Xava (illa)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xava (homónimos).
Xava (En indonesio: Jawa), cunha superficie de 132.000 km², ten unha poboación de 114 millóns de habitantes, o que a converte na illa máis poboada do mundo, por diante de Honshu, Xapón. Así mesmo, Xava é a illa máis densamente poboada de Indonesia, con 864 persoas por km². Se fose un país, ocuparía o segundo lugar dentro da lista de países máis densamente poboados do mundo.
Índice |
[editar] Administración
Xava divídese en 4 provincias, 1 rexión especial * (istimewa daerah), e 1 ** capital especial do distrito da cidade (ibukota khusus daerah):
- Banten
- Iacarta **
- Jawa Barat (Xava do oeste)
- Jawa Tengah (Xava Central)
- Jawa Timur (Xava do leste)
- Yogyakarta *
[editar] Xeografía
[editar] Natural
Xava está situada nunha cadea de illas con Sumatra ao noroeste e Bali ao leste. É a décimotercera illa máis grande do mundo. Ao nordés está Borneo. Ao sur está a illa Christmas.
Xava posúe unha orixe case totalmente volcánico, e contén nada menos que 38 montañas cuxa forma cónica característica indica que nun tempo pasado foron volcáns activos. O volcán mais famoso para visitar é Volcán Bromo no Leste de Xava cerca do poboa- Probolingo .Ver: volcáns de Xava.
[editar] Humana
Xava contén á capital de Indonesia, Iacarta. Os destinos turísticos máis populares inclúen a cidade de Yogyakarta, un gran monumento budista en forma de pirámide coñecido como Borobudur e o templo hindú máis grande de Xava, o Prambanan.