Elemento químico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un elemento químico, ou soamente elemento, é unha substancia formada por átomos co mesmo número de protóns no núcleo. Este número coñécese como o número atómico do elemento. Por exemplo, todos os átomos con 6 protóns nos seus núcleos son átomos do elemento químico carbono, mentres que todos os elementos con 92 protóns nos seus núcleos son átomos do elemento uranio.
Coñécense no mundo millóns de compostos que se atopan de maneira espontanea na Natureza ou que foron credos polo home. Cada un destes compostos é o resultado da combinación de dous ou máis elementos químicos.
Coñécense máis de 112 elementos, 93 dos cales son naturais e o resto artificiais. Algúns son moi comúns e necesarios, como o carbono, o osíxeno ou o hidróxeno. Outros, creados artificialmente en aceleradores de partículas ou en reactores atómicos, son tan raros que só existen durante milésimas de segundo.
A ordenación destes elementos en función das súas propiedades físicas e químicas, dá lugar á chamada Táboa periódica dos elementos.
[editar] Véxase tamén
Elementos químicos | |
---|---|
Elemento químico - Lista alfabética de elementos químicos - Táboa periódica dos elementos Etimoloxía dos elementos químicos - Elementos químicos con nome de persoa - Elementos químicos con nome de lugar |