Galitsia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Galitsia é unha rexión de Polonia (Galicja en polaco), situada ó sur deste estado na actualidade. No seu territorio atópase o santuario de Czestochowa, lugar onde comezou a súa andaina eclesiástica o papa Xoán Paulo II, así coma os territorios próximos a Cracovia onde os nazis instalaron os campos de concentración de Auschwitz, Treblinka e Birkenau.
[editar] Historia
Ligada ao principado de Kiev dende o século IX, a partires do século XII converteuse nun dos máis prósperos principados rusos. En 1349, Casimiro o Grande incorporou a parte occidental a Polonia, mentres a oriental pasou ao poder do duque de lituania. Polo primeiro reparto de Polonia, en 1772, pasou a Austria, que en 1809 cedeu a Galizcia occidental con Cracovia a Napoleón, o cal anexionoulle o ducado de Polonia, e a parte suroueste a Rusia. Durante a Primeira Guerra Mundial foi invadida por Rusia, e cedida a Polonia en 1919. Trala invasión de Polonia poe Alemaña en 1939, quedou repartida ente esta e Rusia. En 1945 Polonia cedeu a Galitzia oriental a Rusia, que a incorporou á república socialista soviética de Ucraína.