Lingua galega
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Galego | ||
---|---|---|
Falado en: | Galicia Terra Eo-Navia (Asturias) O Bierzo (León) As Portelas (Zamora) Serra de Xalma (Cáceres) Diáspora galega. |
|
Total de falantes: | 2.800.000 | |
Posición: | Non está entre as 100 primeiras | |
Clasificación xenética: | Indoeuropea Itálica Románica Ítalo-occidental Occidental Galo-ibérica Ibero-románica Ibero-occidental Galaico-portuguesa Galego |
|
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Galiza, aceptada oralmente como portugués no Parlamento Europeo. | |
Regulado por: | Real Academia Galega | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | gl | |
ISO 639-2: | glg | |
ISO/DIS 639-3: | glg | |
SIL: | GLG |
A lingua galega é unha lingua romance nada e desenvolvida na antiga provincia romana da Gallaecia (que abranguía o territorio da Galicia actual, o norte de Portugal e territorios lindantes polo leste).
Índice |
[editar] Historia da lingua
- Artigo principal: Historia da lingua galega.
A lingua galega é unha lingua romance ou neolatina, con influencia léxica pre-celta, celta, éuscara, xermánica, provenzal, castelá (arabismos, prestamos lingüísticos, ortografía moderna e certos trazos fonéticos) e amerindia.
O galego moderno descende do galego-portugués, lingua medieval que evolucionou e deu lugar aos actuais galego e portugués. A lingua galega fálase en Galicia, nos concellos limítrofes dos territorios españois de Asturias, León, Zamora, en tres concellos estremeños e nas comunidades de galegos emigrantes en Arxentina e Uruguai (máis de tres millóns de emigrantes galegos vivindo naqueles países).
A lingua galega é un romance autónomo para as autoridades lingüísticas oficiais en Galicia, emparentado co portugués, mentres para outros lingüistas aínda hoxe é unha variante co-dialectal do diasistema lingüístico galego-portugués.
A lingua considérase formada arredor do s. IX no que se refire á oralidade, como resultado da asimilación do latín vulgar falado polos conquistadores romanos no s. II dC.
No seu momento foi lingua culta fóra dos reinos de Galicia e Portugal nos reinos veciños de León e Castela. Escribiu en galego, por exemplo, o rei Afonso X o Sabio, as "Cantigas de Santa María". A súa importancia foi tal que se considera a segunda literatura durante a Idade Media, só despois do Occitano.
Recentemente foi achado o documento máis antigo escrito en galego no territorio actual galego que se conserva, o cal data do ano 1228, trátase do Foro do burgo de Castro Caldelas outorgado por Afonso IX en abril do dito ano ao municipio de Allariz (Galicia).
O galego-portugués tivo case 700 anos de existencia oficial e plena, pero as derrotas que a nobreza galega sufriu ao tomar partido polos bandos perdedores nas guerras de poder de finais do s. XIV e primeiros do s. XV provoca a asimilación da nobreza galega e a dominación castelá, o que leva consigo unha opresión e unha desaparición pública, oficial, literaria e relixiosa da lingua galega ata finais do s. XIX. Son os chamados Séculos Escuros. O portugués, pola súa banda, gozou durante este período dunha protección e desenvolvemento libre grazas a que Portugal foi o único territorio peninsular que permaneceu alleo ao dominio lingüístico do castelán.
Na actualidade o galego fálano case tres millóns de persoas; é a lingua minorizada con maior comprensión e uso porcentual dentro do Estado Español. É idioma oficial na Nacionalidade Histórica de Galicia (onde o castelán é co-oficial), e tamén se fala na Terra Eo-Navia (Asturias), no Baixo Bierzo (León), nas Portelas (Zamora) e na Serra de Xálima (Cáceres). Así mesmo é a lingua da importante comunidade galega no exterior, espallada por todo o mundo.
Desde o punto de vista reintegracionista, Galicia fala unha lingua que ten 210 millóns de falantes no mundo, coñecida como portugués. Aínda, no chamado galego do continente europeo, deberiamos incluír as falas do norte de Portugal, que conforman un conxunto relativamente unitario de falares no cadro da actual euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.
Cada 17 de maio celébrase o "Día das Letras Galegas" dedicado a un escritor nesta lingua (elixido pola Real Academia Galega). O día escollido utilízano os organismos oficiais para potenciaren o uso e o coñecemento da lingua galega.
