Lingua serbocroata
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O serbocroata é unha lingua eslava falada principalmente en Serbia, Montenegro, Croacia e Bosnia - Hercegovina por menos de 20 millóns de persoas. Os seus códigos ISO 639 son sh, scr e scc.
A lingua constitúe un diasistema, dividido en dous dialectos principais:
- o croata, que usa o alfabeto latino
- o serbio, que usa dous alfabetos: o alfabeto cirílico e o alfabeto latino
A antiga Iugoslavia era un verdadeiro caldeiro de mesturas: dous alfabetos, tres linguas oficiais, tres relixións predominantes, catro etnias e seis repúblicas. Coa súa disolución produciuse unha simplificación notable no sentido de que cada nova entidade identificouse cun Estado determinado (Serbia, Croacia, Bosnia - Hercegovina e Macedonia (ARIM). Apesares de todo, as dificuldades en tódolos niveis nesta rexións dos Balcáns persisten. Inclusive no aspecto lingüístico.