Himno Nacional
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Himno Nacional (do lat. hymnu) é unha música ou canción patriótica recoñecida polo goberno dun país como a música ou canción oficial daquela nación. Durante os séculos XIX e XX, co medre dos nacionalismos, a maioría dos países independentes adoptaron un himno nacional oficial. No caso das nacións sen estado o himno adoita ser elaborado ou recollido polos movementos de reivindicación e liberación nacional, e normalmente acaban por ser total ou parcialmente recoñecidos polo estado que ostenta a soberanía, incluso sen que a separación ou independencia se produza.
Así cancións como o Himno de Galicia, o Himno de Cataluña, ou o Himno de Euskadi, representan respeitivamente as identidades do pobos galego, catalán e éuscaro, son os seus himnos nacionais, aínda cando estes só teñen recoñecida unha autonomía e non o dereito de autodeterminación.
Un exemplo moi ilustrativo de todo o dito áchase precisamente no himno galego, con letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga; foi historicamente defendido polo nacionalismo galego, e posteriormente, coa caída do franquismo adoptado (só unha parte) como himno da nacionalidade histórica como figura no estatuto de autonomía. O nacionalismo, porén, mantén viva a versión completa do mesmo e a súa reivindicación.