See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Economía - Wikipedia

Economía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
(De ser posíbel, será mellor substituír este marcador por outro máis específico)



Economía (do grego οίκος [oikos], 'casa', e νομος [nomos], 'regra', polo tanto "dirección dunha casa") é unha ciencia social que estuda a produción, distribución, comercio e consumo de bens e servizos. A economía dise normativa cando recomenda unha opción sobre outra, ou cando fai un xuízo subxectivo de valor. Pola contra, a economía dise positiva cando intenta predicir e explicar obxectivamente as consecuencias de eleccións, dadas unha serie de premisas e/ou un conxunto de observacións. A elección de que premisas facer na construción dun modelo así como que observacións destacar son, non obstante, normativas.

A economía, que se centra en variables mensurables, divídese en dúas ramas principais: microeconomía, que trata dos axentes individuais, tales como fogares e empresas, e macroeconomía, que considera a economía na súa totalidade, e trata da oferta e demanda agregadas de diñeiro, capital e mercancías. Os aspectos que reciben a particular atención en economía son: asignación de recursos, produción, distribución, comercio, e competencia. A lóxica económica aplícase cada vez máis a calquera problema que implique a elección en situación de escaseza ou determinar un valor económico .

O paradigma económico preponderante é unha combinación da economía neoclásica e da macroeconomía chamada a síntese neoclásica. Varias escolas de economía heterodoxa intentan explicar os fenómenos económicos utilizando premisas, formalismos ou paradigmas diferentes.

Chámase economista ó profesional que traballe nun dos moitos campos da economía ou teña un grao académico nesta materia.

Índice

[editar] Definicións da economía

Hai un fato de definicións, pasadas e presentes, que se aplicaron primeiro ó termo economía política e logo o termo actual de economía. John Maynard Keynes comentou unha vez que a "economía é a ciencia do pensamento." Podemos dicir que o obxecto de estudo da economía mudou desde o estudo da "riqueza" ao "benestar" e ao estudo das compensacións (trade-offs).

[editar] Definición baseada na riqueza

As definicións máis temperáns da economía política eran declaracións simples, elegantes que a definían como o estudo da riqueza. Adam Smith, considerado xeralmente como o pai da economía, autor de Unha investigación sobre a natureza e as causas da riqueza das nacións (coñecida xeralmente como A riqueza das nacións) define a economía simplemente como "a ciencia da riqueza." Smith ofreceu outra definición, "a ciencia referente aos leis da produción, distribución e intercambio." A riqueza definiuse coma a especialización do traballo que permitía que unha nación producise máis coa súa oferta de traballo e de recursos. Esta definición afastou a Smith e a Hume das definicións anteriores que definiron a riqueza como ouro. Hume arguíu que o ouro sen incremento da actividade simplemente aumentaba os prezos.

[editar] Definición baseada no benestar

== John Stuart Mill definiu a economía como "a ciencia práctica da produción e distribución da riqueza"; esta definición foi adoptada polo Dicionario sucinto de Oxford. Para Mill, a riqueza defínese como o stock de cousas útiles.

As definicións en términos da riqueza acentúan a produción e o consumo, e non se ocupan das actividades económicas non perceptiblemente implicadas nestes dous procesos (por exemplo, xubilados, esmoleiros). Para os economistas deste período, a actividade non produtiva é un custo para a sociedade. Esta interpretación deu a economía unhas miras estreitas que foi rexeitado por moitos por colocar á riqueza en primeiro plano e ao home en segundo lugar. ==

[editar] Definición baseada na escaseza

Unha definición que capta boa parte da teoría económica é a de Lionel Robbins nun ensaio de 1932: "a ciencia que estuda a conduta humana como a relación entre fins e medios escasos que teñen usos alternativos". Escaseza significa que os recursos dispoñíbeles son insuficientes para satisfacer todos os desexos e necesidades. A ausencia de escaseza e os usos alternativos dos recursos dispoñíbeles non é un problema económico. Deste xeito a economía atinxe o estudo da elección ou escolla, influída por incentivos e recursos.

[editar] Campos de estudo na economía

O campo de estudo da economía pode ser dividido de varios xeitos, os máis comúns son a microeconomía e a macroeconomía. A economía pode dividirse tamén en positiva ("o que é") e normativa ("o que debería ser"), e por subcampos. Os seu métodos teñen acrecentado a súa aplicación a outros espazos de estudo que engloban ás persoas encarando situacións electivas, incluíndo a educación, a economía familiar, a política, a saúde e a lei.

