See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lingua romanesa - Wikipedia

Lingua romanesa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Romanés (Románă)
Pronuncia: IPA:[ro'mɨ.nə]
Outros nomes: moldavo (en Moldova)
Falado en: Romanía (22 millóns, 90% da pob.), Moldova (~2,5 millóns) e pequenas zonas de Serbia (Voivodina) e outros 18 países
Total de falantes: 28 millóns (24 m. falantes nativos, 4 m. segunda lingua)
Posición: 34
Clasificación xenética: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Italo-oriental
    Romanés
Escrita: alfabeto latino
(antigamente en alfabeto cirílico)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Romanía
Moldova
Voivodina (Serbia)
Unión Europea
Regulado por: Academia Română
Códigos de lingua
ISO 639-1: ro
ISO 639-2: run (B) ron (T)
ISO/DIS 639-3: ron
SIL: RUM

Mapa do mundo romanés-falante

O romanés (limba română AFI /'limba ro'mɨnə/) é unha lingua romance do Leste de Europa, falada por uns 30 millóns de persoas, a maioría delas en Romanía (onde é lingua oficial) e en Moldova, así como en zonas de Serbia (na provincia autónoma de Voivodina), de Hungría e da Ucraína. Existen importantes núcleos de emigración romanesa en países como Italia, España, Israel, Estados Unidos, Francia e Alemaña, entre outros.


Índice

[editar] Descrición lingüística

[editar] Fonoloxía e escritura

O alfabeto romanés é fundamentalmente fonético.

A mostra escrita en romanés máis antiga da que se ten constancia é unha carta de 1521 chamada a carta de Neacşu de Câmpulung. Está escrita co alfabeto cirílico como tódolos primeiros textos romaneses (isto débese a que a lingua que se utilizaba para as cerimonias relixiosas era o eslavo antigo).

A fins do 1700 eruditos transilvanos empezan a usa-lo alfabeto latino para escribir en romanés. O alfabeto cirílico seguiuse usando (gradualmente caendo en desuso) ata 1860, cando a escritura romanesa foi oficialmente normativizada.

[editar] Gramática

[editar] O substantivo

Os nomes, en romanés, flexiónanse indicando xénero, número e caso.

[editar] Xénero

Ó contrario que a maioría das linguas romances, o romanés conserva tres xéneros: masculino, feminino e neutro; mantendo así o neutro herdado do latín.

As palabras que rematan en "ă" acostuman a ser femininas, mentres que os nomes con final consonántico son masculinos ou neutros. Ademais, as palabras que rematan en "e" poden ser de calquera xénero.

Algunhas veces pódese modifica-lo xénero utilizando sufixos. De feminino a masculino utilízase o sufixo "-oi" (pisica (fem) - pisoi (masc) = gato) e o proceso oposto lógrase co sufixo "-ică" (lup (masc) - lupoaică( (fem) = loba).

[editar] Número

O romanés distingue entre as formas do plural e o singular nos nomes. O plural fórmase con cambio vocálico (do mesmo xeito que no italiano, o plural acostuma a derivar do caso xenitivo latino), pero en ocasións hai algún outro son que cambia dentro dos nomes (así "o noapte" = unha noite, fronte a "două nopţi" = dúas noites).

A continuación hai unha táboa coas normas de formación do plural romanés:


Xénero Sufixo - Sg Sufixo - Pl
Feminino -ă / -e / -ea -e / -i / -ele
Masculino -(consoante)/-e / -u -i
Neutro -(consoante) -uri / -oare / -e

Algúns exemplos:


Xénero Nome - Sg Nome - Pl Xénero Nome - Sg Nome - Pl
Feminino carte = libro cărţi = libros Masculino călător = viaxeiro călători = viaxeiros
Neutro drum = estrada drumuri = estradas Neutro măr = mazá mere = mazás

[editar] Artigos
Artigo determinado

Outra peculiaridade do romanés é que ten o artigo determinado adherido ó final do nome, coma no veciño albanés (tamén no sueco), en lugar de ser unha palabra separada ó inicio do sintagma nominal. O artigo determinado formouse, ó igual ca noutras linguas romances a partir do pronome demostrativo do latín.


Xénero Nome Artigo determinado Nome con artigo
Feminino carte = libro -a cartea = o libro
Masculino drum = estrada -ul drumul = a estrada
Artigo indeterminado


Xénero Nominativo Dativo
Singular Plural Singular Plural
Feminino o nişte unei unor
Masculino un unui
Neutro

[editar] Posesión

A posesión indícase mediante o artigo posesivo, e mediante o caso oblicuo dun nome posuidor.


