Terra Eo-Navia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Terra Eo-Navia é como se coñece á rexión de lingua galega que se atopa no occidente do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia e que comprende 18 concellos situados entre os ríos Eo e Navia. Trátase dunha denominación de recente creación que non se corresponde con ningunha división territorial oficial ou de uso cotián tradicional.
O termo naceu en sectores do galeguismo, e en primeira instancia correspóndese cunha realidade lingüística e cultural, xa que fai referencia aos concellos do Principado nos que falan a modalidade asturiana do galego oriental (agás Castropol, Ibias e A Veiga, onde se fala a variante común do galego oriental).
En segunda instancia, o termo fai referencia a aspiracións políticas defendidas por unha parte do nacionalismo galego, que reivindica esa comarca cultural como parte da Galicia. Secasí, esta posibilidade, malia a que conta con seguidores, é minoritaria nese territorio.
[editar] Concellos
Concellos galegofalantes | Asturias | |
---|---|
Boal | Castropol | Coaña | Eilao | El Franco | Grandas de Salime | Ibias | Pezós | San Martín de Ozcos | Santalla de Ozcos | Santiso de Abres | Tapia | Taramundi | A Veiga | Vilanova de Ozcos |
|
Concellos parcialmente galegofalantes |