América do Sur
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
América do sur comprende a parte sur do continente americano, dende o estreito de Panamá ata a Terra de Fogo no cabo de Fornos. Polo que limita ó norte co Mar Caribe, ó leste co Océano Atlántico, ó oeste co Océano Pacífico e ó sur co Océano Glacial Antártico (Paso de Drake). O 75% do seu territorio atópase nas rexións tropicais -está atravesado polo ecuador terrestre-. Contén caseque a cuarta parte das especies animais coñecidas. A árbore máis grande é a Bertholletia excelsa ou juvia.
Índice |
[editar] Países independentes
- Arxentina
- Bolivia (único país con Armada sen ter saída ó mar)
- Brasil
- Colombia
- Chile
- Ecuador
- Güiana
- Paraguai
- Perú
- Surinam
- Uruguai
- Venezuela
[editar] Territorios dependentes
- Güiana francesa (Francia)
- Illas Malvinas (Reino Unido, reclamadas por Arxentina)
[editar] Medidas
Área: 17.809.000 km 2
Lonxitude de costas: 25.432 km
[editar] Xeoloxía
Asentada sobre a Placa de Sudamérica, por debaixo da cal deslízase a Placa de Nazca. Ten a súa orixe a finais da era Precámbrica, hai 570 millóns de anos.
Países do mundo | América do Sur |
Arxentina - Bolivia - Brasil - Colombia - Chile - Ecuador - Güiana - Paraguai - Perú - Surinam - Uruguai - Venezuela |
Países con parte do seu territorio en América do Sur |