Mar Caribe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O mar Caribe ou mar das Antillas está situado entre o golfo de México e o Océano Atlántico, na rexión de América central. Está limitado ao norte polas Grandes Antillas (as illas de Cuba, A Española, Porto Rico e Illas Virxes), a leste polas Pequenas Antillas, a sur por Venezuela e mais Colombia, na América do Sur, e polo Panamá, na América Central, e a oeste polos estados centro-americanos de Costa Rica, Nicaragua, Honduras, Guatemala, Belice e pola Península de Iucatán, no México. A noroeste lígase ao golfo do México a través do canal do Iucatán.
O mar Caribe cobre unha área aproximada de 2.754.000 km² e o seu punto máis profundo é a fosa das Illas Caimán, entre Cuba e Xamaica, con 7500 m de profundidade. O clima é tropical, tódolos países da zona -especialmente os das illas- son coñecidos como Caribe. .