[editar] Características do galego
O galego, polo seu caracter períferico, distinguese do resto dos romances polo seu caracter á vez conservador e orixinal. Entre os últimos fenómenos están a queda de -n- e -l- intervocálicos (acontecida nos séculos IX e X) e a evolución de cl- pl- e fl- iniciais latinos e entre os conservadores a sintaxe e a conservación de expresións e fenómenos latinos (como o futuro de conxuntivo, ainda que con outro uso) que desapareceron na maioría dos romances.
[editar] Sons
- Artigo principal: As vogais galegas.
Fonema (IPA) | Grafema | Exemplo |
---|---|---|
/a/ | a | nada |
/e/ | e | tres |
/ɛ/ | e | ferro |
/i/ | i | min |
/o/ | o | bonito |
/ɔ/ | o | home |
/u/ | u | rúa |
Este é o sistema común a todos os falares galegos excepto a fala de Estremadura, que apresenta 5 vogais como o castelán.
Bilabiais | Labiodentais | Dentais | Alveolares | Pós-alveolares | Palatais | Velares | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Realización | xorda | sonora | xorda | xorda | sonora | xorda | sonora | xorda | sonora | xorda | sonora | |||
Oclusivas | p | b | t | d | k | g | ||||||||
Nasais | m | n | ɲ | ɳ | ||||||||||
Fricativas | f | θ † | s | ʃ | ||||||||||
Africadas | tʃ | |||||||||||||
Laterais | l | ʎ | ||||||||||||
Tepes | ɾ | |||||||||||||
Vibrante | r |
† Este fonema esta presente só nos dialectos galegos non seseantes, aqueles que pronuncian pazo de forma ben distinta de paso.
[editar] Institucións relacionadas
- RAG, Real Academia Galega.
- ILG, Instituto da Lingua Galega.
- Consello da Cultura Galega
[editar] Asociacións relacionadas
[editar] Ligazóns
[editar] Outros
- As preposicións galegas
- Perífrases verbais galegas
- Listado de substantivos latinos neutros e a súa correspondencia actual
- Listado de palabras galegas co seu étimo latino
- Listado de étimos e os vocábulos galego-portugueses correspondentes
- Exercicios sobre léxico galego en Wikilibros
- Exercicios sobre morfosintaxe galega en Wikilibros
- OpenTrad, tradutor galego - castelán
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns da RAG
[editar] Ligazóns da Xunta de Galicia
[editar] Ligazóns de Universidades
- Tradutor automático español <-> galego
- Departamento de Filoloxía galega da USC
- Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo
- Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo
- Corpus Técnico do Galego
- Aquén - Toponimia galega
- OrtoGal - Corrector ortográfico en liña de galego
[editar] Outras ligazóns
- Asociación Berciana da Lingua Xarmenta
- Cousas: O teu portal galego
- Mesa pola Normalización Lingüística
- CiberIrmandade da Fala
- Associaçom Galega da Língua
- Movimento Defesa da Língua
- A mesa prá Defensa del Galego de Asturias e da Cultura da Comarca
- Fala Ceibe, colectivo pola normalización do galego no Bierzo
- Especial de Vieiros sobre o galego exterior
- Questione della lingua
- Canal de Vieiros sobre o galego
- Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades
- Un idioma preciso
- Tesouro Informatizado da Lingua Galega
- Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega
- Linguadeamor.eu
- Directorio de webs en galego
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Arquivo Sonoro de Galicia
- Historia da lingua galega en verso, por D. X. Cabana
- Loia
- proel.org
- Trabalingua, novas sobre lingua galega
- Apuntamentos de Filoloxía Galega (USC)
- Curso de galego dirixido a falantes de castelán
Linguas e variedades románicas |
---|
aragonés | arromanés | asturleonés (incluído o mirandés) | borgoñón | castelán (incluído o ladino) | catalán | dálmata* | emiliano-romagnolo | francés | francoprovenzal | friuliano | galego (incluído a fala de Estremadura) | galó | istriarromanés | italiano | ladino | lorrenés | ligur | lombardo | mozárabe* | occitano | megleno-arromanés | napolitano | normando | picardo | piemontés | poitevino-saintongeais | portugués | retorrománico | romanés | sardo | siciliano | valón | véneto |
* lingua extinguida |