See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Amplitude - Wikipedia

Amplitude

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A amplitude é a medida escalar negativa da magnitude da oscilación, ou sexa, a magnitude da distorsión máxima no medio durante un ciclo de onda.

Ás veces esta distancia chámase amplitude pico, para diferenciala doutros conceptos de amplitude, e utilízase de xeito especial en enxeñaría eléctrica: o RMS ou amplitude raíz cadrada media, defínese como a raíz cadrada da media temporan do cadrado da distancia vertical da gráfica dende o eixo horizontal. A utilización da amplitude pico é precisa para ondas simétricas e periódicas, como unha onda sinusoidal, unha onda cadrada ou unha onda triangular. Para ondas asimétricas (pulsos periódicos nunha dirección, por exemplo), o pico de amplitude é ambiguo porque o valor obtido é distinto segundo se mida o sinal positivo máximo respecto á media, o sinal negativo máximo respecto á media ou o sinal positivo máximo respecto ó sinal negativo máximo (a amplitude pico a pico) e dividida por dous.

Distintas medidas da amplitude nunha onda sinusoidal.
Distintas medidas da amplitude nunha onda sinusoidal.

Para ondas complexas, especialmente sinais non repetitivos coma o ruído, utilízase a amplitude RMS xa que é inequívoca e ademais ten un significado físico. Por exemplo, a media da potencia transmitida por unha onda acústica ou electromagnética, ou por un sinal eléctrico, é proporcional ó cadrado da amplitude RMS (e xeralmente non o é ó cadrado da amplitude pico).

Hai distintos xeitos de representar matematicamente a amplitude:

Na ecuación de onda simple

x = A \sin(t - K) + b\ ,

A é a amplitude da onda.

As unidades da amplitude depende do tipo de onda.

Para ondas nunha corda, ou nun medio coma a auga, a amplitude é o desprazamento.

A amplitude das ondas sonoras ou de audio (tamén chamado volume) adoita referirse á amplitude da presión do ar na onda, aínda que ás veces refírese á amplitude do desprazamento das partículas (movementos do aire ou do diafragma do altofalante). O logaritmo da amplitude ó cadrado mídese normalmente en dB, así que unha amplitude nula corresponde a - dB. O volume está relacionado coa amplitude e coa intensidade e é unha das cualidades máis importantes dun son, aínda que xeralemente os sons poden recoñecerse independentemente da amplitude.

Para radiacións electromagnéticas, a amplitude corresponde co campo eléctrico da onda. O cadrado da amplitude é proporcional á intensidade da onda.

A amplitude pode ser constante (neste caso a onda é unha onda contínua) ou pode variar co tempo e posición. O xeito de variar da amplitude denomínase envoltura da onda.

[editar] Véxase tamén

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de: Amplitude


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -