser un dos científicos máis escépticos da teoría das supercordas, que intenta explicar á vez todas as partículas subatómicas existentes e unificar todas as forzas da natureza.
[editar] Ligazóns externas
Premio Nobel de Física: Premiados |
---|
1901: Röntgen 02: Lorentz, Zeeman 03: Becquerel, P.Curie, M.Curie 04: Rayleigh 05: Lenard 06: Thomson 07: Michelson 08: Lippmann 09: Marconi, Braun 10: van der Waals 11: Wien 12: Dalén 13: Kamerlingh Onnes 14: von Laue 15: W.L.Bragg, W.H.Bragg 17: Barkla 18: Planck 19: Stark 20: Guillaume 21: Einstein 22: N.Bohr 23: Millikan 24: Siegbahn 25: Franck, Hertz 26: Perrin 27: Compton, Wilson 28: Richardson 29: de Broglie 30: Raman 32: Heisenberg 33: Schrödinger, Dirac 35: Chadwick 36: Hess, Anderson 37: Davisson, Thomson 38: Fermi 39: Lawrence 43: Stern 44: Rabi 45: Pauli 46: Bridgman 47: Appleton 48: Blackett 49: Yukawa 50: Powell 51: Cockcroft, Walton 52: Bloch, Purcell 53: Zernike 54: Born, Bothe 55: Lamb, Kusch 56: Shockley, Bardeen, Brattain 57: Yang, T.D.Lee 58: Cherenkov, Frank, Tamm 59: Segrè, Chamberlain 60: Glaser 61: Hofstadter, Mössbauer 62: Landau 63: Wigner, Goeppert‑Mayer, Jensen 64: Townes, Basov, Prokhorov 65: Tomonaga, Schwinger, Feynman 66: Kastler 67: Bethe 68: Alvarez 69: Gell‑Mann 70: Alfvén, Néel 71: Gabor 72: Bardeen, Cooper, Schrieffer 73: Esaki, Giaever, Josephson 74: Ryle, Hewish 75: A.Bohr, Mottelson, Rainwater 76: Richter, Ting 77: Anderson, Mott, van Vleck 78: Kapitsa, Penzias, Wilson 79: Glashow, Salam, Weinberg 80: Cronin, Fitch 81: Bloembergen, Schawlow, Siegbahn 82: Wilson 83: Chandrasekhar, Fowler 84: Carlo Rubbia, van der Meer 85: von Klitzing 86: Ruska, Binnig, Rohrer 87: Bednorz, Müller 88: Lederman, Schwartz, Steinberger 89: Ramsey, Dehmelt, Paul 90: Friedman, Kendall, Taylor 91: de Gennes 92: Charpak 93: Hulse, Taylor 94: Brockhouse, Shull 95: Perl, Reines 96: D.Lee, Osheroff, Richardson 97: Chu, Cohen‑Tannoudji, Phillips 98: Laughlin, Störmer, Tsui 99: 't Hooft, Veltman 2000: Alferov, Kroemer, Kilby 01: Cornell, Ketterle, Wieman 02: Davis, Koshiba, Giacconi 03: Abrikosov, Ginzburg, Leggett 04: Gross, Politzer, Wilczek 05: Glauber, Hall, Hänsch 06: Mather, Smoot 07: Grünberg, Fert |