Destilación
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A destilación é a operación de separar, mediante calor, os diferentes compoñentes líquidos dunha mestura, aproveitando as diferenzas de volatilidades dos compostos a separar.
Unha forma de destilación coñecida desde a antigüidade, é a obtención de alcohol aplicando calor a unha mestura fermentada (obtida dalgunha planta como a cana de azucre, maíz, etc.).
O aparello utilizado para a destilación no laboratorio, é o alambique, que consta dun recipiente onde se almacena a mestura, á que se lle aplica calor, un condensador onde se arrefrían os vapores xerados, levándoos de novo ao estado líquido e un recipiente onde se almacena este líquido concentrado.
Na industria química utilízase a destilación para a separación de mesturas simples ou complexas. Unha forma de clasificar a destilación pode ser a de que sexa discontinua ou continua.
[editar] Aparato de destilación simple
Un Aparello de destilación simple é un aparello empregado en laboratorios de química para producir unha destilación simple.
No esquema situado á dereita pode observarse un aparello de destilación simple básico:
- Mecheiro, proporciona calor á mestura a destilar.
- Balón de destilación, que deberá conter pequenos anacos de material poroso (cerámica, ou material similar) para evitar sobresaltos repentinos por sobrequencementos.
- Cabeza de destilación: Non é necesario se o balón de destilación ten unha tubuladura lateral.
- Termómetro: O bulbo do termómetro sempre se sitúa á mesma altura que a saída á entrada do refrixerador. Para saber se a temperatura é a real, o bulbo deberá ter polo menos unha pinga de líquido. Pode ser necesario un tapón de goma para soster ao termómetro e evitar que se escapen os gases (moi importante cando se traballa con líquidos inflamables).
- Tubo refrixerante.
- Entrada de auga: O líquido sempre debe entrar pola parte inferior, para que o tubo permaneza cheo con auga.
- Saída de auga: Case sempre pode conectarse a saída dun á entrada doutro, porque non se quenta moito o líquido.
- Fonte de baleiro: Non é necesario para unha destilación a presión atmosférica.
- Adaptador sen carga: Non é necesario para unha destilación a presión atmosférica.
[editar] Outros procesos de destilación
A destilación discontinua realízase introducindo a mestura nunha caldeira, onde se lle aplica calor e os vapores condensados almacénanse nun recipiente. A operación de enchido da caldera coa mestura fai que o proceso realícese en lotes. Un exemplo sería a destilación, mediante alambique, do bagazo da uva para a obtención do oruxo.
A destilación continua, tamén chamada fraccionada, baséase na alimentación regulable e en continuo da mestura a separar, introducíndoa nunha columna ou torre de destilación, onde se separan os compoñentes dunha mestura de forma continua nas distintas fraccións, saíndo pola parte superior ou cabeza a fracción máis lixeira ou de menor punto de ebulición, polo fondo a fracción máis pesada e a diferentes alturas da columna, as distintas fraccións que se queren obter dependendo da súa punto de ebulición.
Un exemplo de destilación continua, fraccionada, sería a destilación atmosférica do petróleo.
[editar] Véxase Tamén
- Destilación azeotrópica
- Destilación fraccionada
- Destilación atmosférica
- Destilación extractiva
- Destilación pirolítica