Estatuto de autonomía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O estatuto de autonomía é a norma básica dunha comunidade autónoma española, recollida pola Constitución española de 1978 no seu artigo 81. Nos estatutos recóllese o nome da comunidade, a súa delimitación territorial, os nomes e sedes dos seus órganos autonómicos, as competencias que asumen e as linguas oficiais do territorio.
Os Estatutos de autonomía forman parte do ordenamento xurídico do Estado pero o seu réxime de elaboración e aprobación é diferente do resto de leis orgánicas ou ordinarias. Estas, teñen o rango de Lei Orgánica e polo tanto, necesitan unha votación favorábel da maioría absoluta dos membros do Congreso dos Deputados español.
Hai dúas formas de acceder á autonomía, por medio do artigo 143 da Constitución Española, accédese á autonomía "reducida" que foi ideada para as comunidades "non históricas", é dicir, todas aquelas que non aprobaran un Estatuto de Autonomía durante a II República. Poden acceder a lla tódalas provincias contiguas que teñan elementos históricos, culturais e territoriais comúns. Tamén se pode formar unha comunidade autónoma, cuando así o exprese o interese xeral, que vén determinado polas Cortes Xerais.
En troques, pera a Cataluña, Galiza e o País Vasco, consideradas nacionalidades históricas, o artigo 151 da Constitución Española prevé unha forma de acceso máis rápido á autonomía plena.