[editar] Microeconomía e macroeconomía

A economia divídese polo normal en dúas ramas bastante amplas:

  • Microeconomía, que estuda o comportamente económico de actores individuais como empresas, famílias, e individuos, co obxectivo de entender o proceso de toma de decisións ante unha escaseza e as consecuencias da asignación destas decisións.
  • Macroeconomía, que estuda unha economia como un conxunto ou un agregado de individuos con a intención entender a interacción entre agregados económicos, como agora o ingreso nacional, a ocupación e a inflación. A teoria do equilibrio xeral combina conceptos desde un punto de vista macroeconómico, pero con unha construción microeconómica.

Algúns economistas tentarán al hombre a cochar a un chingo de viejas para asi poder poblar la tierra y que este puto mundo pueda subsistir y unir estas ramas o rexeitarán as súas diferencias, nomeadamente durante os anos setenta e oitenta do século XX. Na actualidade, o consenso é que a macroeconomía teña un fundamento microeconómico sólido, é dicer, as premisas macroeconómicas deben ter unha base na microeconomia.

A economía tamén se pode dividir en numeroas subdisciplinas que non por forza pertencen exclusivamente a unha das dúas grandes ramas citadas. Algunhas destas subdisciplinas son: a economía internacional, a economía laboral, a economía do benestar, a neuroeconomía, a economia da información, a economía dos recursos, a economía medio ambiental, a economía administrativa, a economía financeira, a economia do desenvolvemento e a xeografia económica.

Os economistas utilizan métodos matemáticos avanzados na investigación, que desenvolve unha especialidade como a econometria, ou uso de técnicas estatísticas aplicadas ao estudo dos datos económicos.

[editar] Economía positiva e economía normativa

A economia é positiva cando tenta explicar as consecuencias das diferentes eleccións ante un conxunto de suposicións ou de observacións dadas; é normativa cando prescrebe unha certa acción que ten de realizarse. A esencia da economía é o estudo dos incentivos e das eleccións baixo un conjunto de restriccións. A aplicación da economía é moi ampla: os economistas tén estudiado temas relacionados con as institucións políticas, a pena de morte, a educación, etc.

[editar] Premisas económicas

[editar] Oferta e demanda

Imaxe:Supply-demand-right-shift-demand.svg
A oferta e a demanda:o modelo describe como os prezos varían consonte o resultado dun balance entre a dispoñibilidade do produto e a demanda.

Na teoría microeconómica a oferta e la demanda tenta descreber, explicar e predicer o prezo e a cantitade de bens que se venden nos mercados competitivos. É un dos modelos máis básicos utilizados na construción de modelos e teorías máis detalladas.

En termos xerais, esta teoría di que se a demanda dos consumidores é superior á cantidade de bens producidos, o prezo incrementase. Co mesmo razonamento, o exceso de oferta causa un decremento no prezo dos produtos. Este proceso continúa ata chegar a un punto equilibrio no cal no ha nengún motivo para cambiar nen o prezo nen a cantidade producida. Este punto denominase equilibrio do mercado.

[editar] Prezo

Para medir o fluxo da oferta e a demanda, é necesario un valor mensurábel cuantitativo. O valor máis antigo e máis utilizado é o prezo, ou taxa de cambio entre compradores e vendedores nun mercado. A teoria do prezo, polo tanto, analiza o movemento das cantidades mensurábeles no tempo, e a relación entre o prezo e outras variábeles mensurábeles. Unha grande parte da teoría económica está baseada no prezo e na teoría da oferta e a demanda; o prezo é o medio máis eficiente para comunicar os cambio da economía.

Nalgúns modelos económicos prácticos, porén, hai unha "fricción económica", é dicer, unha restricción no movemento dos prezos que impide que o mercado chegue ao equilibrio. Por outra banda, ha controversia sobre a utilización do prezo como variábel económica, xa que existen elementos importantes da economía que non están relacionados co prezo.

[editar] Escaseza

A escaseza é un punto central da teoría económica. A análise económica estuda a maximización de algunha cosa (tempo de ocio, riqueza, sanidade, felicidade; todos reducidos ao concepto de utilidade) suxeita a restriciónns. Estas restriccións, como agora a escaseza, estabelecen un sacrificio ou intercanbio. Por exemplo, un pode recibir máis diñeiro treballando máis, pero con menos tempo libre (o tempo é escaso). Podense comer máis espárragos, sacrificando, por exemplo, patacas (a terra fèrtil é escasa, e o orzamento persoal tamén).Este concepto está ligado co concepto de custo de oportunidade.