Xénero Singular Plural
Feminino a ale
Masculino al ai

[editar] Os pronomes

Ó igual ca no italiano, normalmente omítense os pronomes en caso nominativo, a non ser que haxa que aclarar algunha ambigüidade no significado da oración. Normalmente, o sufixo do verbo provee información sobre o suxeito. A inflexión de xénero aparece tan só na terceira persoa (el/ea).


Casos Primeira persoa Segunda Persoa Terceira persoa
Singular Plural Singular Plural Singular Plural
masc fem masc fem
Nominativo eu noi tu voi el ea ei ele
Xenitivo meu nostru tău vostru lui ei lor
Dativo mie nouă ţie vouă lui ei lor
Acusativo mine noi tine voi el ea ei ele
Vocativo - - tu voi - - - -

[editar] O verbo

O romanés herdou do latín os seus catro grupos verbais. Por outro lado, o romanés ten seis formas distintas de expresa-lo tempo futuro.

[editar] Léxico

A maior parte do léxico romanés (ó redor dun 75%) é de orixe (latina), pero, ademais, tamén tomou emprestadas moitas palabras dos seus veciños eslavos, do francés, italiano, alemán, húngaro, turco, grego e inglés.

A influencia eslava apréciase tanto na compoñente léxica coma na fonética da lingua. Por exemplo, ó non te-lo latín unha palabra para expresar "si", o romanés tomou a expresión eslava da. Ademais, o romanés é a única linguas romances co fonema /h/.

Tamén cabe destacar que case tódalas actividades rurais teñen nomes procedentes do latín, mentres que aquelas relacionadas coa vida urbana foron emprestadas doutras linguas (francés, italiano, alemán, inglés, húngaro, etc).
Durante o século XIX, o romanés tomou emprestado léxico do francés e do italiano. Máis adiante, tomou do alemán e o inglés.

A modo de exemplo, na seguinte frase saliéntanse as palabras emparentadas en distintas linguas romances:

Ea închide întotdeauna fereastra înainte de a cina. (romanés)
Ela pecha sempre a fiestra antes de cear. (galego)
Ea semper fenestram claudit antequam cenet. (Latin)
Ella chiude sempre la finestra prima di cenare. (italiano)
Elle ferme toujours la fenêtre avant de dîner. (francés)
Ella siempre cierra la ventana antes de cenar. (español)
Ella tanca sempre la finestra abans de sopar. (catalán)

[editar] Dimensión social, histórica e literaria

[editar] Historia da lingua

En tempos antigos, o territorio onde se atopa actualmente Romanía foi habitado polas parcialidades tracias dos getas e dacios, quen falaban unha lingua indoeuropea, a lingua dos dacios, da que se sabe moi pouco. Algúns lingüistas opinan que era unha lingua similar ó latín, aínda que con moitas probabilidades influída polo grego.

Despois a conquista romana, Dacia transformouse nunha provincia romana e o latín vulgar converteuse na lingua usada pola administración e para o comercio. Hai que destacar que só unha pequena parte de Dacia (o que hoxe é Romanía) foi romanizada. A maior parte do territorio estaba poboado por dacios libres (carpos), os cales nunca estiveron baixo control romano.

Aínda que pode que nunca se saiba moito acerca do dacio, hai unhas 300 palabras puramente romanesas, existentes nos catro dialectos, e moitas con correspondentes en albanés, sobre as cales se considera que poderían ser herdadas do dacio, moitas delas ligadas á vida pastoril, tales como bránză ("queixo"). Algúns lingüistas afirman que os albaneses serían dacios non-romanizados, que migraron rumbo ao sur. Un outro punto de vista afirma que esas palabras non-latinas (moitas con correspondentes en albanés) non son tampouco de orixe dacia, e si terían sido traídas no territorio da Romanía por pastores romanizados que migraban da Albania, Serbia e Grecia do norte no espazo cárpato-danubiano-pontico, que tornáronse, despois de, o pobo romanés.

Pénsase que tódolos dialectos romaneses estiveron unificados ata un momento situado entre o século VII e o século X, antes de que as linguas eslavas se achegaran ós pobos de fala dacia.
As variacións do dialecto daco-romanés (o cal se fala por toda Romanía) son insignificantes, o cal chama a atención porque ata a era moderna non houbo apenas contacto entre os romaneses de distintas rexións. Esta uniformidade esténdese máis alá das fronteiras romanesas, xa que un falante de romanés en Serbia utiliza a mesma linguaxe ca un de Moldavia.

