Carga eléctrica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Propiedade física intrínseca dalgunhas partículas que as caracteriza e pola cal sofren a interacción electromagnética.
No Sistema Internacional de Unidades mídese en culombios e nas fórmulas físicas acostuman representarse coas letras q ou Q.
Clasifícase en carga positiva e negativa. As cargas do mesmo signo repélense mentres que as de signo contrario atráense.
A carga eléctrica aparece na natureza cuantizada, é dicir, sempre é múltiplo dunha cantidade fundamental: o valor absoluto da carga do electrón ou do protón q = 1.6 10-19 culombios.
Sinalar que créese que a carga dos quarks, partículas que compoñen os núcleos atómicos, toma valores fraccionarios desta cantidade fundamental. Sen embargo, nunca se observaron quarks libres. Para obxectos non puntuais, a carga eléctrica é a suma das cargas eléctricas das partículas constituíntes.
A carga eléctrica consérvase. Isto quere dicir que en ningún proceso pode aparecer ou destruírse carga neta. Poden aparecer cargas eléctricas onde antes non existían, pero sempre farano de modo que a carga total do sistema permaneza invariante. Ademais esta conservación é local, ocorre en calquera rexión do espazo por pequena que sexa.
A carga é unha invariante relativista. A carga dun corpo é a mesma independentemente da velocidade coa que se mova.
Electromagnetismo | |
Electricidade | Magnetismo | |
Electrostática | Magnetostática |
Carga eléctrica | Lei de Coulomb | Campo eléctrico | Lei de Gauss | Potencial eléctrico | Corrente eléctrica | Lei de Ampere | Campo Magnético | Dipolo Magnético |
Electrodinámica | Circuítos eléctricos |
Lei de Lorentz | Forza electromotriz | Forza Magnetomotriz | Indución electromagnética | Lei de Faraday-Lenz | Corrente de desprazamento | Ecuacións de Maxwell | Campo electromagnético | Radiación electromagnética | Condución eléctrica | Resistencia eléctrica | Capacitancia | Indutancia | Impedancia | Cavidade resoante | Guía de ondas |