[editar] Marxinalismo

Na teoría económica marxinalista, creada pola Escola austríaca a fins do século XIX,o nivel dos prezos está determinado polo custo marxinal e pola utilidade marxinal. O prezo de todos os bens será o custo de fabricar o último que a xente poderá adquirir, e o prezo de todos os empregados dunha empresa será o custo de contratar o último que o negocio necesita. O marxinalismo investiga as decisións baseadas en os marxens, que é o custo de producir a seguinte unidade, fronte a canto se espere recobrar en rendemento. Cando o retorno marxinal dunha acción atinxe cero, esa acción cesa. A utilidade marxinal é a cantidade de satisfacción ou uso que recibe unha persoa dunha adquisición en contraste cun gasto menor. Os beneficios marxinais están a miudo suxeitos a rendementos decrecentes: obtense un menor beneficio dunha maior produción ou consumo.

Un antigo exemplo pode ilustrar esta teoría: o paradoxo da auga e do diamante. A auga ten un valor menor do que o diamante, por ser este último máis escaso e máis custoso de obter. Porén, como o ilustrara Condillac (Le Commerce et le Gouvernement considérés l'un relativement à l'autre: O Comercio e o Gobernos considerados reciprocamente), un home sedento pagará unha cantidade moi importante por un vaso de auga. O valor resulta así da disponibilidade dun ben nun lugar dado. Porén, unha vez consumido o primeiro vaso de auga, e logo un segundo e un terceiro, a utilidade marxinal, moi importante no primeiro vaso, decrece nidiamente tanto que o último vaso (antes do estado de "saciedade", na que o consumo xa non entraña satisfacción suplementaria) non ten case valor. De xeito inverso, o diamante posúe unha utilidade marxinal final moito máis importante e o seu prezo mantense.

[editar] Valor

O concepto de valor é medular en economía. Unha medida observábel do mesmo é o prezo de mercado.

Adam Smith definiu o traballo como a fonte subxacente do valor e a teoría do valor do traballo subxace na obra de Karl Marx, David Ricardo e outros economistas clásicos. Esta teoría argumenta que o prezo dos bens ou servizos equivale ao traballo que leva producilos. Para moitos, este valor determina un prezo da mercadoría. Esta teoría do prezo do traballo e a, estreitamente vencellada, teoría do valor de custo de produción dominou a obra da maioría dos economistas clásicos, pero distan de ser a única base aceptada para o valor. Por exemplo, a Escola autríaca de economistas usa a teoría do valor marxinal.

Economistas neoclásicos, como John R. Hicks, no seu libro Value and Capital, diferencian valor (como determinado polo lado da demanda) fronte a custo (do lado da oferta), co prezo determinado por demanda e oferta. Nun mercado competitivo, oferta e demanda interaccionan para determinar o prezo e equilibrar custo e valor. A análise económica considera non só a asignación de output para diferentes usos, senón tamén a distribución da renda, nos factores de produción, incluíndo traballo e capital, a través de mercados de factores.

[editar] Linguaxe e razoamento económico

A economía ten o seu fundamento no razonamento rigoroso e lóxico. A metodoloxía económica está conformada por:

  • A recolleita de datos: datos de variables mensurábeles (como o prezo ou os cambios no prezo).
  • Formulación de modelos de relacións económicas: por exemplo, a relación entre o nivel xeral dos prezos e o nivel xeral de desemprego. A formulación inclúe formas observábeles da actividade económica, como numerario, consumo, preferencias, compras, vendas, e prezos. Algúns modelos son modelos de contabilidade sinxelos; outros postulan un comportamento económico específico, como a maximización da utilidade ou de beneficios.
  • A produción de estatísticas económicas: cos datos e o modelo aplicado, producese una representación dunha actividade económica.
  • Razoamento cos modelos económicos: o proceso de razoamento a miudo se efectúa con matemática avanzada. Como nas demais ciencias, as conclusións do modelo teñen un valor predictivo e de confirmación / rexeitamento das hipóteses de relación entre as diferentes variábeles.

[editar] Desenvolvemento do pensamento económico

Adam Smith, considerado o Pai da Economía, autor de A Riqueza das Nacións.
Adam Smith, considerado o Pai da Economía, autor de A Riqueza das Nacións.