A primeira mostra escrita de romanés data do século XVI.

[editar] Distribución xeográfica

Principais áreas onde se fala romanés
Principais áreas onde se fala romanés

O romanés fálase principalmente en Romanía, Moldavia, e nalgunhas comarcas de Ucraína (sectores de Bucovina e sueste de Besarabia), Hungría, Serbia e Montenegro (sectores da rexión autónoma de Voivodina e sueste de Besarabia) , Bulgaria, Macedonia e Grecia. Sen embargo hai falantes romaneses espallados por diversos países, tales como Canadá, Estados Unidos, Alemaña, Israel, Australia e Nova Celandia. Esta dispersión débese principalmente á inmigración de despois da Segunda Guerra Mundial.


País Poboación Falantes nativos de romanés Porcentaxe Notas adicionais
Romanía 21,698,181 19,420,000 89.5% Lingua oficial
Moldova 4,430,654 3,483,600 64.5% Lingua oficial
Rusia 145,537,200 178,000 0.1% Moitos deles foron moldavos desterrados a Siberia
Ucraína 48,055,439 385,000 0.8% zonas meridionais na Bucovina ucraína e sur de Besarabia
Serbia e Montenegro 10,662,087 200,000 - 500,000 0.5% - 4.6% Unha das lingua oficiais de Voivodina ( Banato meridional) xunto co serbocroata e o maxiar ou húngaro
Israel 6,700,000 250,000 3.7%
Alemaña 83,251,851 150,000 0.2%
Estados Unidos 281,421,906 100,000 0.03%
Hungría ( especialmente nas zonas fronteirizas do Bánato occidental ou Banato de Temesvar) 10,138,844 71,000 0.7%
Canadá 32,207,113 60,520 0.2%

[editar] Oficialidade

O romanés é lingua oficial en Romanía, Moldavia (neste último territorio chámaselle" lingua moldava") e é, xunto ó serbocroata e ó maxiar lingua cooficial na rexión autónoma de Voivodina - ou en romanés Banato Meridional- (no norte de Serbia).
Noutros países de Europa do Leste (agás Hungría), a minoría romanesa ten moi poucos dereitos en relación co uso do romanés en escolas e institucións.

[editar] Dialectoloxía

O romanés, lingua romance, ten catro dialectos:

Pénsase que o romanés naceu ó norte e ó sur do Danubio. Isto puido manterse así ata a chegada e os asentamentos dos eslavos ó sur do río.

[editar] Literatura en lingua romanesa

[editar] Breve vocabulario

  • "romanés" (persoa): "Român"
  • "ola": "Salut" ou "Salutare" ou "Bună"
  • "adeus": "La revedere"
  • "vémonos": "Pa" ou "Ne vedem"
  • "por favor": "Vă rog"
  • "síntoo": "Îmi pare rău"
  • "grazas": "Mulţumesc"
  • "si": "Da"
  • "non": "Nu"
  • "Non entendo": "Nu înţeleg"
  • "¿Onde está o cuarto de baño?": "Unde e baia?"
  • "Falades español?": "Vorbiţi spaniola?"

[editar] Referencias

  • Rosetti, Alexandru, Istoria limbii române, 2 vols., Bucarest, 1965-1969.
  • Uwe, Hinrichs, Handbuch der Südosteuropa-Linguistik

[editar] Ligazóns externas

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua romanesa.
Para aprender romanés
Vocabularios
Dicionarios
Linguas oficiais da Unión Europea
Búlgaro | Checo | Dinamarqués | Neerlandés | Inglés | Estoniano | Finés | Francés
Alemán | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón | Lituano | Maltés
Polaco | Portugués | Romanés | Eslovaco | Esloveno | Castelán | Sueco
Fonte: Sitio da Unión Europea
Linguas e variedades románicas
aragonés | arromanés | asturleonés (incluído o mirandés) | borgoñón | castelán (incluído o ladino) | catalán | dálmata* | emiliano-romagnolo | francés | francoprovenzal | friuliano | galego (incluído a fala de Estremadura) | galó | istriarromanés | italiano | ladino | lorrenés | ligur | lombardo | mozárabe* | occitano | megleno-arromanés | napolitano | normando | picardo | piemontés | poitevino-saintongeais | portugués | retorrománico | romanés | sardo | siciliano | valón | véneto
* lingua extinguida



aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -