Lingua véneta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Véneto (Vèneto ) | ||
---|---|---|
Falado en: | Italia, Croacia, Eslovenia e comunidades de emigrantes en varios países. | |
Rexión: | Europa occidental | |
Total de falantes: | 2,21 millóns | |
Clasificación xenética: | Indoeuropea Itálica Románica Ítalo-occidental Galo-itálica Véneto |
|
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | roa | |
ISO/DIS 639-3: | vec | |
SIL: | VEN |
O véneto (en vén. vèneto ou Łengua vèneta) é unha lingua románica falada por máis de dous millóns de persoas, principalmente no Véneto, nordés da Italia. Os seus falantes concéntranse sobre todo naquela que antigamente era a Terraferma (Terra Firme) da República de Venecia (Véneto, parte do Trentino, Istria e Venecia Giulia). É recoñecida entre as linguas minoritarias europeas pola UNESCO (Red book on endangered languages). Aínda que sexa coñecido como un dialecto italiano, o véneto non descende da lingua italiana, senón directamente do latín, tendo a súa propia morfoloxía, sintaxe e léxico.
As variantes máis importantes son:
- véneto oriental (véneto veneciano) falado en Venecia e arredores
- véneto occidental (véneto veronés) falado en Verona e a súa provincia
- véneto central (ou centro-meridional) falado nas prov. de Padua, Vicenza, e Rovigo
- véneto setentrional (ou ven. feltrino-belunés) falado en Feltre e Belluno
- véneto trevisan falado na prov. de Treviso e influenciado polo veneto setentrional e veneciano
Os falantes chámanlle venesian (veneciano) á variedade falada na cidade de Venecia, mentres que empregan a palabra véneto para se referir a toda a lingua independentemente da variante que sexa.
O 28 de marzo de 2007, o véneto foi recoñecido como lingua polo Consello Rexional Véneto coa lei de "tutela e valorizzacione della lingúa e cultura veneta", aprobada pola maioría dos partidos de goberno e oposición.
A lingua véneta descende do latín vulgar e foi posibelmente influenciada pola extinta lingua venética, falada na rexión entre os séculos V a.C. e I a.C., e posteriormente polas linguas dos pobos xermánicos (visigodos, ostrogodos e lombardos) que invadiron o norte da Italia no século V d.C.
[editar] Ligazóns externas
- (inglés) Manual Gramatical Xeral da Lingua Véneta e as súas Variedades (véneto - inglés)
- (portugués) Dicionario Xeral da Lingua Véneta e as súas Variedades
- Informe de Ethnologue sobre o veneciano
- Raixe Venete
- Sitoveneto
- Quatro Ciàcoe
Linguas e variedades románicas |
---|
aragonés | arromanés | asturleonés (incluído o mirandés) | borgoñón | castelán (incluído o ladino) | catalán | dálmata* | emiliano-romagnolo | francés | francoprovenzal | friuliano | galego (incluído a fala de Estremadura) | galó | istriarromanés | italiano | ladino | lorrenés | ligur | lombardo | mozárabe* | occitano | megleno-arromanés | napolitano | normando | picardo | piemontés | poitevino-saintongeais | portugués | retorrománico | romanés | sardo | siciliano | valón | véneto |
* lingua extinguida |