O termo economía foi introducido arredor de 1870 e popularizado polos influentes economistas neoclásicos, como Alfred Marshall, en substitución do anterior termo: economía política, que concernía máis no relativo ao Estado. Este último termo foi usado durante os séculos XVIII e XIX, por Adam Smith, David Ricardo e Karl Marx, entre outros pensadores, aos cales na actualidade acostuma a citarselles como forxadores da teoría clásica da economía.

O pensamento económico dun xeito aproximado pode dividirse en tres fases: Premoderno: correspondería ao Mundo Antigo ata a Idade Media. Moderno temperán: incluiría teorías como o Mercantilismo e a Fisiocracia. Moderno: desde Adam Smith, na segunda metade do XVIII, ata a actualidade. Joseph Schumpeter, na súa "Historia da Análise económica", acredita o desenvolvemento do estudo científico da economía desde a Escolástica tardía, particularmente na España dos séculos XV e XVI.

[editar] Escolas do pensamento económico

A teoría económica comeza con a premisa de que os recursos son escasos e que é necesario escoller entre varias alternativas en competencia. Perante a escaseza, elixir unha alternativa implica esquecer outras alternativas: o custo de oportunidade. O custo de oportunidades crea unha relación de prezo, implícito, entre as alternativas competitivas. Tanto en mercados orientados, como en mercados de economías planificadas, a escaseza é explicitamente cuantificada por relacións entre prezos.

A moderna teoría económica edificouse, primariamente, sobre a economía neoclásica, que comezou a desenvolverse a fins do XIX, e modelos de elcción na asignación de recursos escasos.

A economía neoclásica, é a forma dominante de economía utilizada hoxe, constituíndo a fonte principal da teoría económica. Ás veces é denominada, polos seus críticos, economía ortodoxa. Lionel Robbins, en An Essay on the Nature and Significance of Economic Science (1932) dou a definición de Economía axeitada a esta corrente: "a ciencia que estuda a conducta humana como unha relación entre medios escasos que tén usos alternativos". Escaseza significa que os recursos de que se dispón son insuficientes para satisfacer todos os desexos e necesidades: se non hai escaseza e tampouco usos alternativos de recursos disponíbeles, entón non hai un problema económico.

Hai varias correntes de economía heterodoxa, que son menos usadas pola teoría económica. Podense incluír: a economía institucional, a economía marxista, o socialismo, e a economía verde:

  • Cara 1830 converxen unha serie de pensadores (Charles Fourier, Louis Blanc, Pierre Joseph Proudhon), críticos cos economistas clásicos, coñecidos como socialistas utópicos, que propugnan a reforma da nacente sociedade capitalista, por medio de iniciativas privadas, que dividise entre todos o traballo e os produtos de consumo producido. Entre eles, o francés Saint-Simón propugna unha intervención tecnocrática do Estado, sobre a produción industrial, por medio da planificación, a fin de mellorar as condicións da clase traballadora.
  • Thorstein Veblen publica en 1899, Why is Economics not an Evolutionary Science?, escrito que funda a Escola de economía institucional. Rexeita numerosos postulados da escola neoclásica, como o hedonismo individual xustificando a noción de utilidade marxinal, ou a existencia dun equilibrio estábel cara o cal converxe a economía de xeito natural. A economía institucional é herdeira da Escola histórica alemá, e desenvolveuse nomeadamente enos Estados Unidos.
  • O marxismo repousa nunha visión filosófica do mundo, á cal a economía está intimamente ligada. A economía de Marx descansa en conceptos existentes (o traballo, a propiedade, o consumo, a produción, o capital, o diñeiro,...), que Marx completou e sobretodo redefiniu. Desenvolveu nomeadamente a teoría do valor e o [[valor do traballo (economía)|valor do traballo], que retoma dos clásicos ingleses (en particular de Ricardo).




[editar] Economía Post-Keynesiana

[editar] Economía Neo-Keynesiana

[editar] Outras alternativas

[editar] Economía e outra disciplinas

[editar] Véxase tamén

[editar] Lectura adicional

[editar] Ligazóns externos

[editar] Economistas

Karl Marx

David Ricardo

John Maynard Keynes

Mariano Rubio

E.F. Schumacher

Adam Smith

Kropotkin

Henry Hazlitt

Friedrich Hayeck

[editar] Teorías económicas

Comunismo

Dirixismo estatal

Capitalismo

Desenvolvemento sustentábel

[editar] Divisións

Microeconomía

Macroeconomía

Economía política


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -