See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Colombia - Wikipedia

Colombia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A República de Colombia é un país situado no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. A costa norte e noroeste está o Mar Caribe, limita continentalmente con: Venezuela ó leste, Brasil ó surleste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó Oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.

República de Colombia
(En Detalle) (En Detalle)  
Lema nacional: Liberdade e Orde
Imaxe:LocationColombia.png
Idioma oficial Español
Capital Bogotá
Presidente Álvaro Uribe Vélez
Área
 - Total
 - % Auga
Lugar nº 25
1.141.748 km²
 
Poboación
 - Total (2003)
 - Densidade
Lugar nº 28
44.531.434
36/km²
Independencia
 - Iniciada
 - Declarada formalmente
De España
1810
19 de agosto, 1819
Moeda Peso Colombiano
Zona horaria UTC -5
Xentilicio Colombiano
Himno Nacional Himno Nacional de Colombia
Internet TLD .CO
Código telefónico 57

Índice

[editar] Historia

Véxase artigo Historia de Colombia


[editar] Xeografía

Mapa de Colombia
Mapa de Colombia

Os Andes dominan a metade occidental de Colombia, e divídense en tres grandes cordilleiras: a Occidental, a Central e a Oriental. Entre as cordilleiras os ríos Magdalena e Cauca flúen cara ás chairas baixas ó longo da costa caribeña. Hai volcáns nas partes máis altas das cordilleiras, algúns deles activos de cando en vez. O ponto máis alto é o Pico Cristobal Colón na Serra Nevada de Santa Marta cunha altura de 5.775 m sobre o nivel do mar.

A parte oriental do país caracterízase polas chairas, en partes densamente arborizadas e con moitos ríos como o Putumayo, o Yapura, Meta e o Guaviare que flúen ó rio Orinoco ou ó río Amazonas. Colombia tambén ten varias pequenas illas no océano Atlántico e no Pacífico.

O clima local é quente ó longo de ambas as costas e nas chairas orientais orientales, mentres que as serras e as terras altas poden ser bastante frias. A cidade máis grande de Colombia é a súa capital Bogotá, outras cidades principais son Medellín, Cali, Cartagena, Barranquilla, Ibagué, Manizales, Pasto, Cúcuta, Bucaramanga e Santa Marta.

[editar] Rexións Xeográficas Naturais e Culturais de Colombia

Os Departamentos Colombianos están á súa vez agrupados nas siguintes rexións xeográficas naturais e culturais:

Mapa das Rexións Xeográficas Naturais

[editar] Goberno e Política

Colombia é un Estado Social de Dereito, unha república onde o poder executivo domina a estrutura de goberno. O presidente, elixido xunto co vicepresidente por voto popular durante catro anos, funciona tanto como xefe de estado como a testa do goberno.

O parlamento bicameral de Colombia é o Congreso que está constituído polo Senado, de 102 escanos, elixidos en circunscripción nacional, e pola Cámara de Representantes, de 166 escanos, elixidos en representación proporcional á poboación de cada departamento e do Distrito Capital, 5 deles son elixidos por sectores minoritarios (indíxenas, afrocolombianos, minorías políticas e colombianos no exterior). Os membros de ambas as cámaras son elixidos por voto popular por períodos de catro anos. O sistema xudicial colombiano experimentou reformas significativas na década dos noventa.

Vexa tamén: Lista de presidentes de Colombia

[editar] Organización político-administrativa

Colombia divídese político-administrativamente en 32 departamentos e 1 distrito capital(*) que depende administrativamente do departamento de Cundinamarca:

  • Cesar (Valledupar)
  • Chocó (Quibdo)
  • Córdoba (Monteria)
  • Cundinamarca (Bogotá)
  • Guainía (Puerto Inirida)
  • La Guajira (Riohacha)
  • Guaviare (San Jose del Guaviare)
  • Huila (Neiva)
  • Magdalena (Santa Marta)
  • Meta (Villavicencio)
  • Nariño (Pasto)
  • Norte de Santander (Cucuta)
  • Putumayo(Mocoa)
  • Quindío (Armenia)
  • Risaralda (Pereira)
  • San Andrés e Providencia (San Andrés)
  • Santander (Bucaramanga)
  • Sucre (Sincelejo)
  • Tolima (Ibagué)
  • Valle del Cauca (Cali)
  • Vaupés (Mitú)
  • Vichada (Puerto Carreño)

[editar] Partidos Politicos

Partido Liberal, Partido Conservador,[|(Moir) Movemento Obreiro Independente e Revolucionario], Partido Socialista dos Traballadores, Fronte pola Defensa do Folklore Andino Colombiano (PDFAC),Polo Democratico Independente e Alternativo(PDI),Convergencia Cidadana,Novo Liberalismo Ardilista,Nova Forza Democratica,(FILA)Fronte de Esquerda Liberal Autentico,(FLIP) Fronte de Liberalismo Independente de Piedecuesta,Cambio Radical.

[editar] Economía

Véxase: Economía de Colombia.

[editar] Demografía

A diversidade étnica en Colombia é o resultado da mestura de amerindios indíxena, colonos españois, e escravos africanos, producindo unha mestura de mestizos (o 48 %), brancos (o 30 %), mulatos (o 14 %), negros (o 4 %), e negro-amerindios (o 3 %). Hoxe, só aproximadamente o 1 % da poboación pode identificarse como totalmente amerindia sobre a base de lingua. A relixión predominante en Colombia é o catolicismo romano.

Colombia é o terceiro país máis poboado en América Latina, despois de Brasil e México. O movemento de población rural a áreas urbanas foi moi forte. A poboación urbana medrou do 57 % da población total en 1951 a aproximadamente o 74 % en 1994. Trinta cidades teñen unha poboación de 100,000 o máis habitantes. Os nove departamentos de terras baixas do leste, constituíndo aproximadamente o 54 % da área de Colombia, teñen menos do 3 % da poboación e unha densidade de menos dunha persoa por quilómetro cuadrado.

[editar] Cultura

[editar] Deportes

  • Colombia nos Xogos Olímpicos

[editar] Véxase tamén

  • Lista de artígos relacionados con Colombia
  • Colombianos destacados
  • Comunicacións en Colombia
  • Departamentos e Capitales
  • Idiomas
  • Liga colombiana de fútbol
  • Lista de cidades de Colombia
  • Bogotá D.C.
  • Sistema de goberno
  • Transporte de Colombia
  • Prensa colombiana

[editar] Ligazóns externas

  • PEC - Portada oficial do goberno (En español)
  • Casa de Nariño - Sitio oficial do presidente (En español)



Países do mundo | América do Sur
Arxentina - Bolivia - Brasil - Colombia - Chile - Ecuador - Güiana - Paraguai - Perú - Surinam - Uruguai - Venezuela
Países con parte do seu territorio en América do Sur

Francia (Güiana francesa) | Reino Unido (Illas Malvinas)


Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -