Luenga gallega
Dendi Güiquipeya
El gallegu es la luenga el grupu romanci (nel sentiu filulóhicu el términu) palrá en Galícia (España).
[eital] Muestra testual
"Galicia ou Galiza é unha nación establecida xurídica e administrativamente como Comunidade Autónoma con estatuto de "nacionalidade histórica" segundo a Constitución española e o seu Estatuto de Autonomía (ver Estatuto de Galicia) dentro do Reino de España e situada ao noroeste da Península Ibérica. Linda ao leste con Asturias e Castela e León, ao oeste co Océano Atlántico, ao norte co Mar Cantábrico) e ao sur coa República de Portugal.
Ten como lingua oficial o galego, similar e de orixe común co portugués, que comparte o dito estatuto co castelán, que é oficial en todo o estado.
A Galicia pertencen o arquipélago das Illas Cíes (formado pola illa do Faro, illa de Monteagudo e a illa de San Martiño), o arquipélago de Ons (formado pola illa de Ons e a illa de Onza), o arquipélago de Sálvora (formado polas illas de Sálvora, illa de Vionta e Sagres), así como outras illas como Cortegada, Arousa, as illas Sisargas, ou Malveiras; a meirande parte das cales pertencen ao Parque nacional das Illas Atlánticas."