Croacia - Hrvatska
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: Non ten | |||
Linguas oficiais | Croata¹ | ||
Capital | Zagreb | ||
Presidente | Stjepan Mesić | ||
Primeiro ministro | Ivo Sanader | ||
Área - Total - % auga |
124º maior 56,542 km² 0,01 |
||
Poboación - Total (Ano) - Densidade |
115º mais populoso 4,551,000 (est 2005) 83 h/km²; |
||
Independencia - Declarada - Recoñecida |
1991 25 de xuño de 1991 de Iugoslavia |
||
Moeda | Kuna, HRK | ||
Fuso horario | UTC +1 | ||
Himno nacional | Lijepa naša domovino | ||
TLD (Internet) | .HR | ||
Código telefónico | +385 | ||
(1) Tamén italiano no condado de Istria |
Croacia é un país de Europa. Limita ao norte con Eslovenia e Hungría, ao leste con Serbia, Bosnia e Hercegovina e Montenegro, e ao sur co Mar Adriático. A súa capital é Zagreb. Ten unha extensión de 89.810 km² e 4.422.248 habitantes.
Índice |
[editar] Política
O Presidente da república é o xefe de Estado, é elixido cada cinco anos por un máximo de dúas lexislaturas, segundo a Constitución de 1990 (catro enmendas en 1997, 2000 e dúas en 2001). É o comnadante en xefe das Forzas Armadas e propoñe ó Primeiro Ministro ó Parlamento de xeito simbólico.
Poder executivo: O goberno croata (Vlada) está dirixido por un Primeiro Ministro e dous axudantes, que mandan nun gabinete de 14 ministerios. Redactan os orzamentos e as leis para a súa aprobación no parlamento.
Poder lexislativo: É unicameral. O Parlamento (Sabor) ten entre 100 e 160 representantes elixidos cada catro anos.
Poder xudicial: A máxima autoridade xudicial croata é o Tribunal Supremo. Por debaixo del hai tribunais nos condados e nos concellos. Existe un Tribunal Constitucional para os temas de interpretación da Constitución.
Os partidos máis importantes son: Partido Popular Croata, Comunidade Demócrata Croata e Unión Demócrata Croata.
[editar] Demografía
Os croatas representan o 86,9% da poboación, a minoría máis numeroa é a serbia (4,5%). A lingua oficial é o croata (tamén oficial en Bosnia e Hercegovina), deriva do serbocroata pero ten grafía latina. O 87,8% son católicos, cun 4,4% de ortodoxos.
[editar] Divisións administrativas, condados de Croacia
A subdivisión administrativa máis representativa son os condados. Deste xeito as rexións históricas e xeográficas non teñen competencias administrativas. Esta é a lista de condados agrupados dentro das rexións históricas e xeográficas:
Condado | Nome oficial | |
Croacia Central | ||
---|---|---|
Zagreb | Zagrebačka županija | |
Krapina-Zagorje | Krapinsko-zagorska županija | |
Sisak-Moslavina | Sisačko-moslavačka županija | |
KarlovaKarlovac | Karlovačka županija | |
Varaždin | Varaždinska županija | |
Koprivnica-Križevci | Koprivničko-križevačka županija | |
Bjelovar-Bilogora | Bjelovarsko-bilogorska županija | |
Međimurje | Međimurska županija | |
Cidade de Zagreb | Grad Zagreb | |
Istria, Costa norte e Croacia montañosa | ||
Primorje-Gorski Kotar | Primorsko-goranska županija | |
Lika-Senj | Ličko-senjska županija | |
Istria | Istarska županija | |
Eslavonia | ||
Virovitica-Podravina | Virovitičko-podravska županija | |
Požega-Eslavonia | Požeško-slavonska županija | |
Brod-Posavina | Brodsko-posavska županija | |
Osijek-Baranja | Osječko-baranjska županija | |
Vukovar-Syrmia | Vukovarsko-srijemska županija | |
Dalmacia | ||
Zadar | Zadarska županija | |
Šibenik-Knin | Šibensko-kninska županija | |
Split-Dalmatca | Splitsko-dalmatinska županija | |
Dubrovnik-Neretva | Dubrovačko-neretvanska županija |
[editar] Economía
- Ver artigo principal: Economía de Croacia.
[editar] Ligazóns externas
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |