Lingua normanda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Normando (Normand) | ||
---|---|---|
Falado en: | Francia e Reino Unido | |
Rexión: | Normandía e as Illas do Canal | |
Total de falantes: | — | |
Clasificación xenética: | Indoeuropea Itálica Románica Italo-Occidental Galo-ibérica Galo-Romance Normando |
|
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | roa |
O normando é unha lingua romance, unha das linguas d'Oïl, considerada tradicionalmente un dialecto do francés - pexorativamente denominado patois-, que por iso recibe tamén o nome de francés normando. Fálase na rexión de Normandía, onde carece de status de oficialidade e tan só está recoñecida como lingua rexional, e nas Illas Anglonormandas, os dialectos destas illas desenvolvéronse separadas do normando continental desde que Normandía deixou de pertencer á coroa inglesa no século XIII. Na actualidade, en xeral, o normando está máis presente nas áreas menos accesibles do antigo ducado de Normandía, as Illas Anglonormandas, a península de Contentin e o Pays de Caux
[editar] Dialectos
Normandía continental: Os dous principais dialectos son o normando propiamente dito e o normando meridional falado ó sur da liña Joret, unha isoglosa establecida por Charles Joret no século XIX, que ten solucións máis próximas ó mayennais e ó gallo, actualmente o normando meridional está mesturado co francés rexional e os falantes moitas veces non poden distinguir as realizacións do normando e as do francés. No normando propiamente dito conservánse relativamente ben o contentinais na península de Contentin e o cauchois no Pays de Caux, o augeron, do Pays de Auge, está case extinto.
Illas Anglonormandas:
[editar] Influencia no inglés
Logo da conquista de Inglaterra polos normandos (1066) o inglés viuse influenciado polo normando, palabras de orixe normanda no inglés:
Inglés | Normando | Francés |
---|---|---|
fashion | < faichon | = façon |
cabbage | < caboche | = chou (cf. caboche) |
castle | < castel | = château, castelet |
cauldron | < caudron | = chaudron |
causeway | < cauchie | = chaussée |
catch | < cachi | = chasser |
cater | < acater | = acheter |
mug | < mogue/moque | = tasse, boc |
wicket | < viquet | = guichet (cf. piquet) |