Río Danubio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Danubio | |
---|---|
Río Danubio ao seu paso por Budapest |
|
Nacemento: | |
Altitude da fonte: | 1.078 msnm |
Lonxitude: | 2.888 Km |
Caudal medio: | 6.500 m³/s |
Conca: | |
País: | Alemaña, Austria, Eslovaquia, Hungría, Croacia, Bosnia Herzegovina, Serbia, Rumanía, Bulgaria, Moldavia e Ucraína |
Desemboca: | Mar Negro |
O Río Danubio é o segundo río máis longo da Europa (o Volga é o primeiro). Atravesa a Europa de oeste a leste.
O seu nome é en Búlgaro (transliterado) Dunav, Alemán Donau, Húngaro Duna, Romanés Dunăre, serbocroata Dunav, Eslovaco Dunaj, e en Ucraíno Dunay.
Índice |
[editar] Xeografía
O Danubio é unha importante vía comercial. Flúe a través de varios países (Austria, Bulgaria, Croacia, Alemaña, Hungría, Moldavia, Eslovaquia, Romanía, Ucraína, Serbia e Montenegro) tendo afluentes en sete deles.
A súa cunca hidrográfica estendese por 817 000 km². O seu fluxo medio é de 7 000 m3/s.
O Danubio ten a súa fonte na Selva Negra, a 60 km a noroeste do Lago Constanza (alemán Bodensee), na Alemaña, a partir de dous pequenos afluentes chamados Brigach e Breg, que se xuntan en Donaueschinge (Alemaña) e son chamados Danubio de alí en diante. Atravesa deseguido o norte de Austria (pasando por Viena), o sur da Eslovaquia, pasando por Bratislava, atravesa a Hungría do norte ao sur pasando por Budapest, a Croacia a leste, o norte da Serbia e Montenegro, pasando por Belgrado, marca a fronteira entre a Serbia e a Romanía, e tamén entra a Romanía e Bulgaria, antes de desaugar no Mar Negro na Romanía, formando un grande delta que chega á fronteira da Ucraína.
O delta do Danubio é unha rexión natural protexida na Romanía, principalmente na Selva Letea, de aspecto tropical. Está clasificado como patrimonio mundial pola Unesco desde 1991. A Romanía inquédase polas repercusións no medioambiente da construción do canal de Bystroe pola Ucraína.
[editar] Paisaxe
[editar] Recursos naturais
[editar] Clima
[editar] Flora e fauna
[editar] Demografia